Reial Club Deportiu Espanyol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espanyol
Nome Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona, S.A.D.
Alcume(s) Periquitos
Fundación 28 de outubro de 1900 (112 anos)
Estadio Estadi Cornellà-El Prat,
Cornellà/El Prat, España
Inauguración 2009
Capacidade 40.500
Presidente Flag of Catalonia.svg Ramon Condal
Adestrador Flag of Mexico.svg Javier Aguirre
Liga Primeira División
2012–13 13º
Vestimenta Puma
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona S.A.D., coñecido como Espanyol, é un club de fútbol español da cidade de Barcelona, en Cataluña. Actualmente xoga na Primeira División Española.

Foi fundado en 1900 por un grupo de universitarios cataláns cuxo presidente foi Don Angel Rodríguez Ruiz. Naceu baixo o nome de Sociedade Española de Football debido a que todos as súas componenetes eran cataláns ou do resto de España, en contraposición con algúns equipos formados na súa maioría por estranxeiros como o FC Barcelona.

O club xogou 78 tempadas en Primeira e 4 en Segunda División, a última en 1994. Entre os seus títulos figuran catro Copas do Rei e tamén foi subcampión da Copa da UEFA en dúas ocasións.

Índice

Uniforme[editar]

  • Uniforme titular: Camiseta a franxas grosas brancas e azuis, pantalón azul e medias brancas cunha franxa azul.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra cunha franxa horizontal gris, pantalón negro e medias negras con raias grises.

Estadio[editar]

Artigo principal: Estadio Cornellà-El Prat.

Actualmente o club xoga os seus partidos no Estadio Cornellà-El Prat. Antes de usar estas instalacións xogou de aluguer no Olímpic Lluís Companys e antes o seu campo foi o de Sarrià ata 1997.

O club xogou o 31 de maio de 2009 o seu último encontro no Estadi Olímpic Lluís Companys, alugado polo Concello de Barcelona. O novo estadio inaugurouse o 2 de agosto de 2009. O Estadi Cornellà-El Prat é un dos máis modernos de Europa. Unha das súas características é o feito de que todos os afeccionados (40.500 prazas) están cubertos, só nas esquinas hai un pequeno sector de público que non o está. Este estadio ten a cualificación de estadio UEFA de 6 estrelas.

Datos do club[editar]

Xogadores[editar]

Cadro actual[editar]

Actualizado a 27 de xullo de 2012.

Posto País Xogador
1 POR Flag of Argentina.svg Cristian Álvarez
2 DEF Flag of Brazil.svg Felipe Mattioni
3 DEF España Raúl Rodríguez
4 MED España Víctor Sánchez
5 MED España Sergio Tejera
6 DEF Flag of Argentina.svg Juan Forlín
7 MED España Raúl Baena
8 DIA Flag of Uruguay.svg Christian Stuani
9 DIA España Sergio García
10 MED España Joan Verdú
11 DIA Flag of Portugal.svg Rui Fonte
12 DIA Italia Samuele Longo
Posto País Xogador
13 POR España Kiko Casilla
14 DEF España Ernesto Galán
15 DEF Flag of Mexico.svg Héctor Moreno
16 MED España Javi López
17 MED Flag of Uruguay.svg Juan Albín
18 DEF España Joan Capdevila
19 DEF Flag of Argentina.svg Diego Colotto
20 MED Flag of Portugal.svg Simão Sabrosa
22 MED Flag of Ghana.svg Wakaso Mubarak
23 MED España Cristian Gómez
24 MED España Christian Alfonso
27 DEF España Víctor Álvarez
  • Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do RCD Espanyol B e como talles, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.

Palmarés[editar]

Torneos rexionais[editar]

Torneos nacionais[editar]

Torneos internacionais[editar]

Torneos amigables[editar]

Filial[editar]

Artigo principal: Reial Club Deportiu Espanyol B.

O equipo filial do Espanyol é o Reial Club Deportiu Espanyol B, fundado en 1981 e que actualmente xoga na Segunda División B.

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]