Real Oviedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Oviedo
Nome Real Oviedo, S.A.D.
Alcume(s) Carbayones
Azules
Oviedín
Fundación 26 de marzo de 1926 (87 anos)
Estadio Carlos Tartiere,
Oviedo, España
Inauguración 20 de setembro de 2000
Capacidade 30.500
Presidente España Antonio Toni Fidalgo
Adestrador España Félix Sarriugarte
Liga 2ªB – Grupo 1
2012–13
Vestimenta Joma
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira equipación

O Real Oviedo é un equipo de fútbol da cidade de Oviedo (Asturias), fundado no 26 de marzo de 1926 da fusión de dous clubs que mantiveran pugna durante anos na cidade: o Real Stadium Club Ovetense e o Real Club Deportivo de Oviedo. É Sociedade anónima deportiva dende 1992 e o seu primeiro e máis emblemático presidente foi Carlos Tartiere.

Xogou durante 38 tempadas na Primeira División e 32 en Segunda División, e as súas cotas máximas foron tres terceiras posicións en Primeira División, unha Copa da Liga de Segunda División en 1985 e xogar a Copa da UEFA en 1991. Ademais, foi o primeiro equipo asturiano en xogar en Primeira, en 1933.

Actualmente xoga na Segunda División B Española e o seu estadio, o novo Carlos Tartiere (c/ Ricardo Vázquez Prada, s/n 33013 Oviedo) con 30.500 localidades de asento, é o máis impresionante desa categoría debido a que se construíu mentres o equipo estaba en Primeira. Pese ao descenso no número de espectadores, a afección non abandonou do todo ao seu equipo, establecendo o récord de socios (12.700) e de asistentes (27.000) a un partido de Terceira División, así como o de desprazados a un partido de devandita categoría en campo alleo (máis de 4.000).

Índice

Historia recente [editar]

O Real Oviedo logrou sobrevivir no verán de 2003 a un dobre descenso, primeiro deportivo a Segunda B e máis tarde *administrativo a Terceira (debido ás denuncias dos seus xogadores por impagos, que os mesmos non quixeron retirar pese a ofrecer o club garantías de pago); e á oposición por parte do Concello da cidade á xestión da dirección do club e á subseguinte loita polo control da entidade deportiva. Esta situación acabou coa refundación do Club Astur como Oviedo ACF patrocinada polo Concello.

En calquera caso, o equipo azul estivo marcado nos últimos anos por un cúmulo de desgrazas tanto deportivas como extradeportivas. Así, é duro para todos os afeccionados recordar como nos últimos anos faleceron dous xogadores do primeiro persoal, os recordados Petr Dubovsky e Armando Barbón, ambos en tráxicos accidentes. Ou como en xuño de 2004 o Real Oviedo non puido superar ao Atlético Arteixo na final da fase de ascenso a Segunda División B, un ascenso que significaría un enorme paso adiante na normalización da situación do club.

A fase de ascenso a Segunda B resólvese en 2005 coa vitoria do Oviedo fronte ao Coruxo Fútbol Club de Vigo e posteriormente contra o Real Ávila por 1-5 e 2-0.

A asemblea celebrada o 12 de xullo de 2005, nomea un novo Consello de Administración presidido por Juan Mesa. Ofrecéndose dous postos nel á Asociación de Penas Azuis, que os rexeita por non poder recompilar suficiente número de delegacións de accións.

Na tempada 2010–11 o Real Oviedo empezou o campionato de Segunda División B moi irregular perdendo bastantes partidos, supoñendo o despido do adestrador Pichi Lucas en novembro, sendo substituído por José Manuel Martínez. Na segunda volta as cousas seguiron igual, e o colmo foi a derrota en casa contra o Sporting de Gijón B por (0–1) en febreiro. Isto supuxo o cese do técnico e a súa substitución por José Rojo Martín "Pacheta", co cal se obtiveron bastantes victorias e remataron a campaña en 8º posición, o que lles deu a posibilidade de xogar a Copa do Rei na tempada 2011–12.

Xogadores [editar]

Categoría principal: Xogadores do Real Oviedo.

Cadro actual [editar]

Datos do 23 de agosto de 2011.
Posto País Xogador
1 POR España Lledó
3 DEF España Iván Candela
4 MED España Pascual
5 DEF España Juanma
6 MED España Pelayo Novo
7 MED España Paúl Abasolo
8 MED España Aitor Sanz
9 DIA España Borja Rubiato
10 DIA España Manu Busto
11 DIA Flag of Senegal.svg Matar Diop
Posto País Xogador
12 DEF Flag of Cameroon.svg Lucien Owona
13 POR España Dani Barrio
14 DEF España César Negredo
15 MED España Xavi Moré
16 MED España Miguel Falcón
18 DEF España Jorge Rodríguez
19 DIA España Óscar Martínez
21 MED España Nano
23 DEF España Juanpa

Estadio [editar]

Artigo principal: Estadio Carlos Tartiere.

O seu estadio é o Carlos Tartiere, inaugurado o 20 de setembro de 2000, con capacidade para 30.500 persoas.

Himno do Real Oviedo [editar]

Es Oviedo ciudad de abolengo que ha tenido siempre a galardón en el fútbol ser de los primeros con equipos de gran tradición.

Jugadores que honraron a Oviedo y a España le dieron gran fama Jugadores de mucha solera con Orgullo, Valor y Garra.

¡Hala Oviedo!, adelante Con valor y pundonor Siempre gana quien más pone si se juega con pasión.

El Oviedo ha de ganar no decaiga la afición Animemos al Oviedo en esta competición.

¡Hala Oviedo!, adelante Con codicia y con tesón No desmayes, juega siempre como juega un campeón.

Escoitar himno: [1]

Datos do club [editar]

  • Tempadas en : 38
  • Tempadas en : 32
  • Tempadas en 2ªB: 5 (Incluída a 2011/12)
  • Tempadas en : 4
  • Socios: 11.000
  • Orzamento: 3.000.000 €

Adestradores [editar]

Categoría principal: Adestradores do Real Oviedo.
  • 1926-27: F.B. Petland Inglaterra
  • 1927-28: Frank Burton Inglaterra
  • 1928-30: Anton Fibver Checoslovaquia
  • 1930-31: Patrick O'Connell Flag of Ireland.svg
  • 1931-33: Vicente Tonijuán
  • 1933-35: Emilio Sanpere
  • 1935-36: José María Peña
  • 1940-41: Cristóbal Martí Batalla
  • 1941-42: Óscar Álvarez González
  • 1942-47: Manuel Meana Vallina
  • 1947-48: Francisco Gamborenea Hernandonea
  • 1948-50: Juan Urquizu Sustaeta
  • 1950-51: Patricio Caicedo Liciaga
  • 1951-54: Luis Urquiri Urain
  • 1954-55: Domingo Balmaya Parera
  • 1955: Óscar Álvarez González
  • 1955-56: Luis Casas Pasarín
  • 1956-57: Eduardo Toba Muiño
  • 1957: Fernando Argila Pazzaglia
  • 1957–1959: Abel Picabea Allero
  • 1959: Luis Casas Pasarín
  • 1959–1960: Fernando Argila Pazzaglia
  • 1960–1961: Sabino Barinaga Alberdi
  • 1961–1962: Álvaro Pérez Vázquez
  • 1962: Antón Sánchez Valdés
  • 1962–1963: Juan Ochoantesana Milicua
  • 1963–1964: Enrique Orizaola Velázquez
  • 1964: Eduardo Toba Muiño
  • 1964–1965: Enrique Martín Navarro
  • 1965: Luis Diestro Saiz
  • 1965–1966: Francisco Antúñez Espada
  • 1966: Antón Sánchez Valdés
  • 1966–1967: Juan Rodríguez Aretio
  • 1967–1968: Juan Ochoantesana Milicua
  • 1968: Toni Cuervo
  • 1968–1969: Ramón Cobo Antoranz
  • 1969: Pedro Eguiluz Lamarca
  • 1969–1970: Enrique Casas Cabo
  • 1970: Horacio de Leiva Río
  • 1970–1971: José María García de Andoain
  • 1971: Toni Cuervo
  • 1971–1973: Eduardo Toba Muiño
  • 1973–1974: Sabino Barinaga Alberdi
  • 1974–1976: Vicente Miera Campos
  • 1977–1978: Manuel Ruiz-Sosa
  • 1978: Sabino Barinaga Alberdi
  • 1978–1979: Eduardo Gómez García Barbón, "Lalo"
  • 1979: Luis Diestro Saiz/José María García Lavilla
  • 1979–1981: Fernando Trío Zabala, "Nando Yosu"
  • 1981–1982: José Victor Rodríguez de Miguel
  • 1982–1983: José María García Lavilla
  • 1983–1984: Luis Costa Juan
  • 1984–1986: José Luis Romero Robledo
  • 1986: Antonio Ruiz Cervilla
  • 1986–1987: José Carrete Julián
  • 1987–1989: Vicente Miera Campos
  • 1989–1993: Javier Irureta
  • 1993–1995: Radomir Antic Flag of SFR Yugoslavia.svg
  • 1995–1996: Ivan Brzic Flag of SFR Yugoslavia.svg
  • 1996–1997: Juan Manuel Lillo
  • 1997: José Antonio Novo
  • 1997–1998: Óscar Washington Tabárez Flag of Uruguay.svg
  • 1998–1999: Fernando Vázquez
  • 1999–2000: Luis Aragonés
  • 2000–2001: Radomir Antic
  • 2001–2003: Enrique "Quique" Marigil
  • 2003: Vicente González Villamil
  • 2003: Miguel Sánchez
  • 2003–2006: Antonio Rivas Martínez
  • 2006–2007: Toño Velázquez
  • 2007: Ramiro Solís
  • 2007–2008: "Lobo" Carrasco
  • 2007–2008: Fermín Álvarez
  • 2008–2010: Julio Raúl González
  • 2009–2010: Fermín Álvarez
  • 2010–2011: Pichi Lucas
  • 2010–2011: José Manuel Martínez
  • 2011–2012: Pacheta
  • 2012–  : Félix Sarriugarte

Presidentes [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]