Santiago Cañizares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSantiago Cañizares

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Santiago Cañizares Ruiz Editar o valor em Wikidata
18 de decembro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCañete Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura180 cm Editar o valor em Wikidata
Peso78 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , presentador de televisión , piloto de rally Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata - 2008 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1988-1989 Real Madrid Club de Fútbol C
1988-1992 Real Madrid Club de Fútbol 0(0)
1989-1990 Real Madrid Castilla Club de Fútbol 35(0)
1990-1991cesión Elche Club de Fútbol 7(0)
1991-1992cesión Club Polideportivo Mérida 38(0)
1992-1994cesión Real Club Celta de Vigo 74(0)
1994-1998 Real Madrid Club de Fútbol 41(0)
1998-2008 Valencia Club de Fútbol 305(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1985-1986   Selección de fútbol sub-16 de España 10(0)
1986-1988   España sub-18 8(0)
1987-1987   selección de fútbol sub-17 de España 1(0)
1988-1989   Selección de fútbol sub-19 de España 5(0)
1989-1990   selección de fútbol sub-20 de España 6(0)
1990-1991   Selección de fútbol sub-21 de España 3(0)
1991-1992   Selección de fútbol sub-23 de España 6(0)
1993-2006   España 46(0) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2000Eurocopa de Fútbol Bélxica/Países Baixos 2000
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
xuño de 1996Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLucas Cañizares (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Twitter: santicanizares Instagram: santicanizares FIFA: 83431 UEFA: 4707 Editar o valor em Wikidata

José Santiago Cañizares Ruiz, nado en Puertollano (Cidade Real) o 18 de decembro de 1969, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moita xente cre que naceu en Madrid, aínda que dende pequeno viviu na localidade manchega de Puertollano, o cal non é exacto. Dende ben pequeno comezou xogando no Severo Ochoa, pero aínda que o facía en todas as posicións, onde mellor se sentía era baixo os paus. O seu adestrador Eduardo Caturla foi o que o animou para que ingresara nas categorías inferiores do Real Madrid con só 16 anos.

Máis tarde foi pasando por diversos equipos: Elche CF (1990), CP Mérida (1991) e Celta de Vigo (1992); este último foi o equipo que o impulsou na súa carreira profesional. O 6 de setembro de 1992 debutou na Primeira División.

Na tempada 1994–95 tivo que volver ao equipo merengue, onde primeiro foi suplente de Paco Buyo e despois na temporada 1996–97 trala chegada de Fabio Capello, Illgner pechoulle a porta á titularidade. Aínda así logrou a Liga de Campións no ano 1998. Cando chegou a oferta do Valencia CF no verán do mesmo ano 1998, non soubo rexeitala. Co equipo "ché" gañou a liga na tempada 2003–04, gañando nesa mesma tempada unha Supercopa de España, unha Copa da UEFA e unha Supercopa de Europa.

Selección de fútbol[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española nun total de 44 ocasións. O seu debut produciuse o 17 de novembro de 1993 nun decisivo partido en Sevilla ante a selección de Dinamarca na cal España xogaba a súa clasificación para o mundial de Estados Unidos 1994. O porteiro titular foi Andoni Zubizarreta pero debido a súa expulsión, Cañizares tivo que entrar no campo, sendo un dos xogadores determinantes do partido parando un penalti, conseguindo así a clasificación de España para o Mundial dos Estados Unidos.

Foi convocado para os mundiais de 1994, 1998 (nos que só disputou o primeiro partido do mundial de 1994 debido a sanción de Zubizarreta) e para o de 2002 no que se perfilaba como titular pero do que o apartou un curioso accidente doméstico cun frasco de colonia.

Posteriormente foi convocado tamén para as Eurocopas de 1996, 2000 e 2004.

Tamén foi convocado para o Mundial de Alemaña 2006.

Gardameta[editar | editar a fonte]

A nivel individual gañou 4 trofeos Zamoras, o que o coloca como segundo mellor porteiro da historia da liga española só por detrás de Ramallets, ó que estivo a punto de igualar na tempada 2005–06, pero perdeu o Zamora no último partido.

Santiago Cañizares ademais de ser o autor dalgunhas das paradas máis expectaculares da historia do fútbol, destácase por unha especialidade moi particular, parar penaltis. Parou 14 penaltis en partidos oficiais, todo un récord.

Rally[editar | editar a fonte]

En 2010 competiu por primeira vez nunha proba puntuable para o Campionato de España de Rallys, no Rally Sierra Morena, cun Suzuki Swift e levando de copiloto a Dani Cué. En 2011 formou parte do equipo Suzuki Ibérica Motor Sport co que segue pilotando un Suzuki Swift co mesmo copiloto. Ademais, tamén participa en probas de rally clásicos.

Vida privada[editar | editar a fonte]

No verán de 1992 casou coa súa primeira muller Marina Conchello Estébanez, coa que tivo tres fillos (Carlota, Lucas e Olivia) e estivo casado 15 anos. No verán de 2008 casou con Mayte García[1], coa que tivo a Sofía e aos trixemelgos India, Martina e Santi[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hola, de 6/7/2008.". Arquivado dende o orixinal o 10/07/2012. Consultado o 27/02/2015. 
  2. El Mundo, de 22/2/2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]