Club de Rugby Arquitectura Técnica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CRAT UDC
NomeClub de Rugby Arquitectura Técnica
Alcume(s)Aparelladores, cratarians
Fundación1976
SedeA Coruña, Galiza
Estadio(s)Complexo Deportivo Acea de Ama
Capacidade? espectadores
PresidenteAlfredo López
AdestradorJosean Portos e Jorge Martínez-Morás
(primeiro equipo masculino)
Rogelio Savio e Evaristo Martínez
(primeiro equipo feminino)
CapitánMauro Álvarez (homes)
Elena Roca (mulleres)
Anotador?
Ensaios?
Liga(s)División de Honra B (homes)
División de Honra (mulleres)
2014/156º (homes)
1º (mulleres)
Casa
Fóra
Na rede
http://www.cratcoruna.com

O Club de Rugby Arquitectura Técnica, popularmente chamado polo seu acrónimo CRAT, é un club de rugby da cidade da Coruña, fundado en 1976, que xoga os seus encontros como local no campo de rugby do Complexo Deportivo de Acea de Ama, en Culleredo. Por mor do convenio de colaboración que o club ten asinado coa Universidade da Coruña, tódolos seus equipos compiten baixo a denominación CRAT UDC.

O primeiro equipo sénior masculino compite na División de Honra B, a segunda división do rugby español. Pola súa banda, o primeiro equipo sénior feminino compite na División de Honra feminina, acadando dous títulos de liga nas tempadas 2014/15 e 2018/19.

Historia[editar | editar a fonte]

O C. R. A. T. foi fundado en outubro de 1976 por Ignacio Lobón Tovar e un grupo de estudantes pertencentes na súa maioría á Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña para participar na Liga Universitaria de Rugby.

En novembro de 1976 o C. R. A. T. disputou en Santiago de Compostela o seu primeiro encontro contra o equipo de Medicina, perdendo por 25-4. O 24 de decembro de 1979 o C. R. A. T. xogou o seu primeiro partido como local na Coruña, no campo da Granxa, gañando por 4-0 ao equipo de Medicina de Santiago.

Durante a tempada 1980-81, o C. R. A. T. chegou á Fase Final Nacional Universitaria celebrada en maio de 1981 en Granada logo de quedar campión da Liga Universitaria Galega e da Fase Sector celebrada en Oviedo durante os meses de abril e maio.

O 6 de xullo de 1983 constituíuse formalmente a primeira Xunta Directiva do Club, presidida por Maximino Casares Ozores.

Logo de dez tempadas xogando regularmente os play-offs de ascenso á División de Honra B, na tempada 2011-12 materializábase o ascenso á división de prata tras desfacerse do Barcelona Universitari Club na eliminatoria disputada a dobre partido ao gañar en Barcelona (10-13) e perder na Coruña (19-20).

Palmarés[editar | editar a fonte]

Traxectoria do primeiro equipo sénior masculino nas distintas competicións ligueiras e na Copa Xunta dende finais dos anos 80 [1]
Categoría 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88
Div.Honra
Div.Honra B Disputándose
1ª Nacional 11º
1ª Galega
2ª Galega
Copa Xunta Disputándose 2 1 2 2 2 2 2 2 1 2 2 1 1 1 2 1 1 1

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A 2ª Galega non existiu entre as tempadas 2006/07 e 2011/12. Actualizado o 30 de novembro de 2012.

Competicións copeiras[editar | editar a fonte]

CRAT feminino, 2023-2024.
1ª posición: 1996/97, 1998/99
2ª posición: -
1ª posición: 1987/88, 1991/92, 1993/94, 1996/97, 1999/00, 2000/01, 2004/05, 2013/14
2ª posición: 1994/95, 2002/03, 2003/04, 2005/06, 2006/07, 2008/09, 2009/10, 2010/11, 2011/12, 2014/15

Competicións ligueiras[editar | editar a fonte]

Xogadores de CRAT e Vigo RC, xuntos coa Copa Xunta trala final 2012.
Mellor posición: 5º, en 2013/14.
Mellor posición: 1º, en 2004/05, 2005/06, 2006/07, 2009/10, 2010/11 e 2011/12.
Mellor posición: 4º, en 1983/84.
Mellor posición: 1º, en 1992/93.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

Táboa da LGR 2019-2020
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 Ferrol 60 12 12 0 0 12 0
2 Ingleses 54 12 11 0 1 10 0
3 CRAT 43 12 9 0 3 7 0
4 Lalín 41 12 8 1 3 6 1
5 Pontevedra 40 12 9 0 3 4 0
6 Muralla 31 12 6 0 6 5 2
7 Vigo B 29 12 6 0 6 5 0
8 Mareantes 22 12 5 0 7 2 0
9 Zalaeta 21 12 4 1 7 3 0
10 Ourense B 15 12 3 0 9 1 2
11 Santiago 12 12 2 0 10 1 3
12 Barbanza 10 12 2 0 10 0 2
13 Fendetestas 2 12 0 0 12 0 2

Logros[editar | editar a fonte]

Encontro contra o Vigo RC no 2012

Categoría Sénior[editar | editar a fonte]

  • 4 Campionatos Liga Primeira Nacional Grupo A (2005, 2006, 2007 e 2010)
  • 4 Subcampionatos Liga Primeira Nacional Grupo A (1996, 1998, 2003 e 2008)
  • 2 Copas Federación Española F.E.R. (1997 e 1999)
  • Terceiro Posto Fase Ascenso a División de Honra (1998)
  • Clasificación Copa do Rei (2001)
  • 9 veces MELLOR CLUB GALEGO (1991, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999 e 2001), galardón outorgado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia).
  • 2 Campionatos Liga Galega 1ª División (1990 e 1992)
  • 1 Subcampionato Liga Galega 1ª División (1993)
  • 7 Copas Xunta de Galicia (1988, 1992, 1994, 1997, 2000, 2001 e 2005)
  • 5 Subcampionatos Copa Xunta de Galicia (1995, 2003, 2004, 2006 e 2007)
  • 1 Campionato Liga Galega 2ª División (2005)
  • 3 Fases de Ascenso a Primeira Nacional (1990, 1992 e 1993)
  • 6 Fases de Ascenso a División de Honra B (2003, 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008)
  • 1 Campionato Liga Universitaria (1981)
  • 4 Subcampionatos Liga Universitaria (1977, 1978, 1979 e 1980)

Categoría Xuvenil[editar | editar a fonte]

  • 8 Campionatos Liga Galega (1990, 1992, 1994, 1995, 1996, 1999, 2003 e 2007)
  • 6 Subcampionatos Liga Galega (1991, 2000, 2004, 2005, 2006 e 2008)
  • 3 Copa Xunta de Galicia (1992, 1995 e 2007)
  • 5 Subcampionatos Copa Xunta de Galicia (1989, 1991, 2000, 2006 e 2008)
  • 8 Participacións en Campionatos de España (1990, 1994, 1995, 1996, 1999, 2000, 2003 e 2004)

Categoría Cadete[editar | editar a fonte]

  • 5 Campionatos Liga Galega (1989, 1990, 1991, 1992 e 2006)
  • 5 Copa Xunta de Galicia (1990, 1991, 1992, 2006 e 2007)
  • 5 Subcampionatos Copa Xunta de Galicia (1989, 1991, 2000, 2006 e 2008)
  • 5 Participacións nos Campionatos de España (1989, 1990, 1991, 1992 e 2006)

Categoría Infantil[editar | editar a fonte]

  • 3 Campionatos Liga Galega (1990, 1991 e 1992)
  • 2 Copa Xunta de Galicia (1990 e 1992)
  • 4 Participacións en Campionatos de España (1988, 1990, 1991 e 1992)

Categoría Preinfantil[editar | editar a fonte]

  • 4 Campionatos Liga Galega (1989, 1990, 1991 e 1992)
  • 3 Copa Xunta de Galicia (1989, 1990 e 1992)
  • 3 Participacións en Campionatos de España (1988, 1990, 1991 e 1992)

Categoría Feminina[editar | editar a fonte]

  • 1 Campionato Liga Galega (1995)
  • 1 Subcampionato Liga Galega (1994)
  • 1 Copa Xunta de Galicia (1995)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]