Andrés Guardado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrés Guardado
Andrés Guardado.jpg
Guardado xoganado para o Deportivo en 2008
Información persoal
Nome completo José Andrés Guardado Hernández
Nacemento 28 de setembro de 1986 (27 anos)
Lugar Guadalajara, México
Altura 1,69 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Bayer Leverkusen
Número 20
Carreira xuvenil
1993–2005 Atlas
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2007 Atlas 64 (6)
2007–2012 Deportivo da Coruña 137 (23)
2014– Bayer Leverkusen (cedido) 0 (0)
Selección nacional
2005– México 99 (14)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 28 de xaneiro de 2014.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 11 de setembro de 2013.

José Andrés Guardado Hernández, nado en Guadalajara (Jalisco) o 28 de setembro de 1986, é un futbolista mexicano. Xoga de centrocampista pola esquerda e o seu equipo actual é o Bayer Leverkusen, cedido polo Valencia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Atlas de Guadalajara[editar | editar a fonte]

Con só 7 anos de idade, Andrés Guardado instalouse nas ringleiras de Académicos, nas categorías inferiores do club Atlas de Guadalajara, onde foi ascendendo de divisións até chegar á Primeira División de México.

A regra posta pola Femexfut (Federación Mexicana de Fútbol) de aliñar a menores de 20 anos e 10 meses durante 765 minutos durante o torneo, deulle a oportunidade de ser debutado polo nese tempo técnico do Atlas, Daniel Guzmán Castañeda; nun partido contra o Pachuca CF o 20 de agosto de 2005. Adquiriu un posto de titular tres xornadas despois, que xa non deixaría durante 24 partidos consecutivos, nos cales só foi substituído en dúas ocasións. Logrou o seu primeiro gol no máximo circuíto no Estadio Universitario de Nuevo León, contra Tigres de la UANL o 15 de outubro de 2005.

Rapidamente comezou a destacar, e xa sendo un dos xogadores máis queridos pola bancada, existiron algunhas ofertas de clubs europeos. O mes de agosto de 2006, pouco despois do Mundial de 2006, o Real Madrid CF solicitou á directiva do Atlas os servizos do xogador, para reforzar ao seu equipo filial, o Castilla. A oferta do conxunto español era levarse o xogador a préstamo por arredor de 200.000 euros. A directiva vermellonegra rexeitou a oferta, alegando que o xogador só sairía do club en venta definitiva, e a isto continuaron algúns ofrecementos de equipos italianos, españois e portugueses.

Un dos seus partidos máis recordados foi durante o Torneo Apertura 2006, enfrontándose ao América no Estadio Jalisco, partido no que marcou dous goles, ambos tirando de media distancia, que lle deron ao seu equipo unha vitoria de 2-0.

O seu último partido cos raposos do Atlas xogouno nun amistoso de despedida frente ao club arxentino CA San Lorenzo, partido no que Andrés xogou só 15 minutos, como solicitara o seu novo club. Ao rematar o primeiro tempo, a directiva vermellonegra entregou ao Rapaz marabilla o trofeo de Mérito Deportivo do Club Deportivo Atlas, máximo galardón do Atlas para un atlista.

Andrés Guardado xogou 64 partidos co Atlas de Guadalajara na Primeira División de México, nos que anotou un total de 6 goles.

Deportivo da Coruña[editar | editar a fonte]

Despois dunha oferta do club holandés PSV Eindhoven, que consistía en mercar o 75% da carta do xogador e pagar unha taxa de transferencia de 4,5 millóns de euros; o 10 de xullo de 2007, cando se realizaba a Copa América 2007, e case se aseguraba o traspaso de Guardado ao equipo holandés, o Atlas chegou sorprendentemente a un acordo polo traspaso do xogador ao Deportivo da Coruña, por unha suma oficial de 7 millóns de euros, (5,25 millóns de euros polo 75% da carta do xogador, e un pago posterior de 1,75 millóns a pagar a prazos polo 25% restante), firmando un contrato de 5 anos co club galego. Xa en Galicia, foi presentado ante case 4.000 afeccionados deportivistas no estadio municipal de Riazor, o 24 de xullo de 2007.

Guardado utiliza o dorsal co número 18, que tamén utiliza normalmente na selección mexicana.

O primeiro gol do principiño co Deportivo chegou na terceira xornada do campionato español, o 16 de setembro de 2007, enfrentándose ao Real Betis. Aproveitándose dunha indecisión da defensa do Betis, nun saque de banda para abrir o marcador, ao máis puro estilo de "patada de Karate", como el o definiría posteriormente nunha entrevista, e ao final ser o tanto que lle daba ao Dépor o seu primeiro triunfo da temporada.

O 2 de febreiro de 2008, nun partido contra o Betis, Guardado sufriu unha rotura fibrilar no bíceps da perna dereita, razón pola cal tivo que abandonar o terreo de xogo aos 12 minutos de iniciarse o partido. Esa lesión déixao fóra dos terreos de xogo durante 6 semanas, reaparecendo no partido contra o Real Madrid, entrando en substitución no minuto 80 por Ángel Lafita. Dúas xornadas despois da súa reaparición e pouco despois de xogar un partido amistoso coa súa selección en Londres, sufriu unha nova rotura fibrilar que o deixa sen actividade durante o resto da temporada. Isto levou a que Miguel Ángel Lotina, adestrador do Deportivo, criticara ao corpo técnico da selección mexicana por poñer a Andrés a xogar os 90 minutos do partido.

Ao longo da temporada, e a pesar da mala primeira metade do campionato que o equipo galego sufriu, Andrés Guardado foi un dos xogadores máis destacados do club, sendo xa un dos xogadores máis queridos pola bancada deportivista.

O 27 de novembro de 2008 Guardado marcou o seu primeiro gol na Copa da UEFA, nun partido da fase de grupos entre o Deportivo e o Feyenoord Rotterdam, facéndose presente no marcador no minuto 55. Ese encontro rematou con victoria branquiazul (3–0).

Valencia[editar | editar a fonte]

O 28 de maio de 2012, Guardado firmou un contrato por catro anos co Valencia CF.[1]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Guardado foi internacional coa Selección de fútbol de México en 29 ocasións. Foi convocado por Ricardo Lavolpe de xeito regular desde un partido amigable contra Hungría o 14 de decembro de 2005, onde debutou entrando ao campo ao minuto 69 por José Antonio Olvera. O seu primeiro gol co Tricolor fíxoo nun partido amigable contra Venezuela, o 28 de febreiro de 2007.

Gardado marcou un total de 7 goles coa súa selección.

Copa Mundial de Fútbol de 2006[editar | editar a fonte]

Formou parte dos 23 xogadores da selección mexicana que viaxaron á Copa Mundial de Fútbol de 2006 en Alemaña, onde participou co número 18.

Aínda que foi considerado por FIFA como un dos candidatos a ser o mellor futbolista novo da competencia, non viu actividade durante a primeira rolda. Xogou como titular no partido contra Arxentina nos oitavos de final, e pesar dunha actuación sobresaliente, tivo que saír de cambio por lesión aos 66 minutos xogo, cando o marcador atopábase empatado 1-1. México acabou perdendo o partido por un marcador de 2-1 en tempo extra.

Copa de Ouro da CONCACAF 2007[editar | editar a fonte]

En xuño de 2007, tras consolidarse como titular coa súa selección en partidos amigables, foi convocado polo seleccionador mexicano Hugo Sánchez para xogar a Copa de Ouro. Ingresou como titular en todos os partidos, e na final contra Estados Unidos, anotou o gol que poría en vantaxe a México no minuto 43. Sorpresivamente, o equipo das barras e as estrelas remontou o marcador no segundo tempo, e cun tanto de Landon Donovan ao 66, e Benny Feilhaber ao 73, proclamouse campión do torneo. Esta derrota, ademais do mal desempeño que tivo a selección ao longo do torneo, provocaron unha dura crítica sobre o director técnico Hugo Sánchez.

Copa América 2007[editar | editar a fonte]

O seu primeiro partido como titular foi contra Chile, partido que México empatou 0-0. Cabe sinalar que non xogou os primeiros dous partidos que México disputou nese torneo, debido á lesión sufrida na final de Cópaa Ouro.

Xa en cuartos de final, ante Paraguai, provocou o penalti do 5-0; o partido terminaría cun 6-0 a favor de México, vitoria que o situou en semifinais. Con todo, a pesar do bo desempeño que tivo durante o torneo, México foi vencido en semifinais por Arxentina por un marcador de 3-0.

Tres días despois, no partido polo terceiro lugar contra Uruguai, Gardado entrou ao campo ao minuto 64 substituíndo a Fausto Pinto; 12 minutos despois, marca o seu primeiro e único gol no torneo, cun potente tiro de media distancia que entra de campanazo. O seu tanto foi o 3-1 definitivo que lle deu a México o terceiro lugar do certame.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Selección de fútbol de México[editar | editar a fonte]

Campionato Ano Participacións Goles
Copa Mundial de Fútbol 2006 1 0
Copa de Ouro 2007 6 1
Copa América 2007 4 1
Eliminatorias Copa Mundial de Fútbol 2008 7 3
Amigables 2005/2008 20 2

Participacións en Copas Internacionais[editar | editar a fonte]

Torneo Ano Sede Resultado PX Goles
Copa Mundial de Fútbol 2006 Alemaña 8° de final 1 0
Copa de Ouro 2008 Estados Unidos 2° lugar 6 1
Copa América 2007 Venezuela 3° lugar 2 1
Copa Intertoto da UEFA 2008 Europa campión 2 0
Copa Mundial de Fútbol 2010 Sudáfrica 8° de final 3 0

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Club Tempada Liga Copa do Rei Comp. Europea Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Valencia 2012–13 19 0 19 0
Deportivo da Coruña 2011–12 33 11 0 0 33 11
2010–11 20 2 0 0 20 2
2009–10 26 3 1 1 27 4
2008–09 29 2 1 0 6 1 36 3
2007–08 26 5 1 0 - - 27 5
Atlas de Guadalajara 2006–2007 38 5 38 5
2005–2006 26 1 26 1

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo
Persoal

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]