Xerardo Fernández Albor
| Xerardo Fernández Albor | |
|
|
|
|---|---|
| 22 de xaneiro de 1982 – 26 de setembro de 1987 | |
| Vicepresidente | José Manuel Romay Beccaría, Xosé Luís Barreiro Rivas e Mariano Rajoy Brey |
| Precedido por | Xosé Quiroga Suárez (Presidente da Preautonomía) |
| Sucedido por | Fernando González Laxe |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 7 de setembro de 1917 Santiago de Compostela, España |
| Partido | Partido Popular de Galicia (PPdeG) |
| Profesión | Médico e político |
Xerardo Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1917, é un político galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
[editar] Vida persoal
Os seus pais, Gerardo e Josefina, rexentaban un hotel (Hotel Estrella) en Santiago de Compostela. Tiña unha única irmá, falecida en 2009[1]. Médico de profesión, participou no grupo Realidade Galega, formado por galeguistas históricos.
[editar] Vida política
En 1981 encabezou como independente a lista de Alianza Popular para a Xunta de Galicia, converténdose no primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido polo Parlamento Galego, para o que contou con Xosé Luís Barreiro Rivas, home forte de AP en Galicia, tras ingresar en AP Albor pasou a ocupar en marzo de 1983 a presidencia do partido en Galicia. O 30 de outubro de 1986 Barreiro, nunha xogada para conseguir a dimisión de Albor, e o resto dos seus conselleiros dimitiron nun aceno de apoio, agás os conselleiros do PDP e PL puxeron os seus cargos a dispor de Albor, quen non dimitiu e co apoio de Fraga mantívose como presidente con Mariano Rajoy como vicepresidente. En 1987 Barreiro marchou do partido, ingresou no grupo mixto e apoiou unha moción de censura do líder socialista Fernando González Laxe contra el, Fernández Albor deixou logo a presidencia, mantendo o escano ata 1989, ano no que foi elixido para o Parlamento Europeo, onde permaneceu até 1999.
| Predecesor: Xosé Quiroga Suárez |
Presidente da Xunta de Galicia 1981 - 1987 |
Sucesor: Fernando González Laxe |
[editar] Galardóns
- Fillo adoptivo da Pobra do Caramiñal[2].