Real Zaragoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Zaragoza
Nome Real Zaragoza, S.A.D.
Alcume(s) Blanquillos;
Maños
Fundación 18 de marzo de 1932 (82 anos)
Estadio La Romareda,
Zaragoza, España
Inauguración 8 de setembro de 1957
Capacidade 34.596
Propietario España Agapito Iglesias
Presidente España Fernando Molinos
Adestrador España Paco Herrera
Liga Segunda División
2013–14 14º
Vestimenta Mercury
Patrocinador Proniño
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira

O Real Zaragoza, S.A.D. é un club de fútbol español da cidade de Zaragoza (Aragón). Foi fundado en 1932 da unión do Iberia SC e do Zaragoza CD, os dous clubs máis importantes da cidade naquela época. Actualmente compite na Segunda División, logo de descender na tempada 2012–13.

É o 9º equipo na Clasificación histórica da Primeira División[1] habendo completado 55 tempadas en devandita categoría. Foi subcampión nunha ocasión e conta ademais con 6 títulos de Copa, unha Supercopa de España e, a nivel europeo, unha Recopa e dúas Copas de Feiras, ademais de numerosas participacións para competicións continentais.

O 10 de setembro de 2009, a IFFHS publicou a clasificación dos mellores clubs europeos do século XX, ocupando o Real Zaragoza a posición número 37[2] debido aos campionatos europeos conseguidos no século XX, a Copa de Feiras de 1964 e a Recopa de Europa en 1995. Actualmente ocupa o posto número 355 na clasificación mundial de clubs da IFFHS[3] e o 59º posto na clasificación histórica do mesmo organismo.[4]

Conta cuns 30.000 abonados e un orzamento anual de 36.000.000 . É o 7º equipo en número de aficionados en España (2,7%),[5] segundo a enquisa do CIS de maio de 2007.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branca con franxas laterais azuis, pantalón azul e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta amarela fosforito con mangas negras, pantalón negro con borde amarelo e medias negras.

Estadio[editar | editar a fonte]

Imaxe lateral do estadio de La Romareda.
Artigo principal: Estadio de La Romareda.

O estadio do Real Zaragoza é La Romareda, cunha capacidade para 34.596 espectadores e cunhas dimensións de 105 x 68 metros.

Inaugurouse cun partido entre o Real Zaragoza e Osasuna o 8 de setembro de 1957, sendo presidente do club maño Cesáreo Alierta. O resultado do encontro foi 4-3, a favor do Real Zaragoza, con goles de Vila (o primeiro gol na Romareda), Wilson, Murillo e Vila (de novo) para o Real Zaragoza, e Areta, Sabino e Glaría para Osasuna. A capacidade inicial do estadio era de 32.416 espectadores, 16.000 sentados.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 57
  • Tempadas en : 15
  • Tempadas en : 4
  • Mellor posto na liga: 2º (tempada 74-75)
  • Peor posto na liga: 20º (tempada 01-02)
  • Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 9º
  • Máis partidos disputados: Aguado (383), Violeta (327), Señor (304).
  • Máis minutos: Aguado (33.480), Violeta (29.042), Señor (26.984).
  • Máis goles: Murillo (88), Pardeza (76) Marcelino (70).
  • Expulsado máis veces: Aguado (18), Cuartero (8), Belsué (6).
  • Maior goleada conseguida:
  • Maior goleada encaixada:
  • Participacións en competicións europeas: 18

Xogadores[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia do equipo, máis de 500 xogadores pertenceron ao mesmo desde o seu fundación en 1932, moitos dos cales logo de retirados pasan a ser coñecidos como os veteranos e están aglutinados nunha asociación conxunta ao club.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Actualizado a 31 de xaneiro de 2013.

Posto País Xogador
1 POR España Roberto Jiménez
2 MED España José María Movilla
3 DEF España Javier Paredes Capitán
4 DEF España Álvaro González
5 DEF Italia Maurizio Lanzaro
6 DIA España Rodri
7 DIA Flag of Cameroon.svg Henri Bienvenu
8 MED España Edu Oriol
9 DIA Flag of Portugal.svg Hélder Postiga
10 MED España Apoño
11 MED España Paco Montañés
12 MED Costa do Marfil Romaric
13 POR Flag of Argentina.svg Leo Franco
14 DEF España José Manuel Fernández
Posto País Xogador
15 MED España José Mari
16 DEF Flag of the Netherlands.svg Glenn Loovens
17 MED Flag of Serbia.svg Stefan Babović
18 MED Flag of Argentina.svg Lucas Wilchez
19 DEF Flag of Romania.svg Cristian Săpunaru
20 MED Flag of Argentina.svg Franco Zuculini
21 DEF España Abraham Minero
22 MED Hungría Ádám Pintér
23 MED España Javi Álamo
24 DIA España Rubén Rochina
25 MED España Adrià Carmona
30 POR España Pablo Alcolea
32 MED España Víctor Rodríguez
35 DEF Flag of Serbia.svg Ivan Obradović

Palmarés[editar | editar a fonte]

Recopa de Europa de 1995 gañada polo Zaragoza.

Torneos rexionais[editar | editar a fonte]

  • Campionato Mancomunado Navarra-Guipúscoa-Aragón (1): 1939-40

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Filial[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Real Zaragoza B.

O Real Zaragoza B é o equipo filial do Real Zaragoza. Fundouse no 1965 e xoga na Segunda División B.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]