Canteira (fútbol)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido de fútbol base.

Canteira ou viveiro[1] é un termo utilizado para referirse aos equipos de base organizados polos clubs de fútbol profesionais. Tamén se utiliza para referirse á zona xeográfica na que os clubs contratan xogadores. O termo utilízase amplamente no fútbol, pero se aplica tamén a outros deportes como o baloncesto.

Para un club, dispor dunha estrutura de fútbol base[2], cunha mesma filosofía de traballo en todas as súas categorías, desde prebenxamíns a xuvenís, pode supor, ademais dun extraordinario aforro en canto a fichaxes para o club de fútbol, que os xogadores que cheguen ao primeiro equipo, xoguen desde pequenos do mesmo xeito, polo que dunha forma natural, pódense atopar xogando no primeiro persoal e coñecer os principais conceptos e esixencias do xogo, desde o primeiro día.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "viveiro". TERGAL. Consultado o 23/10/2019. 
  2. "fútbol base". TERGAL. Consultado o 23/10/2019.