Alfredo Santaelena
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Alfredo Santaelena Aguado | ||
| Nacemento | 13 de outubro de 1967 (45 anos) | ||
| Lugar | Madrid, España | ||
| Altura | 1,69 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Atlético B (adestrador) | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1987–1988 | Pegaso | ||
| 1988–1989 | Getafe | ||
| 1989–1993 | Atlético de Madrid | 101 | (4) |
| 1993–1997 | Deportivo da Coruña | 104 | (3) |
| 1997–2000 | Sevilla | 25 | (0) |
| 2001–2002 | Getafe | ||
| 2002–2003 | Tres Cantos Pegaso | ||
| Selección nacional | |||
| 1990 | España sub-21 | 2 | (0) |
| Adestrador | |||
| 2003–2006 | Tres Cantos Pegaso | ||
| 2006–2007 | Cobeña | ||
| 2007–2008 | Ciempozuelos | ||
| 2009 | Ibiza-Eivissa | ||
| 2009–2010 | Marbella | ||
| 2010–2011 | Alcobendas Sport | ||
| 2011–2012 | Atlético C | ||
| 2012– | Atlético B | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Alfredo Santaelena Aguado, nado o 13 de outubro de 1967 en Madrid, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista e actualmente adestra o Atlético de Madrid B.
Índice |
Traxectoria [editar]
Como adestrador [editar]
Alfredo iniciou a súa carreira como entrenador en 2003 no mesmo club onde comezou como xogador, o Pegaso Tres Cantos. Alí permaneceu durante 3 tempadas, e na campaña 2003–04 estivo a piques de ascender ao equipo a Segunda División B. Sen embargo, e a pesar de que o seu equipo permeneceu invicto na fase final, o dobre valor dos goles fóra de casa provocou que caese eliminado no partido final ante o Marino de Luanco (2–2).
Despois da etapa no Pegaso, foi contratado polo Cobeña en Terceira División e conseguiu o ascenso fronte ao Deportivo da Coruña B, nunha final na que o Cobeña quedouse con 9 xogadores durante 25 minutos. A tempada seguinte continuou á fronte do Cobeña en Segunda B, pero non puido evitar o descenso a Terceira tras quedar en décimo oitavo lugar. Na tempada 2007–08 dirixiu ao Ciempozuelos, quedando campións do grupo VII de Terceira División, sen lograr o ascenso ao perder no último partido da eliminatoria.
O 14 de xaneiro de 2009 foi nomeado adestrador do Ibiza-Eivissa. Desde 2010 é o adestrador do Marbella.
Palmarés [editar]
- Atlético de Madrid
- Copa do Rei: 1990–91, 1991–92
- Deportivo