Camp Nou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°22′51.20″N 2°7′22.19″E / 41.380889°N 2.1228306°E / 41.380889; 2.1228306

Camp Nou
Barcelona 296.JPG
Datos
Localización Barcelona, España
Arquitecto Francesc Mitjans
Josep Soteras
Lorenzo García-Barbón
Custo 288.000.000 ptas
Inauguración 24 de setembro de 1957
Superficie Céspede
Capacidade 98.600 espectadores
Dimensións 107 x 72 m m
Localía Futbol Club Barcelona
Eventos

O Camp Nou é un estadio de fútbol situado na cidade de Barcelona. É o estadio do Futbol Club Barcelona. Inaugurouse o 24 de setembro de 1957 e ten unha capacidade de 98.787 espectadores. Ten a máxima cualificación (5 estrelas) que a FIFA pode atorgar a un estadio. O Camp Nou é actualmente o estadio con máis capacidade de Europa.

Índice

[editar] Historia

O Camp Nou foi inaugurado o 24 de setembro de 1957. Foi creado polo ex dono do barcelona Joan Gamper. Organizáronse unha serie de actos conmemorativos e un partido de fútbol amigable entre o FC Barcelona e a Selección de Varsovia (Legia Warszawa), que concluíu con vitoria do conxunto local por 4-2. O primeiro gol do partido e, xa que logo, o primeiro gol na historia do Camp Nou marcouno o barcelonista Eulogio Martínez.

O primeiro partido oficial que acolleu o Camp Nou tivo lugar o 6 de outubro de 1957 e enfrontou ao FC Barcelona e ao Real Jaén, en partido correspondente á cuarta xornada da Liga española de fútbol. O resultado foi de 6-1 a favor dos locais.

Vista exterior do estadio

O Camp Nou foi obxecto de diversas remodelacións. A primeira tivo lugar en 1981, na que se ampliou o estadio con vistas á Copa Mundial de Fútbol de 1982 que se disputou en España. O aforamento do estadio situouse entón en 120.000 espectadores. A segunda remodelación tivo lugar en 1994, para adecualo ás normativas da UEFA, que obriga a que todas as localidades sexan de asento. Iso obrigou a rebaixar o nivel do céspede para que, coa desaparición das zonas do montón, o estadio perdese o menor número de localidades posible. O aforamento situouse nas actuais 98.934 localidades, todas de asento.

En setembro de 2007, coincidindo co 50 aniversario da inauguración, o club puxo en marcha o proxecto de remodelación máis importante da súa historia para poder afrontar as necesidades actuais. Esta remodelación aumentará o seu número de localidades ata máis de 113.000.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas