Manuel Pablo
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Manuel Pablo García Díaz | ||
| Nacemento | 25 de xaneiro de 1976 (37 anos) | ||
| Lugar | Arucas, España | ||
| Altura | 1,76 m. | ||
| Posición | Defensa | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Deportivo da Coruña | ||
| Número | 2 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Las Palmas | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1995–1996 | Las Palmas B | ||
| 1996–1998 | Las Palmas | 56 | (1) |
| 1998– | Deportivo da Coruña | 347 | (1) |
| Selección nacional | |||
| 1997 | España sub-21 | 1 | (0) |
| 2000–2004 | España | 13 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 19 de maio de 2013. † Aparicións (Goles) |
|||
Manuel Pablo García Díaz, nado en Arucas (As Palmas) o 25 de xaneiro de 1976, é un futbolista español. Xoga de defensa lateral dereito e o seu club actual é o Deportivo da Coruña, co que ten contrato ata 2013. Foi internacional coa selección española en 13 ocasións.
Índice |
Traxectoria [editar]
Incorporouse á cadea de filiais do club UD Las Palmas pasando ao primeiro equipo na tempada 1996–97, mentres este militaba na Segunda División. Ángel Cappa foi o adestrador que o fixo debutar. En 1998 foi traspasado ao Deportivo da Coruña xunto ao seu compañeiro "Turu" Flores, estimándose un valor conxunto de 7 millóns de euros.
O 15 de novembro de 1998 debutou en Primeira División sendo titular nun partido contra o Deportivo Alavés en Riazor. Nesa primeira tempada disputou un total 14 partidos, aínda que xa na recta final, alcanzou a titularidade que non abandonaría nos 3 anos seguintes.
Entre a tempada 1999–00 (na que gañou o título de Liga) e a seguinte, acumulou ao redor de 100 partidos oficiais entre Liga, Copa do Rei, UEFA e UEFA Champions League, converténdose nun referente da defensa do Deportivo e debutando coa selección española o 16 de agosto de 2000 en Hannover contra Alemaña nun partido que acabou en derrota (4–1).
A súa rápida progresión, que o facía un dos fixos nas convocatorias de José Antonio Camacho, viuse curtada de súpeto pola gravísima lesión que sufriu o 30 de setembro de 2001 nun partido contra o Celta de Vigo en Riazor. A dobre rotura da morna afastouno durante meses do terreo de xogo e impediulle acudir ao Mundial de Xapón e Corea.
Volveu á liga un ano máis tarde, o 6 de outubro] de 2002 ante o Racing de Santander, aínda que as consecuencias da lesión só lle permitiron disputar 28 partidos do campionato en dúas tempadas (2002–03 e 2003–04).
Non é ata a tempada 2004–05 cando recuperou a titularidade na defensa do Deportivo da man do adestrador Jabo Irureta, que foi ratificada polo seu substituto, Joaquín Caparrós, na tempada 2005–06. Con todo na tempada 2006–07 non obtivo a mesma confianza do técnico e só xogou en 15 partidos, chegando a rumorearse a súa saída do club no mercado de inverno.
Na tempada 2007–08 afrontou o seu 10º ano consecutivo en Primeira División como capitán do equipo e retomando o seu papel protagonista no club. En 2009 renovou o seu contrato por 2 anos máis.
Na tempada 2010–11, poucos días antes do decisivo partido do que dependía a permanencia do Deportivo en Primeira División, Manuel Pablo compareceu ante a prensa xunto ao presidente do club Augusto César Lendoiro para anunciar a renovación do seu contrato por dous anos máis.[1]
Estatísticas [editar]
Actualizado a 19 de maio de 2013.
| Club | Ano | Competición | Partidos | Goles | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Las Palmas | 1996–97 | Segunda División | 20 | 1 | 1 | 0 |
| 1997–98 | Segunda División | 36 | 0 | 1 | 0 | |
| Promoción de ascenso | 2 | 0 | 2 | 0 | ||
| Deportivo da Coruña | 1998–99 | Primeira División | 14 | 0 | 1 | 0 |
| 1999–00 | Primeira División | 37 | 0 | 3 | 0 | |
| Copa da UEFA | 6 | 0 | 0 | 0 | ||
| 2000–01 | Primeira División | 37 | 1 | 4 | 0 | |
| Liga de Campións | 14 | 0 | 1 | 0 | ||
| Supercopa de España | 2 | 0 | 0 | 0 | ||
| 2001–02 | Primeira División | 5 | 0 | 0 | 0 | |
| Liga de Campións | 2 | 0 | 0 | 0 | ||
| 2002–03 | Primeira División | 10 | 0 | 1 | 0 | |
| Liga de Campións | 1 | 0 | 0 | 0 | ||
| 2003–04 | Primeira División | 18 | 0 | 3 | 0 | |
| Liga de Campións | 8 | 0 | 0 | 0 | ||
| 2004–05 | Primeira División | 30 | 0 | 3 | 0 | |
| Liga de Campións | 6 | 0 | 0 | 0 | ||
| 2005–06 | Primeira División | 31 | 0 | 7 | 1 | |
| Intertoto | 7 | 0 | 2 | 0 | ||
| 2006–07 | Primeira División | 15 | 0 | 1 | 0 | |
| 2007–08 | Primeira División | 34 | 0 | 5 | 0 | |
| 2008–09 | Primeira División | 23 | 0 | 4 | 0 | |
| Intertoto | 2 | 0 | 0 | 0 | ||
| Copa da UEFA | 4 | 0 | 0 | 0 | ||
| 2009–10 | Primeira División | 33 | 0 | 5 | 0 | |
| 2010–11 | Primeira División | 30 | 0 | 2 | 0 | |
| 2011–12 | Segunda División | 8 | 0 | 0 | 0 | |
| 2012–13 | Primeira División | 23 | 0 | 5 | 0 |
Palmarés [editar]
- Deportivo
- Liga de España: 1999–00
- Supercopa de España: 2000, 2002
- Copa do Rei: 2001–02
- Copa Intertoto da UEFA: 2008
- Segunda División: 2011–12
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||