Parc des Princes
Coordenadas: 48°50′29″N 2°15′11″E / 48.84139°N 2.25306°E
| Datos | |
|---|---|
| Localización | París, Francia |
| Custo | 90 millóns de francos |
| Inauguración | 1897 |
| Renovación | 1972 |
| Superficie | Céspede |
| Capacidade | 48.500 |
| Localía | Paris Saint-Germain FC |
| Eventos | |
O Parque dos Príncipes de París é un estadio de fútbol con capacidade para 48.500 persoas no que xoga como local o París Saint-Germain dende 1974.
Neste estadio xogáronse as finais da Copa de Europa de fútbol dos anos 1956, 1975 e 1981, e a final da Copa de Europa de rugby do ano 2001. Tamén foi varias veces a meta final do Tour de Francia antes de 1972.
Ata a construción do Stade de France, inaugurado en 1998, o Parque dos Príncipes foi o estadio nacional das seleccións francesas de fútbol e rugby.
A selección de fútbol de Francia xogou 127 partidos nel, dende 1906 ata 2007.
A selección de rugby de Francia xogou 74 partidos nel entre 1906 e 1997, 59 deles pertencentes ó Torneo das Seis Nacións.