Antonio María Rouco Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio María Rouco Varela

Antonio María Rouco Varela, nado en Vilalba o 24 de agosto de 1936, é un cardeal da Igrexa Católica e presidente da Conferencia Episcopal Española.

Índice

[editar] Traxectoria

Estudou teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca entre 1954 e 1958. Foi ordenado sacerdote en 1959, e nese ano empezou a estudar leis e teoloxía na Universidade de Múnic, onde se doutorou en 1964 cunha tese sobre as relacións entre a Igrexa e o Estado no século XVI.

[editar] Bispo

En 1976 foi designado bispo de Gergi e bispo auxiliar de Santiago de Compostela. Cando o arcebispo Suquía foi nomeado arcebispo de Madrid, ascendeu Rouco Varela á mitra arcebispal en 1984. Foi unha peza chave en diversos eventos organizados na cidade, entre elas a segunda visita dun papa a Galiza, que tivo lugar o 19 de agosto de 1989. En 1994, logo dunha década á cabeza da igrexa galega, foi nomeado arcebispo de Madrid. Foi presidente da Conferencia Episcopal Española entre 1999 e 2005, e logo dun mandato de Ricardo Blázquez volveu ocupar esa posición.

Está considerado un membro do sector conservador da Igrexa católica[1].

[editar] Cardeal

O papa Xoán Paulo II nomeouno cardeal no consistorio do 21 de febreiro de 1998. Á morte deste papa, Rouco Varela foi un dos cardeais electores que participaron no conclave de 2005, onde foi designado Bieito XVI como novo máximo pontífice.

[editar] Críticas

En 2007, o arcebispado de Madrid que el dirixía foi condenado como responsable civil subsidiario por un caso de abusos continuados a un menor perpetrados por un sacerdote desa diocese. A condena consideraba probado que tanto a persoa de Rouco Varela como o arcebispado coñecían os feitos e os ocultaron.[2][3].


Predecesor:
Ángel Suquía
Arcebispo de Santiago de Compostela
abril de 1983 - xullo de 1994
Sucesor:
Julián Barrio
Predecesor:
Ángel Suquía
Arcebispo de Madrid
xullo de 1994 - no cargo
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Elías Yanes
Presidente da Conferencia Episcopal Española
1999 - 2005
Sucesor:
Ricardo Blázquez
Predecesor:
Ricardo Blázquez
Presidente da Conferencia Episcopal Española
2008 - 2011
Sucesor:
no cargo

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas