Álvaro García Diéguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlvaro García Diéguez
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngestor bancário (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Álvaro García Diéguez, nado na Coruña o 5 de marzo de 1959, é un director de banco e profesor universitario galego. Dende 2023 é o presidente do Deportivo da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou un mestrado en Mercadotecnia Empresarial pola Universidade Politécnica de Madrid.[1] Traballou durante décadas no sector financeiro, ocupando entre outros os cargos de director de deseño y desenvolvemento de negocio de Caixa Galicia (2005-2010), director de negocios especializados de Novacaixagalicia (2011-2015), director de operacións de Novagalicia Banco e director xeral da sección de seguros de Abanca (2015-2023). Foi tamén profesor da Facultade de Economía e Empresas da Universidade da Coruña. En 2023 foi nomeado presidente do Deportivo da Coruña por Abanca, propietaria do club.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Álvaro García Diéguez, novo presidente do RC Deportivo". 17 de setembro de 2023. Consultado o 17 de setembro de 2023.