Estrella Galicia (cervexa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quinto de Estrella Galicia.

Estrella Galicia é unha marca de cervexa fabricada pola empresa galega Hijos de Rivera S.A. con sede no Polígono da Grela na Coruña. É unha cervexa loura que posúe unha gradación alcohólica de 6,5 grados e un característico sabor amargo lembranza do lúpulo empregado na súa orixe e que se cultivaba en Betanzos.

Historia[editar | editar a fonte]

Despois da súa volta de México a finales do século XIX, José Rivera Corral funda en 1906 a fábrica de "La Estrella de Galicia" na cidade de A Coruña, dedicada á fabricación de cervexas e xeo, nome que rememora o que foi o seu negocio en Veracruz "La Estrella de Oro" que apostaba por un produto naqueles tempos de consumo moi reducido.

Tipos de cervexa[editar | editar a fonte]

  • Estrella Galicia: A Estrella Galicia Especial é unha cervexa de cor dourada brillante que parte dunha selección de maltes e lúpulo especialmente amargos e o seu proceso de cocción, fermentación e maduración transcorre ao longo de 20 días, iso fai que esta cervexa teña un característico sabor lupulado. Ten unha gradación alcohólica de 5,5 graos.
  • Estrella Galicia Light: É unha cervexa con menos calorías (un 35% menos) e con menos gradación alcohólica que a Estrella Galicia Especial, contando con 2,5 graos fronte aos 5,5 da Estrella Galicia Especial.
  • 1906: Cervexa reserva especial, cun sabor máis intenso que as outras variedades. Ten unha gradación alcohólica de 6,5 graos. O seu nome é unha homenaxe ao ano de fundación da empresa.
  • Estrella Galicia 0,0: Esta cervexa está elaborada mediante un proceso de fermentación interrompida, trátase dunha cervexa sen alcohol que reflicte a cor típica das cervexas tipo Pilsen. É unha cervexa de sabor doce. Esta cervexa pasou a substituír ás anteriores River Sin e River 0,0.
  • Shandy Estrella Galicia: É unha cervexa lager aromatizada cun toque de limón entre ácido e doce. Ten cun contido alcohólico inferior ao 1% en volume.
  • Estrella Galicia Pilsen: É unha cervexa de tipo Pilsen, máis suave e de corpo máis lixeiro que Estrella Galicia Especial, aínda que mantén o seu sabor amargo tradicional. Ten unha gradación alcohólica de 4,7 graos. Esta cervexa pasou a substituír á antiga pilsen da cervexeira coruñesa, a HR.

Cervexas especiais e edicións especiais[editar | editar a fonte]

  • Estrella Galicia Xacobeo: Foi unha edición especial lanzada por Estrella Galicia no 2010 co gallo do Xacobeo. Esta edición especial foi presentada durante a feira de alimentación Alimentaria 2010 e lanzouse ao mercado no mes de maio dese mesmo ano.
  • Estrella de Navidad: É unha edición especial de Estrella Galicia lanzada cada ano polas festa do Nadal. Está elaborada con 100% malte e lúpulo cultivado en Galiza, en Mabegondo [1]
  • Estrella Galicia Artesana: Cervexa especial lanzada por Estrella Galicia en maio do 2011. Trátase dunha cervexa de autor asinada polo prestixioso cociñeiro galego Pepe Solla. É unha cervexa con intenso aroma a cereal e lixeiros toques de mel e ten unha gradación alcohólica de 4,2 graos.
  • Estrella Galicia San Froilán: Edición especial da Estrella Galicia Especial para as festas do San Froilán de Lugo.
  • Estrella Galicia Siempre Dépor: Edición especial da Estrella Galicia Especial de apoio ao Deportivo da Coruña con etiquetas co escudo e as cores do equipo coruñés.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]