Julio Corcuera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corcuera
Información persoal
Nome Julio Corcuera Rabadán
Nacemento 20 de marzo de 1926
Lugar de nacemento Rosario
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1944–1946 Tiro Federal
1947–1949 Argentino
1950–1955 Deportivo da Coruña 90 (29)
1955–1956 Xerez 27 (18)
1956–1957 Jaén 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Julio Corcuera Rabadán, nado en Rosario o 20 de marzo de 1926 e finado en maio de 2012, foi un futbolista arxentino.

Xogaba de dianteiro e formou xunto a Oswaldo, Franco, Tino e Moll a Orquestra Canaro, a mítica dianteira da primeira época dourada do Deportivo da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de dous españois, de Burgos e Valladolid. Xogou en Rosario nos equipos Tiro Federal e Argentino, anotando na súa última tempada no segundo deles, 10 goles en 18 partidos.[1] Chegou a Galicia o 10 de agosto de 1950, xunto ao tamén rosarino Oswaldo García para xogar no Deportivo da Coruña, que viña de ser subcampión de liga na tempada anterior.[1] Xogou cinco anos no club coruñés e formou parte da mítica Orquestra Canaro, a dianteira formada por Oswaldo, Franco, Tino, Moll e o propio Corcuera.[2][3] Tras xogar cinco anos no equipo branquiazul, nos que marcou 29 goles, fichou polo Xerez, de Segunda División, co que anotou 18 goles en 27 partidos. Na tempada 1956/57 volveu á Primeira División no Real Jaén, co que só disputou tres partidos, pois en novembro de 1957 deixou o fútbol e regresou ao seu país para rexentar xunto a seu irmán un negocio de destilería de alcohol.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Oswaldo, Corcuera y Moll, en La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de agosto de 1950. p. 5. 
  2. Leirachá, Vicente (6 de outubro de 2011). "Para goleadas, la Orquesta Canaro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  3. Fernández Caamaño, J.M. "La mítica Orquesta Canaro". El Ideal Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2020. 
  4. "Corcuera regresa a la Argentina". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 1957. p. 5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]