Estadio Municipal de Balaídos
Coordenadas: 42°12′42.63″N 8°44′22.96″W / 42.2118417°N 8.7397111°W
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Vigo, Galicia |
| Arquitecto | Genaro de la Fuente |
| Inauguración | 30 de decembro de 1928 |
| Superficie | Herba |
| Capacidade | 31.800 |
| Dimensións | 105 x 69 m. |
| Propietario | Concello de Vigo |
| Localía | Real Club Celta de Vigo |
| Eventos | |
O Estadio Municipal de Balaídos é un estadio de fútbol situado na cidade de Vigo. É o estadio no que xoga como local o Real Club Celta de Vigo, equipo da Primeira división española.
Índice |
Historia[editar]
É obra do enxañeiro Jenaro de la Fuente e foi inaugurado o 30 de decembro de 1928 cun partido entre o Celta de Vigo e o Real Unión de Irún, no que gañou o Celta por 7-0. Con esa estrutura continuou ata o ano 1967 cando o concello acometeu unha reforma en profundidade unha por unha a tódalas bancadas, dándolle a configuración actual, salvo a grada de Río, as obras rematan no ano 1971.
Posteriormente foi remodelado con motivo da acollida do Mundial de fútbol de 1982, na que se completa a remodelación anterior e reformase entre outras cousas a bancada de Rio. Tamén se fixeron obras no campo en 2004 con motivo da primeira participación do Celta na súa historia na Liga de Campións, e adecuandoo o estadio á normativa da FIFA. Naquel momento o estadio tería unha capacidade de 31.800 espectadores.
A comezos da tempada 2012/13 acometeuse unha reforma para lavala cara do vetusto estadio, tapando o foso que circundaba o terreo de xogo e eliminando algunha das primeiras filas do graderío, nas que era moi mala a visibilidade, para eliminar os obstáculos entre o afeccionado e o terreo de xogo, emulando así os campos de xogo ingleses[1]. Con esta remodelación a capacidade do estadio quedaría en pouco menos de 30.000 asentos.
Partidos internacionais[editar]
Ao longo da historia acolleu diversos partidos internacionais da selección galega e enfrontamentos da selección española e a portuguesa.
O 2 de abril de 1933 acolleu o encontro España-Portugal (3-0). Antes do partido a galega Emilia Docet, miss España dese ano, saíu ao campo cun traxe típico portugués, acompañada doutras rapazas co traxe galego. Acadouse unha recaudación de 130.000 pesetas[2]. Os combinados peninsulares volveron enfrontarse o 26 de setembro de 1979 (1-1) e o 19 de xaneiro de 1994 (2-2).
O 27 de decembro de 2007 a selección galega enfrontouse á Camerún, no terceiro partido da época contemporánea. Rematou con empate (1-1), os dous goles metidos de penalti, adiantándose primeiro Galicia, por medio de Xulio Álvarez no minuto 70, e empatando para Camerún Song, no minuto 87[3].
Mundial de Fútbol de 1982[editar]
O 14 de xuño de 1982 foi a primeira ocasión en que se celebrou en Galicia un encontro dunha Copa Mundial de Fútbol. Os participantes, Italia e Polonia, que ese día empataron a cero goles, serían, ao finalizar o campionato, gañador e terceiro clasificado respectivamente.
Xogáronse, en total, tres partidos:
| Italia | 0-0 | Polonia | 14 de xuño de 1982 - Estadio de Balaídos, Vigo Asistencia: 33.000 espectadores Árbitro: Michel Vautrot (Francia) |
||
| Italia | 1-1 | Perú | 18 de xuño de 1982 - Estadio de Balaídos, Vigo Asistencia: 25.000 espectadores Árbitro: Walter Eschweiler (Alemaña Federal) |
||
| Conti 18' | Díaz 83' | ||||
| Italia | 1-1 | Camerún | 23 de xuño de 1982 - Estadio de Balaídos, Vigo Asistencia: 20.000 espectadores Árbitro: Bogdan Dotchev (Bulgaria) |
||
| Graziani 60' | M'Bida 61' | ||||
Galería de imaxes[editar]
-
Celta-Juventus na Copa da UEFA.
Notas[editar]
- ↑ http://www.farodevigo.es/deportes/2012/08/11/balaidos-estrena-maquillaje-partido-wigan/673394.html
- ↑ "El duelo ibérico en 33 anécdotas", artigo en Marca, 16 de novembro de 2010 (en castelán).
- ↑ "Un pobo contra os elementos", artigo n' A Nosa Terra, 29 de decembro de 2007.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Mapa do Estadio (en castelán)
- Estadios de España (en inglés)
- Artigo co gallo do 80 aniversario (en castelán)
- Proxecto do Novo Balaídos (en castelán)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||