José Luis Fidalgo Veloso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Veloso
Información persoal
Nome José Luis Fidalgo Veloso
Nacemento 23 de marzo de 1937
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Falecemento 13 de novembro de 2019
Altura 167 centímetros
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Águilas de Carretas
1953–1955 Eiriña
1955 Basquiños
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1955–1957 Club Santiago
1957–1958 Club Turista
1958–1965 Deportivo da Coruña 185 (95)
1965–1969 Real Madrid 32 (15)
1969–1970 Ourense 26 (5)
1970–1972 Rayo Vallecano 37 (6)
1972–1973 Compostela
Selección nacional
1962–1963 España 4 (3)
Na rede
UEFA: 38158 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Luis Fidalgo Veloso, coñecido simplemente como Veloso, nado en Santiago de Compostela o 23 de marzo de 1937 e finado o 13 de novembro de 2019, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Foi un dos futbolistas máis destacados da historia do fútbol galego, destacando principalmente no Deportivo da Coruña, onde formou unha gran dupla goleadora con Amancio, ocupando na actualidade o terceiro lugar na táboa de máximos anotadores da historia do club, con 106 goles en 211 partidos. O seu rendemento na Coruña fixo que o fichase o Real Madrid de Miguel Muñoz, co que gañou tres ligas consecutivas e a Copa de Europa 1966/67. Posteriormente pasou polo Ourense e o Rayo Vallecano, retirándose finalmente no Compostela da súa cidade natal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios (1937-1958)[editar | editar a fonte]

Naceu na compostelá rúa de Entrerríos a poucos metros do vello campo de Santa Isabel, no que seu tío traballaba de conserxe, polo que tiña acceso ao campo e ao uso dos balóns, e aínda que pretendía ser ciclista acabou por decantarse polo fútbol.[1]

Comezou no Águilas de Carretas,[2][3] pasando logo a destacar no tamén santiagués Eiriña, e xa con 15 anos foi elixido nunha selección santiaguesa para enfrontarse a seleccións doutras cidades galegas.[4] Pasou logo polo Basquiños e polo Club Santiago,[5][6] no que xogou dende 1955, debutando en Terceira División cunha ficha doutro xogador pois non tiña a idade necesaria.[1] En agosto de 1957 fichou polo Club Turista de Vigo, no que xogou unha tempada.[7]

Esplendor no Deportivo da Coruña (1958-1965)[editar | editar a fonte]

No verán de 1958 foi contratado polo Deportivo da Coruña, e xunto a el chegaron Amancio, Sobrín, Collar e Gelucho entre outros.[8] Debutou na Segunda División na xornada 2 fronte ao Girona, marcando o único gol do Deportivo, que perdeu ese partido por 3-1. Disputou 34 partidos esa tempada, marcando 12 goles.

Durante os seus primeiros catro anos no Deportivo formou unha gran dupla goleadora con Amancio,[9] anotando entre os dous 135 goles. Na terceira desas tempadas, a 1960/61, Veloso foi o máximo goleador da Segunda División, con 26 goles en só 24 partidos, mentres que anotou 16 ao ano seguinte, na tempada en que o equipo logrou o ascenso á Primeira División cinco anos despois.

Despois da marcha de Amancio ao Real Madrid no verán de 1962, Veloso xogou aínda tres anos máis no Deportivo, antes de tomar o mesmo camiño que o coruñés, fichando polo club branco en xullo de 1965.[10] Nos seus sete anos na Coruña xogou 211 partidos e marcou 106 goles, sendo no momento da súa marcha o máximo anotador da historia do club.

Etapa no Real Madrid (1965-1969)[editar | editar a fonte]

O prezo do seu traspaso ao Real Madrid foi de seis millóns de pesetas, máis os xogadores Santos e Gullón que pasaron a ser do Deportivo.[11] Xunto a Veloso chegou ao Real Madrid o tamén deportivista Jaime Blanco.[12] Debutou co Real Madrid na primeira xornada da tempada 1965/66 fronte ao Sabadell e marcou os seus dous primeiros goles na súa seguinte aparición en liga fronte ao Sevilla. Debutou en competición europea o 9 de marzo de 1966 fronte ao Anderlecht na Copa de Europa, competición que o equipo acabou gañando ao final da tempada.

A súa mellor tempada no club branco foi a segunda (1966/67), na que marcou 11 goles en 20 partidos. Entre os seus goles no Madrid destacaron o que marcou no clásico fronte ao Barcelona no Bernabéu en 1966 (1-0) e o que anotou na Copa de Europa 1967/68 na prórroga fronte ao Ajax de Johan Cruyff, eliminando ao club neerlandés.[13]

Non conseguiu facerse coa titularidade nos seus catro anos no Real Madrid, nun equipo con dianteiros como Gento, Amancio, Grosso e Puskás, pechando a súa etapa como madridista con 41 partidos xogados, 20 goles anotados, 3 títulos de liga e unha Copa de Europa.

Ourense, Raio, Compostela e retirada (1969-1973)[editar | editar a fonte]

En 1969 fichou polo Ourense, de Segunda División, co que xogou unha tempada, anotando cinco goles.[14] Na tempada seguinte volveu a Madrid para fichar polo Rayo Vallecano, co que xogou dúas tempadas en Segunda, xogando 43 partidos e marcando 7 goles.[15] En outubro de 1972 regresou a Santiago de Compostela, fichando polo Compostela, no que xogou unha tempada ata a súa retirada do fútbol.[16]

Despois de deixar o fútbol rexentou un restaurante en Madrid.[17] Faleceu o 13 de novembro de 2019 aos 82 anos de idade.[11]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española en catro ocasións e anotou tres goles.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo
Real Madrid

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Veloso: el santiagués que voló en el Dépor y reinó con el Madrid". El Correo Gallego (en castelán). 17 de novembro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2020. 
  2. González et al. 2019, p. 22.
  3. "Fútbol en Órdenes". El Correo Gallego (en castelán). 9 de xaneiro de 1953. p. 4. Consultado o 2 de novembro de 2020. 
  4. "Preparativos para formar la selección de Clubs Modestos de Santiago". La Noche (en castelán). 21 de marzo de 1953. p. 3. Consultado o 1 de novembro de 2020. 
  5. "Victoria-Basquiños, en uno de los más trascendentales choques". El Correo Gallego (en castelán). 1 de decembro de 1955. p. 7. Consultado o 2 de novembro de 2020. 
  6. "Veloso se muestra optimista ante el partido de Ares, frente al Numancia". La Noche (en castelán). 8 de decembro de 1955. p. 6. Consultado o 1 de novembro de 2020. 
  7. "El Turista ante la campaña liguera". La Noche (en castelán). 31 de agosto de 1957. p. 3. Consultado o 30 de outubro de 2020. 
  8. "De momento han sido fichados Ernesto Pons, Veloso y Geluco". La Noche (en castelán). 1 de xullo de 1958. p. 6. Consultado o 30 de outubro de 2020. 
  9. "Fallece Veloso, uno de los grandes goleadores de la historia del Dépor". La Opinión A Coruña (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 1 de novembro de 2020. 
  10. "Veloso fichó por el Real Madrid". El Progreso (en castelán). 18 de xullo de 1965. p. 6. Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  11. 11,0 11,1 "Veloso, un dos máximos goleadores da historia do Deportivo, falece aos 82 anos". Real Club Deportivo da Coruña. 13 de novembro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2020. 
  12. "Veloso y Jaime Blanco, al Real Madrid". La Noche (en castelán). 17 de xullo de 1965. p. 8. Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  13. Martín, Agustín (13 de novembro de 2019). "Falleció Veloso, el goleador que eliminó al Ajax de Cruyff". As (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2020. 
  14. "Veloso fichó por el Orense". El Pueblo Gallego (en castelán). 1 de outubro de 1969. p. 16. Consultado o 1 de novembro de 2020. 
  15. "Veloso, es del Rayo Vallecano". El Pueblo Gallego (en castelán). 21 de xuño de 1970. p. 18. Consultado o 1 de novembro de 2020. 
  16. "Veloso, jugador del Compostela". El Pueblo Gallego (en castelán). 15 de outubro de 1972. p. 18. Consultado o 1 de novembro de 2020. 
  17. ""Ya no hay delanteros como Veloso"". La Opinión A Coruña (en castelán). 14 de novembro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]