Fernando Vázquez
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Fernando Vázquez Pena | ||
| Nacemento | 24 de outubro de 1954 (57 anos) | ||
| Lugar | O Pino, Galicia | ||
| Posición | Defensa | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| Arzún | |||
| Negreira | |||
| Sporting Lampón | |||
| Adestrador | |||
| Loixo | |||
| Campo Rapado | |||
| 1986–1991 | Lalín | ||
| 1991–1994 | Racing de Ferrol | ||
| 1994–1995 | Lugo | ||
| 1995–1998 | Compostela | ||
| 1998–1999 | Oviedo | ||
| 1999–2000 | Mallorca | ||
| 2000–2001 | Betis | ||
| 2001–2002 | Las Palmas | ||
| 2002–2003 | Rayo Vallecano | ||
| 2003–2004 | Valladolid | ||
| 2004–2007 | Celta de Vigo | ||
| 2005–2008 | Galicia | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles) | |||
Fernando Vázquez Pena, nado en Castrofeito (O Pino) o 24 de outubro de 1954, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol galego.
[editar] Traxectoria
Fillo de familia numerosa, foi a el a quen lle tocou estudar, e así foi como acabou de mestre de inglés en Arzúa. Unha vez alí, comezou a colaborar moi activamente nas escolas deportivas de fútbol e logo, xa coma adestrador profesional, subiu dende rexional ata Segunda B ao Lalín. Adestrou diversos equipos (como se pode observar na traxectoria). Destacan, como maiores logros, os devanditos ascensos do Lalín, o subcampionato de inverno co S.D. Compostela (95-96) e o ascenso co Celta de Vigo na tempada 2004-05. É un dos adestradores da Selección Galega de Fútbol, xunto con Arsenio Iglesias.