Sociedade Deportiva Sofán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sofán
NomeSociedade Deportiva Sofán
Fundación1979
EstadioCampo do Carral,
Sofán, Carballo (Galiza) Galicia
PresidenteEliseo Docampo Suárez
LigaTerceira División RFEF
2020–21 (Preferente)
Na rede
http://http://sdsofan.com/
Twitter: sd_sofan Editar o valor em Wikidata
Titular

A Sociedade Deportiva Sofán é un equipo de fútbol galego da parroquia de Sofán, no concello de Carballo. Foi fundado en 1979 e na tempada 2023/24 xoga no grupo I da Terceira División RFEF.

SD Sofán 2022-23.

Historia[editar | editar a fonte]

En 2018 o Sofán presentou un equipo integrado por persoas con discapacidade intelectual. O equipo, integrado por 19 persoas de entre 20 e 50 usuarias de Aspaber, presentouse no campo de fútbol do Carral cun partido amigable fronte ao equipo do Deportivo da Coruña. O proxecto naceu como vía de integración de persoas discapacitadas a través do deporte e chegar a xogar en LaLiga Genuine Santander.[1]

En 2019 a Sociedade Deportiva Sofán e o Bergantiños Fútbol Club asinaron un convenio polo cal o Sofán pasaba a converterse no filial do Bergantiños, de xeito que ambos os equipos puidesen intercambiar xogadores, especialmente do primeiro equipo.[2] O convenio ademais afectaba ás categorías inferiores, realizando un traballo colaborativo co obxectivo de realizar un seguimento máis efectivo dos xogadores.[3] Se ben inicialmente o convenio tiña unha duración dun ano, en 2020 ambas as entidades decidiron renovalo tras valoralo de xeito positivo.[4][5]

O 27 de xuño de 2021 acadou un histórico ascenso á Terceira División RFEF, logo de superar no último partido da segunda fase por 2-0 ao CD Boiro, que tamén aspiraba ao ascenso.[6]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
2016/17 Preferente 12º
2017/18 Preferente 11º
2018/19 Preferente
2019/20 Preferente
2020/21 Preferente

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez, Melissa (2 de decembro de 2018). "Nace el proyecto más ambicioso, y a la vez social, de la SD Sofán". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de maio de 2021. 
  2. Longueira, Toni (26 de xuño de 2019). "Bergantiños y Sofán unen sus caminos mediante un convenio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de maio de 2021. 
  3. Rodríguez, Melissa (24 de agosto de 2019). "El convenio entre el Bergantiños y el Sofán va más allá de los séniores". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de maio de 2021. 
  4. "El Bergantiños y el Sofán renuevan su convenio de colaboración". NHDiario (en castelán). 30 de maio de 2020. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  5. "Canteranos del Bergantiños y el Sofán harán la pretemporada con Lemos". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xuño de 2020. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  6. "El Sofán es equipo de Tercera". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xuño de 2021. Consultado o 29 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]