Tempada 1940/41 do Deportivo da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deportivo da Coruña
Tempada 1940–41
PresidenteGalicia José María Salvador y Merino
AdestradorEspaña Hilario
EstadioRiazor
2ª División1º (Grupo I)
Copa do Xeneralísimo3ª rolda previa
GoleadorEspaña Elícegui (31)

Durante a tempada 1940/41 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División, conseguindo o ascenso á Primeira División por primeira vez na súa historia.[1]

Resumo da tempada[editar | editar a fonte]

Despois de quedar preto de conseguir o ascenso na tempada anterior, a afección do Deportivo da Coruña viviu un rexurdir, acadándose a histórica cifra de 5.500 socios no verán de 1940.[2][3] Co fin de chegar por primeira vez á Primeira División, o club realizou varias fichaxes destacadas, comezando polo regreso do histórico Hilario, que exercería como xogador-adestrador, aos que se sumaron tres futbolistas cataláns (Montserrat, Muntaner e Pascual), así como o centrocampista asturiano Molaza.[2] En outubro pechouse a adquisición do dianteiro navarro Elícegui, xogador polo que se lle pagaron 50.000 pesetas ao Atlético de Madrid e que acabaría sendo determinante ao longo da tempada.[4][5]

Na segunda xornada de liga, antes aínda da chegada de Elícegui, o Deportivo demostrou xa o seu potencial ofensivo, cunha das maiores goleadas da súa historia, un 9-0 contra o Barakaldo Oriamendi en Riazor, tras unha destacada actuación de HIlario e do capitán Chacho.[6] Xa coa dianteira habitual formada por Elícegui, Breijo, Chao, Guimeráns e Chacho, fóronse sucedendo as goleadas ao longo da tempada, conseguindo ata en tres ocasións un resultado de 7-0. O equipo acabou a liga regular como o conxunto máis goleador (75 tantos) e tamén como o menos goleado, despois de que os rivais perforasen só 26 veces a portería que defendía case sempre Acuña, secundado habitualmente na defensa por Montserrat e Novo e en ocasións polo emerxente Pedrito.

O Deportivo comezou a segunda fase do campionato cunha nova goleada, un 6-0 sobre o Castellón en Riazor, pero dúas derrotas ante a Real Sociedad e outra no partido de volta contra o Castellón, condenaron o equipo coruñés á terceira posición e a xogar a promoción de ascenso contra o Murcia, pechacancelas da Primeira Posición.[7] O histórico partido disputouse no antigo campo de Vallecas e o Deportivo formou con Acuña na portería, Novo e Pedrito na defensa, Molaza, Muntaner e Reboredo no medio do campo e como atacantes os cinco antes mencionados: Elícegui, Breijo, Chao, Guimeráns e Chacho. O encontro comezou con dominio murciano que se traduciu nun gol de Tito á media hora de xogo. Na segunda metade o Deportivo fíxose co control do partido e empatou por medio de Chacho, forzando a prórroga. Guimeráns colocou o 2-1 ao pouco de comezar o tempo adicional e o club galego conseguiu manter o resultado ata o final grazas ás cruciais intervencións do gardameta Acuña, conseguindo así o primeiro ascenso á Primeira División da súa historia.[8]

Persoal[editar | editar a fonte]

Corpo técnico[editar | editar a fonte]

Cargo Nome
Adestrador España Hilario

Xogadores[editar | editar a fonte]

Pos Nac Nome Segunda División Promoción Copa Total
Aps Goles Aps Goles Aps Goles Aps Goles
POR Galicia Acuña 24 0 1 0 0 0 25 0
POR España Omist 4 0 0 0 2 0 6 0
DEF España Montserrat 25 0 0 0 0 0 25 0
DEF Galicia Novo 20 0 1 0 2 0 23 0
DEF Galicia Pedrito 10 0 1 0 2 0 13 0
DEF Galicia Neira 4 1 0 0 1 0 5 1
DEF España Rodríguez 1 0 0 0 0 0 1 0
DEF Galicia Suárez 0 0 0 0 0 0 0 0
MED España Molaza 25 0 1 0 1 0 27 0
MED Galicia Reboredo 23 0 1 0 1 0 25 0
MED España HIlario 20 5 0 0 2 0 22 5
MED España Muntaner 11 0 1 0 0 0 12 0
MED Galicia Quintas 10 2 0 0 1 0 11 2
MED Galicia Cela 3 0 0 0 1 0 7 0
MED España Mayoral 4 0 0 0 2 0 6 0
MED España Pascual 2 0 0 0 0 0 2 0
MED Galicia Chispa 1 0 0 0 0 0 1 0
MED Galicia Cholas 1 0 0 0 0 0 1 0
MED Galicia Manolito Vázquez 0 0 0 0 1 0 1 0
DIA Galicia Chao 26 18 1 0 1 0 28 18
DIA Galicia Breijo 24 10 1 0 1 0 26 10
DIA España Elícegui 24 30 1 0 1 1 26 31
DIA Galicia Chacho 22 11 1 1 1 0 24 12
DIA Galicia Guimeráns 20 12 1 1 2 1 23 14
DIA Galicia Pintos 1 0 0 0 0 0 1 0
DIA Galicia Marcos 0 0 0 0 0 0 0 0


Casificación[editar | editar a fonte]

Primeira fase[editar | editar a fonte]

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Notas
1. Real Sociedad 22 16 2 4 73 39 +34 34 Clasificación para a fase final
2. Deportivo da Coruña 22 14 5 3 75 26 +49 33
3. Sporting de Gijón 22 13 3 6 50 38 +12 29
4. Racing de Ferrol 22 11 4 7 49 36 +13 26
5. Osasuna 22 11 2 9 44 45 −1 24
6. Racing de Santander 22 9 4 9 42 40 +2 22
7. Salamanca 22 6 6 10 32 46 −14 18
8. Arenas de Getxo 22 8 2 12 28 48 −20 18
9. Real Unión 22 6 5 11 37 58 −21 17
10. Valladolid 22 7 2 13 39 50 −11 16
11. Barakaldo Oriamendi 22 5 6 11 41 57 −16 16 Promoción de permanencia
12. Stadium Avilesino 22 2 7 13 27 54 −27 11 Descenso á Terceira División 1941/42

Fase final[editar | editar a fonte]

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Notas
1. Granada 6 4 0 2 10 10 0 8 Ascenso á Primeira División 1941/42
2. Real Sociedad 6 3 0 3 15 11 +4 6
3. Deportivo da Coruña 6 3 0 3 15 11 +4 6 Promoción de ascenso
4. Castellón 6 2 0 4 9 17 −8 4

Partidos[editar | editar a fonte]

      Vitoria

      Empate

      Derrota

Pretempada e amigables[editar | editar a fonte]

Segunda División[editar | editar a fonte]

Primeira fase[editar | editar a fonte]

Fase final[editar | editar a fonte]

Promoción a 1ª[editar | editar a fonte]

Copa do Xeneralísimo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Spain 1940/41". rsssf.org (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Francisco, Jiménez de Llano (1940). "¿Conseguirá este año el ascenso a Primera División?". ACG : revista mensual ilustrada del Auto-Aero Club de Galicia (en castelán) (116-117). p. 35. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
  3. Marathon (3 de setembro de 1940). "El Celta venció al Deportivo, por 2-0, en RIazor". El Ideal Gallego (en castelán). p. 6. Consultado o 21 de marzo de 2024. 
  4. Jiménez de Llano, Francisco (1940). "La adquisición de Elícegui". ACG : revista mensual ilustrada del Auto-Aero Club de Galicia (en castelán) (118-119). p. 33. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
  5. "Elícegui pertenece desde ayer al Deportivo". El Ideal Gallego (en castelán) (6531). 12 de outubro de 1940. p. 3. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
  6. "El Deportivo, vencedor del Baracaldo por 9-0, se coloca a la cabeza de la clasificación de su grupo". El Ideal Gallego (en castelán) (6527). 8 de outubro de 1940. p. 4. Consultado o 23 de marzo de 2024. 
  7. "Deportivo y Castellón tendrán que promocionar". El Correo Gallego (en castelán) (21558). 15 de abril de 1941. p. 4. Consultado o 23 de marzo de 2024. 
  8. "El Deportivo conquista el ascenso a la Primera División". El Ideal Gallego (en castelán) (6703). 6 de maio de 1941. p. 3. Consultado o 23 de marzo de 2024.