Supercopa de España de Fútbol
A Supercopa de España é unha competición de fútbol, organizada pola Real Federación Española de Fútbol desde 1982, e que enfronta ao campión da Liga Española contra o campión da Copa do Rei.
O trofeo xógase cada ano a finais de agosto, e supón o inicio oficial da competición futbolística en España.
Ata a edición de 1996 se un equipo gañaba os títulos de Liga e Copa, directamente gañaba a Supercopa; pero, desde esa data, se un equipo fai doblete, o título da Supercopa dispútao fronte ao subcampión de Copa.
O vixente campión, o Real Madrid, é o segundo club que máis veces gañou o título, en nove ocasións, detrás do FC Barcelona, que conquistou 10 veces o título. Ségueos o Deportivo da Coruña, con tres títulos.
Índice |
Sistema de competición [editar]
A Supercopa dispútase por eliminación directa a dobre partido: o primeiro encontro no estadio do campión de Copa e o partido de volta no feudo do campión de Liga.
O equipo que logra maior diferenza de goles en ambos os encontros proclámase campión do torneo. En caso de empate, os goles anotados en campo contrario ten valor dobre. Se aínda así persiste o empate, dispútase unha prórroga e, en última instancia, o título decídese mediante lanzamentos de penalti.
Historia [editar]
A actual Supercopa de España ten os seus antecedentes históricos en tres torneos que enfrontaban aos campións da Liga Española e da Copa do Xeneralísimo:
- Copa de Campións (1939–1940)
- Copa de Ouro Arxentina (1944–1945)
- Copa Eva Duarte (1946–1953)
En xullo de 1982 a asemblea da Real Federación Española de Fútbol, a proposta do entón presidente do FC Barcelona, Josep Lluís Núñez, aprobou a creación dunha Supercopa que enfrontase anualmente aos campións de Liga e Copa[1].
Nos seus inicios o torneo disputábase a metade da tempada. A dificultade de atopar datas libres no calendario obrigou a suspender algunhas edicións, como en 1986 e 1987. Tampouco houbo final en 1984 e 1989, xa que o campión de Liga e da Copa nesas tempadas foi o mesmo equipo, adxudicándose o título automaticamente.
Para potenciar o torneo, a partir de 1994 a RFEF decidiu adiantar a Supercopa no calendario, situándoa entre o final da pretemporada e o inicio do campionato de Liga[2].
Así mesmo, en 1996 a Federación Española acordou que, no caso que un equipo lograse o dobrete, o título da Supercopa disputaríano o campión de Liga fronte ao subcampión de Copa. Esta situación produciuse en 1996, 1998 e 2009[3].
Historial [editar]
| Ano | Campión | Campión de... | Subcampión | Campión de... | Resultado | Incidencias |
| 2012 | Real Madrid | Liga | Barcelona | Copa | 3-2 / 2-1 | |
| 2011 | Barcelona | Liga | Real Madrid | Copa | 2-2 / 3-2 | |
| 2010 | Barcelona | Liga | Sevilla | Copa | 3-1 / 4-0 | |
| 2009 | Barcelona | Liga e copa | Athletic Club | --- | 1-2 / 3-0 | O Athletic xogou sendo subcampión de Copa. |
| 2008 | Real Madrid | Liga | Valencia | Copa | 3-2 / 4-2 | |
| 2007 | Sevilla | Copa | Real Madrid | Liga | 1-0 / 5-3 | |
| 2006 | Barcelona | Liga | Espanyol | Copa | 0-1 / 3-0 | |
| 2005 | Barcelona | Liga | Betis | Copa | 0-3 / 1-2 | |
| 2004 | Zaragoza | Copa | Valencia | Liga | 1-0 / 1-3 | |
| 2003 | Real Madrid | Liga | Mallorca | Copa | 2-1 / 3-0 | |
| 2002 | Deportivo da Coruña | Copa | Valencia | Liga | 3-0 / 1-0 | |
| 2001 | Real Madrid | Liga | Zaragoza | Copa | 1-1 / 3-0 | |
| 2000 | Deportivo da Coruña | Liga | Espanyol | Copa | 0-0 / 2-0 | |
| 1999 | Valencia | Copa | Barcelona | Liga | 1-0 / 3-3 | |
| 1998 | Mallorca | --- | Barcelona | Liga e Copa | 2-1 / 1-0 | O Mallorca xogou sendo subcampión de Copa. |
| 1997 | Real Madrid | Liga | Barcelona | Copa | 1-2 / 4-1 | |
| 1996 | Barcelona | --- | Atlético de Madrid | Liga e Copa | 5-2 / 1-3 | O Barcelona xogou sendo subcampión de Copa. |
| 1995 | Deportivo da Coruña | Copa | Real Madrid | Liga | 3-0 / 2-1 | |
| 1994 | Barcelona | Liga | Zaragoza | Copa | 0-2 / 4-5 | |
| 1993 | Real Madrid | Copa | Barcelona | Liga | 3-1 / 1-1 | |
| 1992 | Barcelona | Liga | Atlético de Madrid | Copa | 3-1 / 1-2 | A ida celebrouse no Camp Nou e a volta, no Estadio Vicente Calderón. |
| 1991 | Barcelona | Liga | Atlético de Madrid | Copa | 0-1 / 1-1 | |
| 1990 | Real Madrid | Liga | Barcelona | Copa | 1-0 / 4-1 | |
| 1989 | Real Madrid | Liga e Copa | O Real Madrid gañou tanto a Liga coma a Copa, polo que automaticamente adxudicouse a Supercopa. | |||
| 1988 | Real Madrid | Liga | Barcelona | Copa | 2-0 / 1-2 | A ida celebrouse no Estadio Santiago Bernabéu e a volta, no Camp Nou. |
| 1987 | Non se celebrou a Supercopa xa que ni o Real Madrid (campión de Liga) nin a Real Sociedad (campión de Copa) acordaron datas para celebrala. | |||||
| 1986 | Non se celebrou a Supercopa xa que nin o Real Madrid (campión de Liga) nin o Real Zaragoza (campión de Copa) acordaron datas para celebrala. | |||||
| 1985 | Atlético de Madrid | Copa | Barcelona | Liga | 3-1 / 0-1 | |
| 1984 | Athletic Club | Liga e Copa | O Athletic de Bilbao gañou tanto a Liga coma a Copa, polo que automaticamente adxudicouse a Supercopa. | |||
| 1983 | Barcelona | Copa | Athletic Club | Liga | 3-1 / 0-1 | |
| 1982 | Real Sociedad | Liga | Real Madrid | Copa | 0-1 / 4-0 | |
Palmarés [editar]
| Pos. | Equipo | Campión | Subcampión | Títulos (anos) |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Barcelona | 10 | 8 | 1983, 1991, 1992, 1994, 1996, 2005, 2006, 2009, 2010, 2011 |
| 2 | Real Madrid | 9 | 4 | 1988, 1989, 1990, 1993, 1997, 2001, 2003, 2008, 2012 |
| 3 | Deportivo | 3 | 0 | 1995, 2000, 2002 |
| 4 | Atlético de Madrid | 1 | 3 | 1985 |
| Valencia | 1 | 3 | 1999 | |
| 6 | Athletic Club | 1 | 2 | 1984 |
| Zaragoza | 1 | 2 | 2004 | |
| 8 | Mallorca | 1 | 1 | 1998 |
| Sevilla | 1 | 1 | 2007 | |
| 10 | Real Sociedad | 1 | 0 | 1982 |
| 11 | Espanyol | 0 | 2 | |
| 12 | Betis | 0 | 1 |