José Óscar Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Turu Flores
Información persoal
Nome completo José Óscar Flores
Nacemento 16 de maio de 1971 (43 anos)
Lugar Buenos Aires, Arxentina
Altura 1,82 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Vélez Sársfield (adestrador)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990–1996 Vélez Sársfield 153 (45)
1996–1998 Las Palmas 68 (35)
1998–2001 Deportivo da Coruña 83 (22)
2001–2002 Valladolid 8 (1)
2002–2003 Mallorca 12 (0)
2003–2004 Ciudad de Murcia 22 (3)
2004–2005 Independiente 19 (4)
2006 Aldosivi 15 (6)
2007 Lyn 0 (0)
Selección nacional
1994 Arxentina 2 (0)
Adestrador
2009–2013 Vélez Sársfield (asistente)
2014– Vélez Sársfield
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Óscar "Turu" Flores, nado en Buenos Aires o 16 de maio de 1971, é un ex futbolista arxentino. Xogaba de dianteiro e actualmente adestra o Vélez Sársfield. Foi internacional coa selección arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional en Vélez Sársfield en 1990 e alí foi un dos grandes protagonistas da etapa máis exitosa da institución grazas á súa potencia e goles. Un de eles, o segundo ante Belgrano de Córdoba, asegurou practicamente o Torneo Apertura 1995. Dito gol recórdase como un dos mellores da década no fútbol arxentino.[1] Defendendo a camisola do "Fortín" desputou 181 partidos convertindo 9 tantos en torneos internacionais e 47 goles en campionatos locais. Consagrouse campión dos Torneos Clausura 1993, Apertura 1995, Clausura 1996, Copa Libertadores 1994, Copa Intercontinental 1994 e Copa Interamericana 1996. Á súa vez, foi o máximo artilleiro do Torneo Clausura 1995 con 14 goles.

En 1996 foi contratado pola Unión Deportiva Las Palmas, club que por entón xogaba na Segunda División, por uns 550 millóns de pesetas (máis de tres millóns de euros), no que supuxo o maior desembolso económico feito por un club desta categoría até a data. Dous anos máis tarde foi traspasado ao Deportivo da Coruña por 800 millóns de pesetas (case cinco millóns de euros), co que conseguiu o título de Liga na tempada 1999–00. Tras uns anos noutros equipos de menor entidade da Primeira División española, regresou en 2004 a Arxentina para xogar en Independiente. Xa no ocaso da súa carreira actuou para Aldosivi da Primeira "B" Nacional e anunciou o seu retiro.

Sen embargo, en marzo de 2007 o FK Lyn noruegués anunciou a súa contratación xunto coa de Matías Almeyda, outro futbolista arxentino que anunciara a súa despedida do fútbol,[2] aínda que finalmente ningún dos dous participou co club noruegués.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Vélez Sársfield
Deportivo
Mallorca

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]