Copa do Rei de fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa do Rei de Fútbol de 1978

A Copa da súa Maxestade o Rei de Fútbol, comunmente coñecida como Copa do Rei ou simplemente A Copa, é un torneo futbolístico por eliminación directa que se disputa anualmente entre os mellores clubs de España. Organízaa a Real Federación Española de Fútbol e o actual campión é o Fútbol Club Barcelona.

Foi creada en 1903, a raíz do éxito da Copa da Coroación disputada un ano antes, sendo o torneo nacional de fútbol máis antigo de España. Aínda que a denominación histórica e xénerica da competición é a de Campionato de España, o título da competición modificouse ao longo dos anos en función do Xefe de Estado español, que é quen outorga o trofeo. Foi a Copa do Rei, entre 1903 e 1932, a Copa do Presidente da II República entre 1932 e 1936, a Copa da España Libre en 1937, o Trofeo do Xeneralísimo en 1939, a Copa do Xeneralísimo entre 1940 e 1976, e desde 1977 novamente Copa do Rei.

O actual campión da 109ª edición é o FC Barcelona, tras gañar na final ao Athletic Club por 3-0. O equipo con máis títulos é o FC Barcelona con 26 copas, seguido do Athletic Club, con 23.

Índice

[editar] Sistema de competición

Actualmente toman parte 83 equipos: todos os da Primeira e Segunda División, os cinco primeiros clasificados de cada grupo da Segunda B e os campións de Terceira, excluíndo os equipos filiais.

Na primeira eliminatoría participan os 42 clubs non profesionais, isto é, Segunda B e Terceira, que se emparellan por sorteo. As eliminatorias dispútanse a partido único. Na segunda rolda entran en liza os clubs de Segunda División. A partir da cuarta rolda, dezaseisavos de final, incorpóranse os clubs de Primeira e as eliminatorias pasan a ser a dobre partido (ida e volta) excepto a final, que se disputa a un partido en terreo neutral.

O campión de Copa obtén a clasificación para disputar a Liga de Europa da seguinte tempada (de 1961 ata 1999 participaba na Recopa de Europa). Ademais, disputa a Supercopa de España, enfrontándose ao campión da Liga española desa mesma tempada.

Ata a tempada 2004/2005 xogábase a partido único no campo do equipo máis débil ata oitavos de final. Oitavos de final, cuartos de final e semifinais xogábanse a partido dobre. A final disputábase a partido único nun terreo neutral. Con todo, na tempada 2005/2006, a Real Federación Española de Fútbol modificou este sistema en favor doutro que desatou gran polémica entre os clubs de divisións inferiores: os equipos de Segunda B enfróntanse entre eles, logo xogan contra os de Segunda, os gañadores compiten outra vez entre eles e logo incorpóranse os equipos de Primeira que non disputan competicións europeas. Os equipos participantes da Europa League ou a Liga de Campións non comezan ata oitavos de final. Foi na tempada 2006-2007 cando a Real Federación Española de Fútbol volveu modificar o sistema. Os clubs de Segunda B enfróntanse entre eles, logo xogan contra os de Segunda e, posteriormente, en dezaseisavos de final, xogan contra todos os conxuntos de Primeira, xoguen ou non competicións europeas.

[editar] Historia

Os xogadores do Athletic Club coa primeira Copa de España, en 1903.

O primeiro campionato de fútbol, a nivel nacional, disputado en España foi o Concurso Madrid, un torneo impulsado polos irmáns Carlos e Juan Padrós, ambos os fundadores do Madrid CF, que foi organizado por este club madrileño, en 1902, con motivo dos festexos da maioría de idade do rei Afonso XIII.

O éxito alcanzado por este torneo fixo que en 1903 Carlos Padrós decidise instaurar un Campionato de España, con carácter anual, que reunise aos mellores equipos do país. Para iso limitou a participación a un representante por provincia e conseguiu que o Rei Afonso XIII doase unha copa para o campión. O trofeo, segundo as bases, pasaría a ser propiedade do club que se proclamase campión tres anos consecutivos ou cinco alternos. O Madrid FC encargouse incialmente da organización e os partidos disputáronse, do mesmo xeito que no Concurso Madrid dun ano antes, no Hipódromo da Castellana. O torneo desenvolveuse como unha liguiña, na que tomaron parte tres clubs: Club Español de Barcelona, Madrid FC, Athletic Club de Bilbao, proclamándose este campión ao vencer no último e decisivo partido aos madrileños.

As dúas seguintes edicións foron organizadas pola Federación Madrileña -organismo que fora fundado por Carlos Padrós- aínda que a partir de 1906 o Madrid FC volveu tomar as rendas do torneo.

Logo de sete anos organizándose o torneo en Madrid, acordouse que a partir de 1909 -ano en que gañou o Club Ciclista- o equipo campión fose o organizador da seguinte edición. Ese mesmo 1909 creouse a Federación Española de Clubs de Foot-ball, a quen as bases do Campionato España ortorgaban o dereito a organizar o torneo unha vez constituída. A Real Sociedad -sucesora do Club Ciclista- que se consideraba lexitimada para organizar o campionato de 1910, non recoñeceu ao novo organismo federativo e, xunto con outros equipos disidentes, creou a Unión de Clubs de Football.

Este cisma propiciou que en 1910 disputásense dous torneos nacionais, o organizado polos equipos da Federación Española de Clubs e o da Unión de Clubs. Finalmente, en outubro dese ano ambas as faccións asinaron a paz: os clubs disidentes recoñeceron á Federación Española, que á súa vez daba oficialidade ao Campionato de España organizado pola Unión de Clubs.

Porén, as discrepancias entre as sociedades futbolísticas da época continuaron e tres anos máis tarde, producíase un novo cisma, cando o FC Barcelona e a Real Sociedad, entre outros equipos, déronse de baixa da Federación para refundar a Unión de Clubs. Novamente, en 1913 disputáronse dous campionatos de Copa, antes do acordo que permitiu a reunificación definitiva do fútbol español, coa constitución da Real Federación Española.

O novo organismo aprobou novas bases para o Campionato de España, para pór fin ás disputas que marcaran as últimas edicións do torneo. Acordouse, entre outras medidas, institucionalizar os campionatos organizados polas distintas federacións rexionais como unha fase previa a Copa do Rei. Dividiuse país en dez rexións, aínda que inicialmente só en catro (Galicia, Norte, Cataluña e Centro) xa existían federacións con campionatos rexionais en marcha.

O torneo foi crecendo a medida que se puñan en marcha novos campionatos rexionais por toda a xeografía española. Así mesmo, a partir de 1927 ampliouse a participación no torneo aos subcampións rexionais.

[editar] Historial de Finais

[editar] Copa do Rei (1977-)

Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
2011–2012 Barcelona Athletic Club 3-0 Vicente Calderón
2010–2011 Real Madrid Barcelona 1-0 Mestalla
2009–2010 Sevilla Atlético de Madrid 2-0 Camp Nou
2008-2009 Barcelona Athletic Club 4-1 Mestalla
2007-2008 Valencia Getafe 3-1 Vicente Calderón
2006-2007 Sevilla Getafe 1-0 Santiago Bernabéu
2005-2006 Espanyol Zaragoza 4-1 Santiago Bernabéu
2004-2005 Betis Osasuna 2-1 Vicente Calderón
2003-2004 Zaragoza Real Madrid 3-2 Lluís Companys
2002-2003 Mallorca Recreativo de Huelva 3-0 Martínez Valero
2001–2002 Deportivo da Coruña Real Madrid 2-1 Santiago Bernabéu
2000-2001 Zaragoza Celta de Vigo 3-1 La Cartuja
1999-2000 Espanyol Atlético de Madrid 2-1 Mestalla
1998-1999 Valencia Atlético de Madrid 3-0 La Cartuja
1997-1998 Barcelona Mallorca 1-1 Mestalla Penaltis (5-4)
1996-1997 Barcelona Betis 3-2 Santiago Bernabéu
1995-1996 Atlético de Madrid Barcelona 1-0 La Romareda
1994-1995 Deportivo da Coruña Valencia 2-1 Santiago Bernabéu
1993-1994 Zaragoza Celta de Vigo 0-0 Vicente Calderón Penaltis (5-4)
1992-1993 Real Madrid Zaragoza 2-0 Luis Casanova
1991-1992 Atlético de Madrid Real Madrid 2-0 Santiago Bernabéu
1990-1991 Atlético de Madrid Mallorca 1-0 Santiago Bernabéu
1989-1990 Barcelona Real Madrid 2-0 Luis Casanova
1988-1989 Real Madrid Valladolid 1-0 Vicente Calderón
1987-1988 Barcelona Real Sociedad 1-0 Santiago Bernabéu
1986-1987 Real Sociedad Atlético de Madrid 2-2 La Romareda Penaltis (4-2)
1985-1986 Zaragoza Barcelona 1-0 Vicente Calderón
1984-1985 Atlético de Madrid Athletic Club 2-1 Santiago Bernabéu
1983-1984 Athletic Club Barcelona 1-0 Santiago Bernabéu
1982-1983 Barcelona Real Madrid 2-1 La Romareda
1981-1982 Real Madrid Sporting de Gijón 2-1 José Zorrilla
1980-1981 Barcelona Sporting de Gijón 3-1 Vicente Calderón
1979-1980 Real Madrid Castilla 6-1 Santiago Bernabéu
1978-1979 Valencia Real Madrid 2-0 Vicente Calderón
1977-1978 Barcelona Las Palmas 3-1 Santiago Bernabéu
1976-1977 Betis Athletic Club 2-2 Vicente Calderón Penaltis (8-7)


[editar] Copa do Xeneralísimo

Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
1975-1976 Atlético de Madrid Zaragoza 1-0 Santiago Bernabéu
1974-1975 Real Madrid Atlético de Madrid 0-0 Vicente Calderón Penaltis (4-3)
1973-1974 Real Madrid Barcelona 4-0 Vicente Calderón
1972-1973 Athletic Club Castellón 2-0 Vicente Calderón
1971-1972 Atlético de Madrid Valencia 2-1 Santiago Bernabéu
1970-1971 Barcelona Valencia 4-3 Santiago Bernabéu
1969-1970 Real Madrid Valencia 3-1 Camp Nou
1968-1969 Athletic Club Elche 1-0 Santiago Bernabéu
1967-1968 Barcelona Real Madrid 1-0 Santiago Bernabéu
1966-1967 Valencia Athletic Club 2-1 Santiago Bernabéu
1965-1966 Zaragoza Athletic Club 2-0 Santiago Bernabéu
1964-1965 Atlético de Madrid Zaragoza 1-0 Santiago Bernabéu
1963-1964 Zaragoza Atlético de Madrid 2-1 Santiago Bernabéu
1962-1963 Barcelona Zaragoza 3-1 Camp Nou
1961-1962 Real Madrid Sevilla 2-1 Santiago Bernabéu
1960-1961 Atlético de Madrid Real Madrid 3-2 Santiago Bernabéu
1959-1960 Atlético de Madrid Real Madrid 3-1 Santiago Bernabéu
1958-1959 Barcelona Granada 4-1 Santiago Bernabéu
1957-1958 Athletic Club Real Madrid 2-0 Santiago Bernabéu
1956-1957 Barcelona Espanyol 1-0 Montjuïc
1955-1956 Athletic Club Atlético de Madrid 2-0 Santiago Bernabéu
1954-1955 Athletic Club Sevilla 1-0 Santiago Bernabéu
1953-1954 Valencia Barcelona 3-0 Nuevo Chamartín
1952-1953 Barcelona Athletic Club 2-1 Nuevo Chamartín
1951-1952 Barcelona Valencia 4-2 Nuevo Chamartín
1950-1951 Barcelona Real Sociedad 3-0 Nuevo Chamartín
1949-1950 Athletic Club Valladolid 4-1 Nuevo Chamartín
1948-1949 Valencia Athletic Club 1-0 Nuevo Chamartín
1947-1948 Sevilla Celta de Vigo 4-1 Nuevo Chamartín
1946-1947 Real Madrid Espanyol 2-0 Riazor
1945-1946 Real Madrid Valencia 3-1 Montjuïc
1944-1945 Athletic Club Valencia 3-2 Montjuïc
1943-1944 Athletic Club Valencia 2-0 Montjuïc
1942-1943 Athletic Club Real Madrid 1-0 Metropolitano
1941-1942 Barcelona Athletic Club 4-3 Chamartín
1940-1941 Valencia Espanyol 3-1 Chamartín
1939-1940 Espanyol Real Madrid 3-2 Vallecas
1938-1939[2] Sevilla Racing de Ferrol 6-2 Montjuïc


[editar] Copa da España Libre

Esta edición, disputada durante a Guerra civil española, foi declarada nula polo réxime franquista como o resto de competicións deportivas celebradas durante a guerra. Unha iniciativa parlamentaria para a rehabilitación destes títulos foi estudada en 2008 pola Real Federación Española de Fútbol pero foi rexeitada pola súa asemblea.

Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
1937[3] Levante Valencia 1-0 Sarriá


[editar] Trofeo Presidente da II República

Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
1935-1936 Real Madrid Barcelona 2-1 Mestalla
1934-1935 Sevilla Sabadell 3-0 Chamartín
1933-1934 Real Madrid Valencia 2-1 Montjuïc
1932-1933 Athletic Club Real Madrid 2-1 Montjuïc
1931-1932 Athletic Club Barcelona 1-0 Chamartín


[editar] Copa do Rei (1903-1931)

Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
1930-1931 Athletic Club Betis 3-1 Chamartín
1929-1930 Athletic Club Real Madrid 3-2 Montjuïc
1929 Espanyol Real Madrid 2-1 Mestalla
1928 Barcelona Real Sociedad 1-1 El Sardinero 1º partido de desempate (1-1)
2º partido de desempate (3-1)
1927 Real Unión Arenas de Getxo 1-0 Torrero
1926 Barcelona Atlético de Madrid 3-2 Mestalla
1925 Barcelona Arenas de Getxo 2-0 Reina Victoria
1924 Real Unión Real Madrid 1-0 Atocha
1923 Athletic Club Europa 1-0 Les Corts
1922 Barcelona Real Unión 5-1 Coia
1921 Athletic Club Atlético de Madrid 4-1 San Mamés
1920 Barcelona Athletic Club 2-0 El Molinón
1919 Arenas de Getxo Barcelona 5-2 Martínez Campos
1918 Real Unión Real Madrid 2-0 O'Donnell
1917 Real Madrid Arenas de Getxo 0-0 Muntaner 1º partido de desempate (2-1)
1916 Athletic Club Real Madrid 4-0 Muntaner
1915 Athletic Club Espanyol 5-0 Amute
1914 Athletic Club España 2-1 Costorbe
1913[4] Racing de Irún Athletic Club 2-2 O'Donnell 1º partido de desempate (1-0)
1913 Barcelona Real Sociedad 2-2 La Industria 1º partido de desempate (0-0)
2º partido de desempate (2-1)
1912 Barcelona Gimnástica de Madrid 2-0 La Industria
1911 Athletic Club Espanyol 3-1 Jolaseta
1910 Barcelona Español de Madrid 3-2 Tiro de Pichón
1910[5] Athletic Club Basconia 1-0 Ondarreta
1909 Club Ciclista Español de Madrid 3-1 Narváez
1908 Real Madrid Vigo Sporting 2-1 Narváez
1907 Real Madrid Bizcaya 1-0 Hipódromo
1906 Real Madrid Athletic Club 4-1 Hipódromo
1905 Real Madrid Athletic Club 1-0 Retiro
1904 Athletic Club --- --- Retiro Non houbo final[6]
1903 Athletic Club Real Madrid 3-2 Hipódromo


[editar] Copa da Coroación

Aínda que a Real Federación Española de Fútbol non recoñece a Copa da Coroación no palmarés da Copa do Rei, moitas veces é considerada a primeira edición do torneo e mesmo o Athletic Club considéraa o primeiro título de Copa da súa historia.

Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
1902 Bizcaya Barcelona 2-1 Hipódromo


[editar] Palmarés

O FC Barcelona é o líder en canto a palmarés desta competicion, aínda que é certo que o Athletic Club de Bilbao foi o que máis tempo encabezou esta clasificación, e o Real Madrid o que máis finais disputou. Casualmente estes tres equipos son tamén os únicos que non descenderon nunca de categoría permanecendo sempre en Primeira división.

Pos. Equipo Campión Subcampión Títulos (anos)
1 Barcelona 26 9 1910, 1912, 1913, 1920, 1922, 1925, 1926, 1928, 1942, 1951,
1952, 1953, 1957, 1959, 1963, 1968, 1971, 1978, 1981, 1983,
1988, 1990, 1997, 1998, 2009, 2012
2 Athletic Club 23 13 1903, 1904, 1910, 1911, 1914, 1915, 1916, 1921, 1923, 1930,
1931, 1932, 1933, 1943, 1944, 1945, 1950, 1955, 1956, 1958,
1969, 1973, 1984
3 Real Madrid 18 19 1905, 1906, 1907, 1908, 1917, 1934, 1936, 1946, 1947, 1962,
1970, 1974, 1975, 1980, 1982, 1989, 1993, 2011
4 Atlético de Madrid 9 9 1960, 1961, 1965, 1972, 1976, 1985, 1991, 1992, 1996
5 Valencia 7 11 1941, 1949, 1954, 1967, 1979, 1999, 2008
6 Zaragoza 6 5 1964, 1966, 1986, 1994, 2001, 2004
7 Sevilla 5 2 1935, 1939, 1948, 2007, 2010
8 Espanyol 4 5 1929, 1940, 2000, 2006
9 Real Unión1 4 1 1913, 1918, 1924, 1927
10 Real Sociedad2 2 5 1909, 1987
11 Betis 2 2 1977, 2005
12 Deportivo da Coruña 2 0 1995, 2002
13 Arenas de Getxo 1 3 1919
14 Mallorca 1 2 2003
15 Levante 1 0 1937
16 Celta de Vigo 0 3
17 Español de Madrid 0 2
Sporting de Gijón 0 2
Valladolid 0 2
Getafe 0 2
21 Sabadell 0 1
Bizcaya 0 1
Castellón 0 1
Castilla 0 1
Elche 0 1
España 0 1
Europa 0 1
Gimnástica de Madrid 0 1
Granada 0 1
Las Palmas 0 1
Osasuna 0 1
Racing de Ferrol 0 1
Recreativo de Huelva 0 1
Vigo Sporting 0 1


(1). Inclúe os datos do Racing Club de Irún. (2). Inclúe os datos do Club Ciclista de San Sebastián.

[editar] Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Neste apartado indicanse os resultados dos partidos de desempate (cando se disputaban) ou das tandas de penaltis.
  2. A Copa tivo que interromperse durante os anos que durou a Guerra Civil española. Ao caer a república, a Copa cambiou o seu nome polo de "Copa do Xeneralísimo".
  3. No ano 1937 os equipos da zona republicana disputaron a Liga Mediterránea, gañada polo Fútbol Club Barcelona e os mellores clasificados disputaron a Copa, chamada da España Libre.
  4. Tanto a segunda competición de 1910 como a de 1913 foron competicións paralelas á oficial, é dicir, a organizada pola Real Federación Española de Fútbol. En ambos torneos participaron exclusivamente os equipos da Unión Española de Clubes.
  5. Tanto a segunda competición de 1910 como a de 1913 foron competicións paralelas á oficial, é dicir, a organizada pola Real Federación Española de Fútbol. En ambos torneos participaron exclusivamente os equipos da Unión Española de Clubes.
  6. En 1904, o Athletic Club de Bilbao proclamouse campión debido, en primeiro lugar, a que o Espanyol de Barcelona non se presentou en semifinais, pasando directamente á final, e en segundo lugar, a que tras varios problemas entre o Real Madrid, o Español de Madrid e o Moncloa, o Athletic víuse sen rival na final.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas