Primeira División Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liga BBVA
Liga BBVA.svg
Fundación 1929
Rexión Flag of Spain.svg España
Confederación Flag of Europe.svg UEFA
Equipos 20
Copa Copa do Rei
Descenso Liga Adelante
Internacional UEFA Champions League
UEFA Europa League
Actual campión FC Barcelona
(22 títulos)
Máis laureado Real Madrid
(32 títulos)
Emisión en TV Canal+
GolT
Cuatro
Organizador Liga de Fútbol Profesional  (LFP)
Sitio web www.lfp.es
Soccerball current event.svg Liga BBVA 2012-13

A Primeira División española, coñecida como A Liga (oficialmente e por motivos de patrocinio, Liga BBVA[1]), é a máxima categoría da Liga española de fútbol, na que participan os mellores equipos españois. Comezou a desputarse en 1929.

Un total de 59 equipos pasaron pola categoría, sendo campións só 9 equipos. Real Madrid e Barcelona son os claros dominadores do torneo con 32 e 22 ligas respectivamente. Os outros sete campións son Atlético de Madrid, Athletic, Valencia, Real Sociedad, Deportivo, Sevilla e Betis.

A Primeira División española é a mellor liga do mundo segundo o ranking oficial da IFFHS, publicado en xullo de 2010.[2] A Liga ocupa ademais o segundo lugar en Europa, segundo o coeficiente da UEFA, en base aos últimos resultados en competicións europeas.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

A Primeira División de España (oficialmente Liga BBVA) é un torneo organizado e regulado , conxuntamente coa Segunda División, pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP), cuxos membros son os propios clubs participantes.

A competición dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Consta dun grupo único integrado por vinte clubs de toda a xeografía española. Seguindo un sistema de liga, os vinte equipos enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición.

A clasificación final establécese con arranxo aos puntos obtidos en cada enfrontamento, a razón de tres por partido gañado, un por empatado e ningún en caso de derrota. Se ao finalizar o campionato dous equipos igualan a puntos, os mecanismos para desempatar a clasificación son os seguintes:

  1. O que teña unha maior diferenza entre goles a favor e en contra nos enfrontamentos entre ambos.
  2. Se persiste o empate, tense en conta a diferenza de goles a favor e en contra en todos os encontros do campionato.
  3. Se continuan empatados, gaña o que máis goles a favor teña dos dous en todos os partidos do torneo.

Se o empate a puntos é entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate son os seguintes:

  1. A mellor puntuación da que a cada un corresponda a tenor dos resultados dos partidos xogados entre se polos clubs implicados.
  2. A maior diferenza de goles a favor e en contra, considerando unicamente os partidos xogados entre se polos clubs implicados.
  3. A maior diferenza de goles a favor e en contra tendo en conta todos os encontros do campionato.
  4. O maior número de goles a favor tendo en conta todos os encontros do campionato.
  5. O club mellor clasificado con arranxo aos baremos de fair play (xogo limpo).

Efectos da clasificación[editar | editar a fonte]

Posto Clasificación
Liga de Campións (directa)
Liga de Campións (rolda previa)
UEFA Europa League
7º-17º
18º Descenso a Segunda División
19º
20º

O equipo que máis puntos suma ao final do campionato é proclamado campión de liga. Xunto co subcampión e o terceiro clasificado, obtén o dereito automático a participar na seguinte edición da Liga de Campións da UEFA (Champions League). O cuarto poderá participar en dita Champions League a condición de que pase unha rolda previa desa competición (se non a superan xogarán a Liga Europa). O quinto e o sexto clasificado teñen dereito a xogar a Liga Europa (UEFA Europa League) a tempada seguinte.

Os tres últimos equipos descenderán á Segunda División. Desta ascenderán recíprocamente os tres primeiros clasificados, para substituír aos equipos que descendan.

Ata fai poucos anos os dous últimos clasificados descendían directamente a Segunda, e o 17º e o 18º xogaban a promoción, é dicir, enfrontábanse ao terceiro e cuarto clasificado de Segunda División respectivamente. Os vencedores deses partidos lograban xogar na Primeira División a tempada seguinte e os perdedores tiñan que conformarse con xogar en Segunda.

Na tempada 1986/87, chegouse a xogar un sistema de play-off, que ao termo da tempada regular dividiu aos equipos en tres grupos de 6 conxuntos cada un, conforme á clasificación que obtiveran tras as 34 xornadas ordinarias. Seis loitaron polo título, seis pola Copa da Liga, e seis loitaron por eludir o descenso. Os puntos cultivados nos play-offs sumáronse aos alcanzados na liga regular.

Inscrición de futbolistas[editar | editar a fonte]

Os clubs poden aliñar aos futbolistas que previamente sexan inscritos, dispondo dun máximo de 25 fichas federativas. Destas, só tres poden corresponder a futbolistas estranxeiros non comunitarios, é dicir, xogadores cuxa nacionalidade non corresponda aos países da Unión Europea. Nos partidos, estes tres "extracomunitarios" poden aliñarse simultaneamente.

Existen dous períodos abertos para a inscrición de futbolistas: o primeiro, antes de iniciarse a competición (meses de xullo e agosto) e o segundo a metade de tempada (durante o mes de xaneiro). Fóra destes períodos só se autorizan inscricións, de forma excepcional, se un xogador causa baixa por lesión cun período de inactividade estimado de máis de cinco meses.

Á marxe dos 25 futbolistas profesionais inscritos, os clubs poden aliñar aos xogadores da súa filial e categorías inferiores de forma ilimitada se estes son menores de vinte e tres anos e non teñen licenza profesional. Se, pola contra, son maiores de vinte e tres anos, o regulamento impídelles volver actuar nun equipo de categoría inferior se disputan máis de dez partidos en Primeira División.

Xustiza deportiva[editar | editar a fonte]

As cuestións de xustiza deportiva son competencia da Real Federación Española de Fútbol a través dos seus Comités de Disciplina Deportiva: Comité de Competición, Xuíces de Competición e Comité de Apelación. O Comité de Competición ditamina semanalmente as sancións aos futbolistas. Os xogadores son sancionados cun partido de suspensión en caso de acumular cinco amoestacións ao longo do campionato. Igualmente, son suspendidos aqueles futbolistas expulsados durante un encontro.

Os árbitros de cada partido son designados por unha comisión creada para tal obxectivo e integrada por representantes da LFP e a RFEF.

Participantes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Clasificación histórica da Primeira división española de fútbol

Equipos[editar | editar a fonte]

Nesta división participaron 59 equipos diferentes pero só tres permaneceron en Primeira división desde o principio. Os únicos clubs que disputaron todas as tempadas da Liga, sempre en Primeira División, son o Real Madrid, o FC Barcelona e o Athletic Club de Bilbao. Estes tres, xunto con Osasuna, son os únicos que seguen sendo entidades deportivas propiedade dos seus socios, e non Sociedades Anónimas Deportivas propiedade de accionistas.

O único estadio que acolleu todas as edicións da Liga é San Mamés, o estadio do Athletic Club de Bilbao. Por outra parte, o estadio máis antigo dos clubs que actualmente xogan en Primeira é El Molinón, inaugurado en 1908 e utilizado polo Sporting de Xixón.

Actualmente hai 20 equipos no torneo. Aínda que nos primeiros anos só participaban 10 equipos, máis adiante foise incrementando paulatinamente a cifra ata os actuais 20 equipos, aínda que se chegou ata aos 22 durante as tempadas 1995-96 e 1996-97.

Equipos participantes (tempada 2013-14)[editar | editar a fonte]

Equipo Cidade Estadio
Almería Andalucía Almería Juegos Mediterráneos
Athletic Flag of the Basque Country.svg Bilbao San Mamés
Atlético de Madrid Comunidade de Madrid Madrid Vicente Calderón
Barcelona Cataluña Barcelona Camp Nou
Betis Andalucía Sevilla Benito Villamarín
Celta Galicia Vigo Balaídos
Elche Flag of the Valencian Community (2x3).svg Elx Martínez Valero
Espanyol Cataluña Barcelona Cornellà-El Prat
Getafe Comunidade de Madrid Getafe Alfonso Pérez
Granada Andalucía Granada Nuevo Los Cármenes
Levante Flag of the Valencian Community (2x3).svg Valencia Ciutat de València
Málaga Andalucía Málaga La Rosaleda
Osasuna Navarra Pamplona Reyno de Navarra
Rayo Vallecano Comunidade de Madrid Madrid Vallecas
Real Madrid Comunidade de Madrid Madrid Santiago Bernabéu
Real Sociedad Flag of the Basque Country.svg Donostia Anoeta
Sevilla Andalucía Sevilla Sánchez Pizjuán
Valencia Flag of the Valencian Community (2x3).svg Valencia Mestalla
Valladolid Castela e León Valladolid Nuevo José Zorrilla
Villarreal Flag of the Valencian Community (2x3).svg Vila-real El Madrigal


Participación de estranxeiros na Liga[editar | editar a fonte]

Cada club pode inscribir na liga a 25 xogadores cada tempada, dos que só tres poden ser "extracomunitarios", é dicir, xogadores de nacionalidades alleas aos países da Unión Europea. A lexislación europea non fai distinción entre xogadores nacidos en España e os nados en calquera outro país da Unión.

Inicialmente non estaba autorizada a participación de estranxeiros na Liga; só podían competir os chamados "oriúndos", estranxeiros que se nacionalizaban ou que acreditaban ter antecedentes familiares españois. A "normativa dos oriúndos", con todo, foi obxecto de moitas polémicas e orixe de corruptelas. Por iso, aboliuse finalmente en 1974 e autorizouse a participación de dous estranxeiros por club, feito que incrementou a calidade e atractivo da Liga, comezando coa fichaxe de Johan Cruyff polo FC Barcelona.

Nos anos 1990 autorizouse a participación dun terceiro estranxeiro por equipo, e posteriormente dun cuarto, coa condición de que só tres coincidisen á vez sobre o terreo de xogo. Coa "Sentenza Bosman" de 1995, que abriu as portas da Liga a todos os europeos, reducíronse a tres as prazas de extracomunitarios por club, para protexer os intereses dos xogadores españois.

Déronse varios casos de equipos (máis ben de adestradores) que han "omitido" esta norma. Na tempada 2003-2004 o adestrador do Racing de Santander, Lucas Alcaraz, aliñou na cancha, durante 2 minutos, a 4 extracomunitarios á vez no partido disputado ante Osasuna o 14 de decembro do 2003[3]. Esta acción valeulle ao Racing perder o punto obtido en devandito partido e unha sanción económica, ademais dunha suspensión ao técnico cántabro[4]. Outros casos similares ocorreron na tempada 98-99, con Jorge Valdano en dúas ocasións, unha co Real Madrid en 1994 e a segunda nun partido entre o Valencia CF e o Racing de Santander[5] e con Sergio Kresic nun encontro entre o Real Valladolid e o Real Betis. En outubro do 2001, Rafael Benítez cometeu un erro similar, pero nun partido pola Copa do Rei entre o Valencia CF e o Novelda, ao aliñar a 4 extacomunitarios no último minuto [6].

Non existe nin existiu normativa que condicione a nacionalidade dos adestradores.

Os equipos galegos en Primeira División[editar | editar a fonte]

Un total de 4 equipos galegos pasaron pola Primeira División na súa historia.

Posto Equipo Tempadas Puntos PX PG PE PP GF GC
11º Deportivo da Coruña 42 1701 1416 540 348 528 1929 2011
12º Celta de Vigo 47 1584 1546 529 355 662 2078 2399
39º SD Compostela 4 190 160 52 45 63 199 241
43º Pontevedra CF 6 150 180 53 44 83 165 221


Actualizado ata a tempada 2012/13 incluída.

Historia[editar | editar a fonte]

Arranque e primeiras décadas[editar | editar a fonte]

En abril de 1927, José María Acha, adestrador do Arenas Club de Getxo, propuxo a creación dunha liga nacional en España. Despois de moito debate sobre o tamaño da liga e quen ía participar, a Real Federación Española de Fútbol chegou a un acordo sobre os dez equipos que formarían a primeira tempada da Primeira División en 1929. Barcelona, Real Madrid, Athletic de Bilbao, Real Sociedad, Arenas de Getxo e Real Unión foron seleccionados como gañadores anteriores da Copa de España; Atlético de Madrid, Espanyol e Europa como subcampións, e o Racing de Santander, como gañador dunha eliminatoria. Só tres dos clubs fundadores, Real Madrid, Barcelona e Athletic, nunca baixaron a Segunda División.

Aínda que o Barcelona gañou a primeira liga en 1929 e o Real Madrid gañou os seus primeiros títulos en 1932 e 1933, foi o Athletic de Bilbao, o que definiu o ritmo inicial gañador da Primeira División, proclamándose campión en 1930, 1931, 1934 e 1936. Ademais foron subcampións en 1932 e 1933. En 1935, o Real Betis, entón coñecido como Betis Balompié, gañou o seu único título ata hoxe. A Primeira División foi suspendida durante a Guerra civil española.

En 1937, os equipos da zona republicana de España, coa excepción notábel dos dous clubs de Madrid, participaron no campionato Mediterráneo e o FC Barcelona proclamouse campión. Setenta anos despois, o 28 de setembro de 2007, o Barcelona solicitou á RFEF recoñecer ese título como un título da Liga. Esta acción foi tomada logo de que a federación concedera a Copa da España Libre gañada polo Levante UD en 1937 como equivalente á Copa do Rei.

Cando a Primeira División continuou despois da Guerra civil foron Atlético Aviación (actual Atlético de Madrid), Valencia e Sevilla os equipos máis fortes na categoría. O Atlético Aviación foi premiado cun posto na tempada 1939-40 como substituto para o Real Oviedo, cuxo estadio quedou danado durante a guerra. O equipo proclamouse campión nesa tempada e repetiu título na seguinte. O Valencia gañou os títulos de 1942, 1944 e 1947. Ademais foron subcampións en 1948 e 1949. Finalmente, o Sevilla tamén tivo unha breve época dourada, rematando como subcampión en 1940 e 1942, antes de gañar o seu único título ata a data, en 1946. A finais da década, o Barcelona comezou a emerxer e conseguiu os títulos de 1945, 1948 e 1949.

O inicio do dominio dos dous grandes[editar | editar a fonte]

A pesar de que o Atlético Aviación de Helenio Herrera foi campión en 1950 e 1951, a década de 1950 viu o inicio do dominio de Real Madrid e Barcelona. Nas primeiras décadas da liga, había impostos polas fichaxes de estranxeiros, e eran poucos os xogadores de fóra de España que xogaban na Liga. Con todo, o Real Madrid e o Barcelona romperon estas regras. Inspirado por Kubala, o Barça conseguiu o título en 1952 e 1953. Di Stéfano, Puskás e Gento Francisco formaron o núcleo do Real Madrid que dominou a segunda metade da década. O club gañou os títulos de 1954 e 1955. O equipo foi tamén vencedor en 1957 e 1958, só interrumpido por unha liga gañada polo Athletic Club. Durante este período, o Real Madrid tamén gañou cinco títulos europeos consecutivos. O Barcelona, cun equipo adestrado por Helenio Herrera e co galego Luis Suárez gañou o título en 1959 e 1960.

Entre 1961 e 1980, o Real Madrid dominou a Primeira División sendo coroado campión en 14 ocasións. Isto inclúe un período de cinco ligas consecutivas (1961-1965) e dous de tres (1967-1969 e 1978-1980). Durante esta época só destacaron os catro títulos do Atlético de Madrid en 1966, 1970, 1973 e 1977. Outros dous clubs, o Valencia en 1971 e o Barcelona con Johan Cruyff en 1974 conseguiron romper o dominio do Real Madrid.

As ligas vascas, a Quinta del Buitre e o Dream Team[editar | editar a fonte]

A secuencia gañadora do Real Madrid foi pechada de forma máis significativa en 1981, cando a Real Sociedad gañou o primeiro título da súa historia. O equipo donostiarra repetiu en 1982 e logo viñeron dúas ligas gañadas polos seus veciños vascos, o Athletic de Bilbao, en 1983 e 1984. Terry Venables levou ó Barcelona a un título solitario en 1985, antes de que o Real Madrid vencera novamente cinco consecutivas (1986-1990) cun equipo, adestrado por Leo Beenhakker, e con Hugo Sánchez e a lendaria Quinta del Buitre, formada por Emilio Butragueño, Manolo Sanchís, Martín Vázquez, Míchel e Miguel Pardeza.

Johan Cruyff regresou ó Barcelona como adestrador en 1988, e montou o lexendario Dream Team. Cruyff introduciu xogadores como Josep Guardiola, José Mari Baker, Txiki Beguiristain, Goikoetxea, Ronald Koeman, Michael Laudrup, Romário e Hristo Stoichkov. Este equipo gañou catro ligas consecutivas entre 1991 e 1994 e gañou a súa primeira Copa de Europa en 1992. Laudrup marchou entón ao eterno rival e acabou a gran época de Cruyff. O Atlético de Madrid gañou a súa novena liga en 1996, antes de que o Real Madrid engadira un trofeo máis á súa historia, en 1997. Despois do éxito de Cruyff, outro holandés, Louis van Gaal, chegou ao Camp Nou, e co talento de Luís Figo, Luis Enrique e Rivaldo, o Barcelona volveu gañar o título en 1998 e 1999. Mentres tanto, o Real Madrid tamén tivo éxito na competición continental, sendo gañador da Liga de Campións en 1998.

Século XXI[editar | editar a fonte]

Cando a Primeira División entrou no novo século, os dous grandes tiveron que afrontar novos retos. Entre 1993 e 2004, o Deportivo da Coruña rematou entre os tres primeiros en dez ocasións, unha marca mellor que calquera Real Madrid ou Barcelona, e en 2000, con Javier Irureta como adestrador, convertiuse no noveno equipo en ser campión. O Real Madrid gañou dous títulos de Liga en 2001 e 2003 e tamén a final da Liga de Campións en 2000 e 2002, e gañou o seu terceiro título de liga en 2007, tras unha seca de tres anos. O equipo branco atopou no Valencia ao seu máximo competidor nas dúas competicións. Baixo a dirección de Héctor Cúper, o Valencia chegou á final da Liga de Campións en 2000 e 2001. O seu sucesor, Rafael Benítez, levou ao club ao título de Liga en 2002 e a facer un dobrete de Liga e Copa da UEFA en 2004. A tempada 2004-05 viu un rexurdimento do FC Barcelona con Ronaldinho gañando a primeira liga da década, seguida dun dobrete de Liga e Champions en 2005-06. O Real Madrid gañou a liga nas tempadas 2006-07 e 2007-08, na que o Villarreal foi subcampión. O Barcelona gañou novamente a liga na tempada 2008-09, na que tamén conseguiu o resto de copas, sendo o primeiro equipo da historia en gañar tódalas competicións nun mesmo ano. Na tempada 2009-10 gañou a súa 20ª liga cunha marca histórica de 99 puntos, e na tempada seguinte volveu repetir, sendo a terceira liga consecutiva para os blaugranas. Na tempada 2011-12, o Real Madrid gañou a liga con 100 puntos, superando o récord conseguido polo Barça a tempada anterior. Na tempada 2012-13, o FC Barcelona gaña novamente a liga igualando os 100 puntos do equipo madrileño da tempada anterior.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Partidos consecutivos:

Máis goles:

Historial[editar | editar a fonte]

Temp. PX Campión Pts Subcampión Pts Terceiro Pts Pichichi G Zamora G
12-13 20 38 FC Barcelona (22ª liga) 100 Real Madrid 85 Atlético 76 Flag of Argentina.svg Messi 46 Bélxica Courtois 29
11-12 20 38 Real Madrid (32ª) 100 FC Barcelona 91 Valencia CF 61 Flag of Argentina.svg Messi 50 España V. Valdés 28
10-11 20 38 FC Barcelona (21ª) 96 Real Madrid 92 Valencia CF 71 Flag of Portugal.svg Cristiano Ronaldo 41 España V. Valdés 16
09-10 20 38 FC Barcelona (20ª) 99 Real Madrid 96 Valencia CF 71 Flag of Argentina.svg Messi 34 España V. Valdés 24
08-09 20 38 FC Barcelona (19ª) 87 Real Madrid 78 Sevilla FC 70 Flag of Uruguay.svg Diego Forlán 32 España V. Valdés 31
07-08 20 38 Real Madrid (31ª) 85 Villarreal 77 FC Barcelona 67 España Dani Güiza 27 España Iker Casillas 32
06-07 20 38 Real Madrid (30ª) 76 FC Barcelona 76 Sevilla FC 71 Flag of the Netherlands.svg Ruud van Nistelrooy 25 Flag of Argentina.svg Abbondanzieri 30
05-06 20 38 FC Barcelona (18ª) 82 Real Madrid 70 Valencia CF 69 Flag of Cameroon.svg Samuel Eto'o 26 España Pinto 28
04-05 20 38 FC Barcelona (17ª) 84 Real Madrid 80 Villarreal 65 Flag of Uruguay.svg Diego Forlán 25 España V. Valdés 25
03-04 20 38 Valencia CF (6ª) 77 FC Barcelona 72 Deportivo 71 Flag of Brazil.svg Ronaldo 24 España Cañizares 25
02-03 20 38 Real Madrid (29ª) 78 Real Sociedad 76 Deportivo 72 Flag of the Netherlands.svg Makaay 29 Flag of Argentina.svg Cavallero 27
01-02 20 38 Valencia CF (5ª) 75 Deportivo 68 Real Madrid 66 España Tristán 21 España Cañizares 23
00-01 20 38 Real Madrid (28ª) 80 Deportivo 73 RCD Mallorca 71 España Raúl 24 España Cañizares 34
99-00 20 38 Deportivo (1ª) 69 FC Barcelona 64 Valencia CF 64 España Salva 27 Flag of Argentina.svg Martín Herrera 37
98-99 20 38 FC Barcelona (16ª) 79 Real Madrid 68 RCD Mallorca 66 España Raúl 25 Flag of Argentina.svg Roa 29
97-98 20 38 FC Barcelona (15ª) 74 Athletic 65 Real Sociedad 63 Italia Vieri 24 España Toni 31
96-97 22 42 Real Madrid (27ª) 92 FC Barcelona 90 Deportivo 77 Flag of Brazil.svg Ronaldo 34 Flag of Cameroon.svg Jacques Songo'o 28
95-96 22 42 Atlético (9ª) 87 Valencia CF 83 FC Barcelona 80 Flag of Argentina.svg España Pizzi 31 España Molina 32
94-95 20 38 Real Madrid (26ª) 55 Deportivo 51 Betis 46 Flag of Chile.svg Zamorano 28 España Jaro 25
93-94 20 38 FC Barcelona (14ª) 56 Deportivo 56 Real Zaragoza 46 Flag of Brazil.svg Romário 30 España Francisco Liaño 18
92-93 20 38 FC Barcelona (13ª) 58 Real Madrid 57 Deportivo 54 Flag of Brazil.svg Bebeto 29 España Francisco Liaño/
España Cañizares
31/
30
91-92 20 38 FC Barcelona (12ª) 55 Real Madrid 54 Atlético 53 España Manolo 27 España Buyo 27
90-91 20 38 FC Barcelona (11ª) 57 Atlético 47 Real Madrid 46 España Butragueño 19 España Abel 17
89-90 20 38 Real Madrid (25ª) 62 Valencia CF 53 FC Barcelona 51 Flag of Mexico.svg H. Sánchez 38 España Ablanedo 25
88-89 20 38 Real Madrid (24ª) 62 FC Barcelona 57 Valencia CF 49 Flag of Brazil.svg Baltazar 35 España Ochotorena 25
87-88 20 38 Real Madrid (23ª) 62 Real Sociedad 51 Atlético 48 Flag of Mexico.svg H. Sánchez 29 España Buyo 23
86-87 18 44* Real Madrid (22ª) 66 FC Barcelona 63 RCD Espanyol 51 Flag of Mexico.svg H.Sánchez 34 España Zubizarreta 29
85-86 18 34 Real Madrid (21ª) 56 FC Barcelona 45 Athletic 43 Flag of Mexico.svg H.Sánchez 22 España Ablanedo 27
84-85 18 34 FC Barcelona (10ª) 53 Atlético 43 Athletic 41 Flag of Mexico.svg H.Sánchez 19 España Ablanedo 22
83-84 18 34 Athletic (8ª) 49 Real Madrid 49 FC Barcelona 48 España Juanito/
Flag of Uruguay.svg Da Silva
17 España Urruti 26
82-83 18 34 Athletic (7ª) 50 Real Madrid 49 Atlético 46 España Rincón 22 España Agustín 22
81-82 18 34 Real Sociedad (2ª) 47 FC Barcelona 45 Real Madrid 44 España Quini 26 España Arconada 33
80-81 18 34 Real Sociedad (1ª) 45 Real Madrid 45 Atlético 42 Flag of Spain (1977 - 1981).svg Quini 20 Flag of Spain (1977 - 1981).svg Arconada 29
79-80 18 34 Real Madrid (20ª) 53 Real Sociedad 52 Sporting 39 Flag of Spain (1977 - 1981).svg Quini 24 Flag of Spain (1977 - 1981).svg Arconada 20
78-79 18 34 Real Madrid (19ª) 47 Sporting 43 Atlético 41 Austria Krankl 29 Flag of Spain (1977 - 1981).svg Manzanedo 23
77-78 18 34 Real Madrid (18ª) 47 FC Barcelona 41 Athletic 40 Flag of Argentina.svg Kempes 28 Flag of Spain (1977 - 1981).svg Artola 23
76-77 18 34 Atlético (8ª) 46 FC Barcelona 45 Athletic 38 Flag of Argentina.svg Kempes 24 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Reina 29
75-76 18 34 Real Madrid (17ª) 48 FC Barcelona 43 Atlético 42 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Quini 18 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Miguel Ángel 23
74-75 18 34 Real Madrid (16ª) 50 Real Zaragoza 38 FC Barcelona 37 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Carlos 19 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Sadurní 19
73-74 18 34 FC Barcelona (9ª) 50 Atlético 42 Real Zaragoza 40 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Quini 20 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Sadurní 22
72-73 18 34 Atlético (7ª) 48 FC Barcelona 46 RCD Espanyol 45 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Marianín 19 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Reina 21
71-72 18 34 Real Madrid (15ª) 47 Valencia CF 45 FC Barcelona 43 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Porta 20 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Deusto 17
70-71 16 30 Valencia CF (4ª) 43 FC Barcelona 43 Atlético 42 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Rexach 17 Flag of Spain (1945 - 1977).svg A. Abelardo 19
69-70 16 30 Atlético (6ª) 42 Athletic 41 Sevilla FC 35 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Amancio/
Flag of Argentina.svg Flag of Spain (1945 - 1977).svg Gárate/
Flag of Spain (1945 - 1977).svg Luis
16 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Iribar 20
68-69 16 30 Real Madrid (14ª) 47 Las Palmas 38 FC Barcelona 36 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Amancio/
Flag of Argentina.svg Flag of Spain (1945 - 1977).svg Gárate
14 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Sadurní 18
67-68 16 30 Real Madrid (13ª) 42 FC Barcelona 39 Las Palmas 38 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Uriarte 22 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Junquera 19
66-67 16 30 Real Madrid (12ª) 47 FC Barcelona 42 RCD Espanyol 37 Flag of Brazil.svg Waldo 24 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Betancort 15
65-66 16 30 Atlético (5ª) 44 Real Madrid 43 FC Barcelona 38 Flag of Brazil.svg Vavá 19 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Pesudo 15
64-65 16 30 Real Madrid (11ª) 47 Atlético 43 Real Zaragoza 40 Flag of Paraguay.svg Cayetano Re 25 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Betancort 15
63-64 16 30 Real Madrid (10ª) 46 FC Barcelona 42 Betis 37 Hungría Flag of Spain (1945 - 1977).svg Puskás 20 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Vicente 10
62-63 16 30 Real Madrid (9ª) 49 Atlético 37 Real Oviedo 33 Hungría Flag of Spain (1945 - 1977).svg Puskás 26 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Vicente 26
61-62 16 30 Real Madrid (8ª) 43 FC Barcelona 40 Atlético 36 Flag of Peru.svg Seminario 25 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Araquistáin 19
60-61 16 30 Real Madrid (7ª) 52 Atlético 40 Real Zaragoza 33 Hungría Flag of Spain (1945 - 1977).svg Puskás 27 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Vicente 25
59-60 16 30 FC Barcelona (8ª) 46 Real Madrid 46 Athletic 39 Hungría Flag of Spain (1945 - 1977).svg Puskás 26 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Ramallets 24
58-59 16 30 FC Barcelona (7ª) 51 Real Madrid 47 Athletic 36 Flag of Argentina.svg Flag of Spain (1945 - 1977).svg Di Stéfano 23 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Ramallets 23
57-58 16 30 Real Madrid (6ª) 45 Atlético 42 FC Barcelona 38 Flag of Argentina.svg Flag of Spain (1945 - 1977).svg Di Stéfano/
Flag of Spain (1945 - 1977).svg Ricardo/
Flag of Spain (1945 - 1977).svg Badenes
19 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Goyo 28
56-57 16 30 Real Madrid (5ª) 44 Sevilla FC 39 FC Barcelona 39 Flag of Argentina.svg Flag of Spain (1945 - 1977).svg Di Stéfano 31 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Ramallets 35
55-56 16 30 Athletic (6ª) 48 FC Barcelona 47 Real Madrid 38 Flag of Argentina.svg Flag of Spain (1945 - 1977).svg Di Stéfano 24 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Ramallets 24
54-55 16 30 Real Madrid (4ª) 46 FC Barcelona 41 Athletic 39 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Arza 28 Flag of Spain (1945 - 1977).svg J.Alonso 24
53-54 16 30 Real Madrid (3ª) 40 FC Barcelona 36 Valencia CF 34 Flag of Argentina.svg Flag of Spain (1945 - 1977).svg Di Stéfano 27 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Otero 35
52-53 16 30 FC Barcelona (6ª) 42 Valencia CF 40 Real Madrid 39 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Zarra 24 Francia Domingo 34
51-52 16 30 FC Barcelona (5ª) 43 Athletic 40 Real Madrid 38 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Pahiño 28 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Ramallets 40
50-51 16 30 Atlético (4ª) 40 Sevilla FC 38 Valencia CF 37 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Zarra 38 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Acuña 36
49-50 14 26 Atlético (3ª) 33 Deportivo 32 Valencia CF 31 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Zarra 25 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Acuña 29
48-49 14 26 FC Barcelona (4ª) 37 Valencia CF 35 Real Madrid 34 Flag of Spain (1945 - 1977).svg César 29 Francia Domingo 28
47-48 14 26 FC Barcelona (3ª) 37 Valencia CF 34 Atlético 33 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Pahiño 23 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Velasco 31
46-47 14 26 Valencia CF (3ª) 34 Athletic 34 Atlético 32 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Zarra 34 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Lezama 29
45-46 14 26 Sevilla FC (1ª) 36 FC Barcelona 35 Athletic 33 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Zarra 24 Flag of Spain (1945 - 1977).svg Bañón 29
44-45 14 26 FC Barcelona (2ª) 39 Real Madrid 38 At. Aviación 31 Flag of Spain (1938 - 1945).svg Zarra 19 Flag of Spain (1938 - 1945).svg Eizaguirre 28
43-44 14 26 Valencia CF (2ª) 40 At.Aviación 34 Sevilla FC 32 Flag of Spain (1938 - 1945).svg Mundo 27 Flag of Spain (1938 - 1945).svg Eizaguirre 32
42-43 14 26 Athletic (5ª) 36 Sevilla FC 33 FC Barcelona 32 Flag of Spain (1938 - 1945).svg M. Martín 32 Flag of Spain (1938 - 1945).svg Acuña 31
41-42 14 26 Valencia CF (1ª) 40 Real Madrid 33 At.Aviación 33 Flag of Spain (1938 - 1945).svg Mundo 27 Flag of Spain (1938 - 1945).svg Acuña 37
40-41 12 22 At. Aviación (2ª) 33 Athletic 31 Valencia CF 27 Flag of Spain (1938 - 1945).svg Pruden 30 Flag of Spain (1938 - 1945).svg Echevarría 21
39-40 12 22 At.Aviación (1ª) 29 Sevilla FC 28 Athletic 26 Flag of Spain (1938 - 1945).svg Unamuno 26 Flag of Spain (1938 - 1945).svg Tabales 29
35-36 12 22 Athletic (4ª) 31 Real Madrid 29 Real Oviedo 28 Flag of Spain (1931 - 1939).svg Isidro Lángara 27 Flag of Spain (1931 - 1939).svg Blasco 30
34-35 12 22 Real Betis (1ª) 34 Real Madrid 33 Real Oviedo 26 Flag of Spain (1931 - 1939).svg Lángara 26 Flag of Spain (1931 - 1939).svg Urquiaga 19
33-34 10 18 Athletic (3ª) 24 Real Madrid 22 Racing de Santander 19 Flag of Spain (1931 - 1939).svg Lángara 27 Flag of Spain (1931 - 1939).svg Blasco 21
32-33 10 18 Real Madrid (2ª) 28 Athletic 26 RCD Espanyol 22 Flag of Spain (1931 - 1939).svg Olivares 16 Flag of Spain (1931 - 1939).svg Zamora 17
31-32 10 18 Real Madrid (1ª) 28 Athletic 25 FC Barcelona 24 Flag of Spain (1931 - 1939).svg Gorostiza 12 Flag of Spain (1931 - 1939).svg Zamora 15
30-31 10 18 Athletic (2ª) 22 Racing 22 Real Sociedad 22 Flag of Spain (1785-1873 and 1875-1931).svg Bata 27 Flag of Spain (1785-1873 and 1875-1931).svg Zarraonaindia 27
29-30 10 18 Athletic (1ª) 30 FC Barcelona 23 Arenas Getxo 20 Flag of Spain (1785-1873 and 1875-1931).svg Gorostiza 19 Flag of Spain (1785-1873 and 1875-1931).svg Blasco 20
28-29 10 18 FC Barcelona (1ª) 25 Real Madrid 23 Athletic 20 Flag of Spain (1785-1873 and 1875-1931).svg Bienzobas 14 Flag of Spain (1785-1873 and 1875-1931).svg Zamora 24


Palmarés[editar | editar a fonte]

A pesar de que 59 equipos diferentes disputaron a Liga de Primeira División, ata agora só foron capaces de gañar o torneo 9 clubs: Real Madrid en 32 ocasións; FC Barcelona, 22; Atlético de Madrid, 9; Athletic de Bilbao, 8; Valencia CF, 6; Real Sociedad, 2 e Real Betis, Sevilla FC e Deportivo da Coruña en 1.

Aínda así, as últimas 25 tempadas, dous equipos, Barcelona e Real Madrid, acapararon os campionatos en 21 ocasións. Esta monotonía é soamente superada pola Liga exipcia, onde os equipos Al-Ahly e Zamalek foron campións en dezaoito dos últimos vinte anos, e a Liga escocesa onde o Celtic e o Rangers repartíronse os 20 últimos títulos.

Por equipos[editar | editar a fonte]

Pos. Equipo Campión Subcampión Títulos (anos)
1 Real Madrid 32 20 1931-32, 1932-33, 1953-54, 1954-55, 1956-57, 1957-58, 1960-61, 1961-62, 1962-63, 1963-64, 1964-65, 1966-67, 1967-68, 1968-69, 1971-72, 1974-75, 1975-76, 1977-78, 1978-79, 1979-80, 1985-86, 1986-87, 1987-88, 1988-89, 1989-90, 1994-95, 1996-97, 2000-01, 2002-03, 2006-07, 2007-08 e 2011-12
2 FC Barcelona 22 23 1928-29, 1944-45, 1947-48, 1948-49, 1951-52, 1952-53, 1958-59, 1959-60, 1973-74, 1984-85, 1990-91, 1991-92, 1992-93, 1993-94, 1997-98, 1998-99, 2004-05, 2005-06, 2008-09, 2009-10, 2010-11 e 2012-13
3 Atlético de Madrid1 9 8 1939-40, 1940-41, 1949-50, 1950-51, 1965-66, 1969-70, 1972-73, 1976-77 e 1995-96
4 Athletic Club 8 8 1929-30, 1930-31, 1933-34, 1935-36, 1942-43, 1955-56, 1982-83 e 1983-84
5 Valencia 6 6 1941-42, 1943-44, 1946-47, 1970-71, 2001-02 e 2003-04
6 Real Sociedad 2 3 1980-81 e 1981-82
7 Deportivo 1 5 1999-00
8 Sevilla 1 4 1945-46
9 Betis 1 0 1934-35
10 Racing de Santander 0 1
Las Palmas 0 1
Sporting de Gijón 0 1
Zaragoza 0 1
Villarreal 0 1


1. Inclúe os datos do Atlético Aviación.

Trofeos en propiedade[editar | editar a fonte]

O trofeo da Liga entrégase ao club campión, que a conserva durante un ano, ata cedela ao campión da seguinte edición. Logo de devolvela, os clubs só poden exhibir nas súas vitrinas unha copia a escala reducida do orixinal. Con todo, o equipo que consegue gañar en cinco ocasións alternas ou tres consecutivas o mesmo trofeo, queda con el en propiedade; e comézase un novo ciclo pondo todos os contadores de títulos a cero (é dicir, os títulos conseguidos anteriormente por outros equipos non son acumulables). A partir da tempada 2011-12 estará en disputa o undécimo trofeo, habéndose repartido tres clubs a propiedade dos dez anteriores:

  • O Real Madrid é propietario de 5 trofeos de liga, do terceiro (1953-61) ao sétimo (1979-88).
  • O FC Barcelona é propietario de 4 trofeos, o segundo (1943-53), oitavo (1988-93), noveno (1993-2006) e décimo (2007-2011).
  • O Athletic Club gañou en propiedade o primeiro trofeo (disputado entre 1929 e 1943).

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

O diario deportivo Marca concede diversos premios anuais individuais. Os máis antigos e prestixiosos son o "Trofeo Pichichi", que distingue ao xogador máximo goleador da tempada, e o "Trofeo Zamora", que distingue ao porteiro que, habendo disputado a maioría de partidos, encaixou menos goles. Tamén se concede o "Trofeo Guruceta" ao mellor árbitro da tempada (en honra a Carlos Guruceta).

Xogadores[editar | editar a fonte]

Andoni Zubizarreta, o xogador que máis partidos de liga disputou
Récord Primeiro Segundo Terceiro
Máis partidos España Andoni Zubizarreta
622 partidos
España Raúl González
550 partidos
España Eusebio Sacristán
543 partidos
Máis goles España Zarra
251 goles en 277 partidos
Flag of Mexico.svg Hugo Sánchez
234 goles en 347 partidos
España Raúl González
228 goles en 550 partidos
Máis títulos España Gento
12 ligas en 19 tempadas
España Pirri
10 ligas en 17 tempadas
España Amancio
9 ligas en 14 tempadas
Goleador máis novo Flag of Cameroon.svg Fabrice Olinga
16 anos e 98 días
España Iker Muniain
16 anos e 289 días
España Xisco Nadal
16 años e 353 días
Goleador con máis idade Flag of Brazil.svgEspaña Donato Gama
40 anos e 138 días
España César Rodríguez
40 anos
Flag of Argentina.svgEspaña Alfredo Di Stéfano
39 anos e 231 días
Debutante máis novo España Sansón
15 anos e 255 días
España Pedro Irastorza
15 anos e 288 días
Flag of Slovenia.svg Kubala II
16 anos e 83 días
Debutante con máis idade Inglaterra Harry Lowe
48 anos e 226 días
España Florentino Sion
36 anos e 55 días
España Ignacio Echezarreta
35 anos e 278 días


Máximos goleadores[editar | editar a fonte]

Pos. Futbolista Goles Partidos Gol./Part. Equipo (s)
España Telmo Zarra 251 277 0,91 Athletic de Bilbao (251)
Flag of Mexico.svg Hugo Sánchez 234 347 0,67 Atlético de Madrid (54), Real Madrid (164), Rayo Vallecano (16)
España Raúl González 228 550 0,41 Real Madrid (228)
España Flag of Argentina.svg Alfredo Di Stéfano 227 329 0,68 Real Madrid (216), RCD Espanyol (11)
España César Rodríguez 226 353 0,64 Granada CF (23), FC Barcelona (195), Cultural Leonesa (3), Elche CF (5)
España Quini 219 448 0,48 Sporting de Gijón (165), FC Barcelona (54)
Flag of Argentina.svg Leo Messi 215 246 0,87 FC Barcelona (215)
España Pahiño 210 278 0,75 Celta de Vigo (56), Real Madrid (108), Deportivo (46)
España Mundo 195 231 0,84 Valencia CF (186), CD Alcoyano (9)
10º España Santillana 186 461 0,40 Real Madrid (186)


Adestradores[editar | editar a fonte]

Récord Primeiro Segundo Terceiro
Máis títulos España Miguel Muñoz
9 ligas en 13 tempadas
Flag of the Netherlands.svg Johan Cruyff
4 ligas en 8 tempadas
Flag of Argentina.svgFrancia Helenio Herrera
4 ligas en 14 tempadas
Máis partidos España Luis Aragonés
757 part en 25 tempadas
España Javier Irureta
612 part en 19 tempadas
España Miguel Muñoz
608 part en 21 tempadas


Árbitros[editar | editar a fonte]

Récord Primeiro Segundo Terceiro
Máis partidos España Eduardo Iturralde González
279 partidos
España Manuel Mejuto González
262 partidos
España Daniel Zariquiegui Izco
248 partidos


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]