Club Atlético de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atlético de Madrid
Nome Club Atlético de Madrid, S.A.D.
Alcume(s) Colchoneros;
Rojiblancos
Fundación 26 de abril de 1903
Estadio Vicente Calderón,
Madrid, España
Inauguración 2 de outubro de 1966
Capacidade 54.851
Presidente España Enrique Cerezo
Adestrador Flag of Argentina.svg Diego Simeone
Liga Primeira División
2013–14
Vestimenta Nike
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Club Atlético de Madrid S.A.D., coñecido habitualmente como Atlético ou Atleti, é un club de fútbol español, da cidade de Madrid. Foi fundado o 26 de abril de 1903 e actualmente xoga na Primeira división da Liga española de fútbol.

O club exerce de local no Estadio Vicente Calderón, recinto situado no madrileño distrito de Arganzuela, cunha capacidade de 54.851 espectadores. O Atlético de Madrid é o terceiro club con máis títulos de liga (10), por detrás do Real Madrid e o FC Barcelona. Conta tamén con varios títulos continentais: dúas Europa League, dúas Supercopas e unha Recopa, ademais dunha Copa Intercontinental.

Actualmente o club ocupa o 5º lugar na clasificación histórica da Primeira División, por detrás do Real Madrid, FC Barcelona, Valencia CF e Athletic Club.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta blanca e vermella a franxas verticais, pantalón azul e medias vermellas cunha franxa branca.
  • Uniforme alternativo: Camiseta gris, pantalón gris e medias grises.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Vicente Calderón.

O Atlético de Madrid xoga de local no Estadio Vicente Calderón, propiedade do club. Inaugurado o 2 de outubro de 1966, ten unha capacidade de 54.471 espectadores (todos sentados). É un dos cinco estadios de España catalogado como "Estadio Elite" pola UEFA, o que o habilita para acoller finais da Liga de Campións da UEFA e da Copa da UEFA. Atópase no Paseo Virgen del Puerto, 67.

Ata a inauguración do Estadio Vicente Calderón en 1966, e desde mediados da década de 1920, o club, disputaba os seus encontros no Estadio Metropolitano de Madrid.

O Club Atlético de Madrid B, pola súa banda, xoga de local no Miniestadio Cerro do Espino, un recinto deportivo con capacidade para 3.500 espectadores aproximadamente, que forma parte da Cidade Deportiva de Majadahonda.

O futuro cambio de estadio[editar | editar a fonte]

O Atlético de Madrid, a cervexeira Mahou e o Concello de Madrid asinaron o 30 de xullo de 2007 un acordo polo cal se recalifican os terreos da zona que actualmente ocupan o estadio Vicente Calderón e a cervexeira Mahou, pasando a ser propiedade do club o Estadio Olímpico de Madrid, máis coñecido como La Peineta.[1]

En 2011 a empresa FCC comezaba as obras do novo estadio, que terá capacidade para 67.500 espectadores, case todas elas cubertas. O 5 de decembro de 2011 o Atlético presentou nun acto oficial o proxecto do novo estadio, cuxa finalización está prevista para 2015 e que será tamén, como o actual, propiedade do club.[2]

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 78 (Incluída a 2014/15)
  • Tempadas en : 6
  • Tempadas en 2ªB: 0
  • Tempadas en : 0

Últimas tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posición Copa do Rei LC RE UEFA
1989/90 1/8 1/38
1990/91 Campión 1/32
1991/92 Campión 1/4
1992/93 1/8 Semifinal
1993/94 12º 1/8 1/16
1994/95 14º 1/4
1995/96 Campión Campión
1996/97 1/4 1/4
1997/98 1/8 Semifinal
1998/99 13º Subcampión Semifinal
1999/00 19º Red Arrow Down.svg Subcampión 1/8
2000/01 Semifinal
2001/02 Green Arrow Up.svg 1/32
Tempada Categoría Posición Copa do Rei LC UEFA
2002/03 12º 1/4
2003/04 1/4
2004/05 11º Semifinal 1/16
2005/06 10º 1/8
2006/07 1/8
2007/08 1/4 1/16
2008/09 1/8 1/8
2009/10 Subcampión Campión
2010/11 1/16
2011/12 1/16 Campión
2012/13 Campión 1/16
2013/14 Campión 1/2 Subcampión


Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Actualizado a 1 de setembro de 2014.

Posto País Xogador
1 POR España Miguel Ángel Moyá
2 DEF Flag of Uruguay.svg Diego Godín Capitán
3 DEF Flag of Brazil.svg Guilherme Siqueira
4 MED España Mario Súarez
5 MED Flag of Portugal.svg Tiago Mendes
6 MED España Koke
7 MED Francia Antoine Griezmann
8 MED España Raúl García Capitán
9 DIA Croacia Mario Mandžukić
10 MED Flag of Turkey.svg Arda Turan
11 DIA Flag of Mexico.svg Raúl Jiménez
Posto País Xogador
13 POR Flag of Slovenia.svg Jan Oblak
14 MED España Gabi Fernández Capitán
15 DEF Flag of Argentina.svg Cristian Ansaldi
17 MED España Saúl Ñíguez
18 DEF España Jesús Gámez
20 MED España Juanfran
21 MED Flag of Uruguay.svg Cristian Rodríguez
22 MED Italia Alessio Cerci
23 DEF Flag of Brazil.svg João Miranda
24 DEF Flag of Uruguay.svg José Giménez
  • Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Atlético de Madrid B e como talles, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.

Historia[editar | editar a fonte]

Xogadores míticos[editar | editar a fonte]

Presidencia[editar | editar a fonte]

O actual presidente do Club Atlético de Madrid é Enrique Cerezo, un produtor cinematográfico que asumiu o cargo no ano 2003, trala dimisión de Jesús Gil.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos rexionais[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Filial[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Club Atlético de Madrid B.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]