Birmingham
| Mapa | |
|---|---|
![]() |
|
| Información | |
| Estado | |
| País | |
| Superficie | 267,77 km2 |
| Poboación | 1.001.200 (2005) |
| Densidade | 3.729 h/km² |
| Alcalde | Stephen Hughes |
| www.birmingham.gov.uk | |
Birmingham é unha cidade inglesa situada no condado metropolitano de Midlands Occidentais, pertencente á rexión inglesa homónima, terra ondulada pobre para o cultivo pero rica en xacementos de carbón e ferro, ao sur dos Peninos. Segundo estimacións do 2008 conta con 1.016.800 habitantes, que ascenden a 2.284.093 se temos en conta a súa área metropolitana (censo 2001). Tradicionalmente é considerada a segunda cidade de Inglaterra e o Reino Unido en termos de poboación, aínda que Manchester dispútalle ese posto en canto a representatividade.
Índice |
Historia [editar]
A súa orixe data dos tempos das invasións anglosaxoas cara o ano 700 cando un xefe tribal, o saxón Beorma, asentou a súa xente preto do río Rea (Beorma inga ham, fogar ou aldea do pobo de Beorma).
Mais o verdadeiro nacemento de Birmingham data do 1154, cando o señor feudal do lugar conseguiu a concesión dun mercado xunto o seu solar, nun cruce de camiños ao carón dunha capela e futura igrexa de San Martiño, preto do vao do río. Dito mercado, coñecido aos poucos coma o Bull Ring, foi o berce e aínda hoxe, o corazón sentimental da cidade.
De todas as maneiras, Birmingham mantívose coma un centro secundario ata a metade do século dezaoito, cando a coincidencia na súa área dunha serie de persoas excepcionais xunto a factores xeolóxicos (a antedita riqueza mineira no Black Country) deron nacemento a Revolución Industrial. Entre aqueles merecen destacarse James Watt e Mattew Boulton, William Murdoch e Joseph Priestly, enxeñeiros, físicos, industriais e filósofos que coas súas invencións, desenvolvementos mecánicos e nova visión deron pulo a unha nova época. Reuníanse nunha curiosa tertulia que bautizaron coma Sociedade Lunar.
A partir de 1750 a poboación triplicouse ata 1800 e case decuplicouse no século XIX (24.000,74.000,600.000h respect.). As industrias, sobre todo metalúrxicas, empregaban a toda esa masa traballadora e a cidade recibiu alcumes coma "o taller do mundo" ou "a cidade dos mil negocios".
Cidades irmás [editar]
Birmingham está irmandada coas seguintes cidades[1]:
Notas [editar]
- ↑ Partner Cities Birmingham.gov.uk
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
Oficial [editar]
Fotografías [editar]
- Fotografías de Birmingham
- BirminghamNet Galería dixital de Birmingham e dos seus arrabaldes
- Virtualbrum.co.uk información e fotografías
- Imaxes de Birmingham en vellas postais
