Old Trafford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Old Trafford
Old Trafford 02.JPG
Inglaterra Old Trafford
UEFA EstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svg
Datos
Localización Manchester, Inglaterra
Construción
Inauguración 19 de febreiro de 1910
Arquitecto Archibald Leitch
Custo £90.000
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 68 m
Capacidade 76.212
Propietario Manchester United F.C.
Localía Manchester United F.C.
Eventos

Old Trafford, tamén coñecido como "O teatro dos soños", é o estadio do Manchester United F.C. Está situado no distrito de Trafford, na cidade de Manchester (Inglaterra). Ten a categoría de estadio 5 estrelas da UEFA.

Historia[editar | editar a fonte]

Cando o club foi fundado como Newton Heath en 1878, xogou os seus partidos en casa nun pequeno campo en North Road en Newton Heath. Con todo, a miúdo os equipos visitantes queixábanse do estado do terreo, que era "un pantano nun extremo e unha canteira de rocha no outro". Os vestiarios tampouco eran para estar orgullosos, e atopábanse a dez minutos a pé do estadio, no Pub Three Crowns en Oldham Road. Máis tarde foron trasladados ao Shears Hotel, outro pub en Oldham Road, mais era preciso un troco se o club quería continuar na liga de Fútbol. Os Heathens mantivéronse no seu terreo de North Road durante quince anos, entre 1878 e 1893, cando ano despois de entrar na Football League, trasladáronse a un novo fogar en Bank Street, nas inmediacións de Clayton.

Old Trafford, comezado a construír en 1909, foi finalmente inaugurado o 19 de febreiro de 1910 e o Manchester United mudouse dende o seu vello estadio en Clayton. Situado distrito suburbano de Trafford, pertencente ao condado metropolitano do Gran Manchester, o seu enderezo é: Sir Matt Busby Way, Old Trafford, Manchester, England M16 0RA. Old Trafford é coñecido como O Teatro dos Soños, alcume posto por Bobby Charlton, histórico xogador do club.

A súa construción supuxo a enorme suma para a época de de £60.000. En 1939 na semifinal da FA Cup entre os Wolves e Grimsby Town F.C. remataría cunha entrada de 76.962 espectadores, unha marca que aínda segue en pé. A azotea sur do soporte orixinal de Leitch foi substituída nos anos 30. As esquinas do sur do soporte tamén foron cubertas e unha azotea parcial foi agregada no lado norte. O estadio foi gravemente danado durante a Segunda Guerra Mundial debido aos bombardeos levados acabo pola Alemaña Nazi en 1941 e durante algún tempo debeu xogar no estadio Maine Road, do clásico rival local Manchester City até o fin da remodelación do recinto en 1949.

Nos anos 60, 70 e 80, só 58.000 espectadores podían entrar en Old Trafford, e co informe de Taylor, que requiría que os estadios de equipos de primeira categoría de Inglaterra tiveran a tódolos espectadores sentados, a capacidade foi reducida a 44.000, sempre demasiado pequena para os seareiros do United. Con todo, unha serie de continuas reformas e ampliacións, rematadas no ano 2006, elevaron a súa capacidade até os seus actuais 76.212 asentos.