Miroslav Đukić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miroslav Đukić
Miroslav Djukic.jpg
Información persoal
Nome completo Miroslav Đukić
Nacemento 19 de febreiro de 1966 (48 anos)
Lugar Šabac, RFS de Iugoslavia
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1986–1988 Mačva Šabac 53 (1)
1988–1990 Rad 39 (1)
1990–1997 Deportivo da Coruña 247 (7)
1997–2003 Valencia 157 (4)
2003–2004 Tenerife 27 (0)
Total 523 (13)
Selección nacional
1991–2001 Iugoslavia / Serbia 48 (2)
Adestrador
2006–2007 Serbia sub-21
2007 Partizan
2007–2008 Serbia
2009 Mouscron
2011 Hércules
2011–2013 Valladolid
2013 Valencia
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Miroslav Đukić (en serbio: Мирослав Ђукић, ás veces citado, sobre todo en España, como Miroslav Djukić), nado en Šabac (daquela pertencente a Iugoslavia) o 19 de febreiro de 1966, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol serbio. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección iugoslava e serbia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira no club da súa cidade natal, o FK Mačva Šabac, onde permaneceu ata fichar polo FK Rad en 1989. Tras unha tempada incorporouse ao Deportivo da Coruña, por entón na Segunda División de España. Djukic foi un dos protagonistas da eclosión do Deportivo entre os grandes do fútbol español. O serbio será recordado por fallar un penalti no último minuto da última xornada da tempada 1993/94, o que permitiria ao club galego conquistar a súa primeira liga. Aínda así, a seguinte tempada logrou o primeiro título para o club coruñés, a Copa do Rei, xogando como titular a final contra o Valencia. Posteriormente conquistou a Supercopa de España, antes de fichar polo Valencia CF o verán de 1997. A pesar da súa experiencia (chegou a Valencia con 31 anos), permaneceu no club levantino seis tempadas, nas que conquistou finalmente o campionato ligueiro en 2002. Terminou a súa carreira a tempada 2003/04 nas filas do CD Tenerife.

Djukic era un libero técnico e elegante, sempre estaba ben colocado e moi poucas veces cometía erros, o que outorgaba unha gran seguridade á defensa da que formaba parte. Adoitaba sacar o balón controlado desde atrás mostrando detalles de gran calidade individual e incorporándose con gran forza ao ataque. Ademais era un futbolista frío e sereno e resultaba moi difícil verlle perder a compostura sobre o terreo de xogo. Durante a súa estancia no Deportivo foi tremendamente regular, apenas se perdeu partidos ao longo dos campionatos, xa que as lesións respectáronlle ao máximo e as sancións foron case descoñecidas para el, nunca recibindo unha cartolina vermella, posto que case non necesitaba cometer faltas para arrebatar o balón aos dianteiros contrarios, cousa que facía con gran elegancia. A todo o anterior, hai que sumarlle o seu gran traballo e esforzo os 90 minutos, e a súa capacidade de liderado no terreo de xogo.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Tras retirarse regresou a vivir a Valencia, onde exerceu de comentarista deportivo en varias emisoras de radio e, simultaneamente, sacouse o carné de adestrador. O seu primeiro reto foi á fronte da selección sub-21 de Serbia, coa que se proclamou subcampión de Europa.

A principios de 2007 asumiu a dirección técnica do FK Partizan Belgrado da primeira división serbia, alcanzando o subcampeonato de liga. En decembro de 2007 decidiu non renovar o seu contrato cos grobari e pouco despois foi designado seleccionador nacional de Serbia, en substitución de Javier Clemente. Posteriormente substituioo no cargo Radomir Antić.

Djukic fíxose cargo do Hércules CF os nove últimos partidos da tempada 2010–11, en substitución do cesado Esteban Vigo.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Deportivo
Valencia

Adestrador[editar | editar a fonte]

Serbia sub-21

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]