Los Suaves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los Suaves
YosiLosSuaves.JPG
Yosi, vocalista do grupo
Orixe Ourense, Galicia Galicia
Período 1980—presente
Xénero(s) Rock & roll
Selo(s) discográfico(s) Edigal
Locomotive
Universal
PolyGram
Legacy
Membros Yosi Domínguez
Alberto Cereijo
Fernado Calvo
Charly Domínguez
Tino Mojón
Antigos membros Ramón Costoya
Ángel "Gelo" Barrio
Hermes Alogo Mebuy
Javier Domínguez
Na rede
lossuaves.net

Los Suaves é un grupo galego de rock and roll con orixe en Ourense nos anos oitenta. Foi fundado polos irmáns Carlos, Javier e Yosi Domínguez, que desempeñan o labor de baixista, guitarrista e vocalista/letrista, respectivamente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Yosi cantando na praia de Riazor en 2011.

A banda nace a finais dos anos 70 en Ourense, formada polos irmáns Domínguez (Yosi, Charly e Javier), aínda que os que conformaron a banda durante case toda a súa traxectoria foron Yosi e Charly. Nestes primeiros anos, a formación da mesma varía bastante, ata que se asenta coa incorporación de Ramón Costoya "Moncho" e Hermes Alogo como guitarristas e o batería Ángel Barrio, "Gelo".

Tiveron a súa primeira gran oportunidade en 1981, cando telonearon a The Ramones na Coruña, con tal éxito que conseguiron asinar coa discográfica independente galega Edigal, coa que editan os seus dous primeiros discos, o titulado Esta vida me va a matar en 1982, no que se atopan cancións como "Peligrosa María" ou "Viene el tren", e Frankenstein en 1984, actualmente reeditados en compact disc. Froito daquel concerto como teloneiros de Os Ramones empezaron a utilizar un gato como símbolo do grupo, a imaxe e semellanza da aguia que representa aos Ramones. Co tempo a imaxe do "gato dos Suaves" converteuse nunha icona do rock nacional. Pasaron épocas difíciles ata chegar ao terceiro disco que lles lanzou ao éxito Ese día piensa en mí (1988), onde a banda comeza a ser recoñecida a nivel estatal, o que se plasmou no disco en directo Suave es la noche (1989).

O guitarrista Hermes Alogo tivo que abandonar Los Suaves, e é substituído por Alberto Cereijo, quen achega un son máis agresivo na guitarra, o que leva a unha evolución do son Suaves coincidindo co cambio de década. Así, os discos editados estes anos Maldita sea mi suerte (1991) que foi disco de ouro, e Malas noticias (1993), disco que gravan cunha compañía multinacional. O seu seguinte disco, Santa Compaña (1994), obtivo o disco de platino e concertos multitudinarios. Esta xira deu pé á gravación do disco en directo ¿Hay alguien ahí?, o cal estaba formado por dous discos gravados nun concerto en Santoña (Cantabria), e un terceiro disco composto por 6 temas tocados en directo nun estudo ante un público exclusivo, o cal só acompañou aos outros dous na primeira edición do directo.

A banda continúa a súa traxectoria cos seguintes discos, San Francisco Express (1997), Víspera de todos los santos (2000), Si yo fuera Dios (2003) e El jardín de las delicias (2005).

Cabe sinalar tamén que actuaron como grupo invitado dos Rolling Stones no ano 1999, en Santiago de Compostela.

En febreiro de 2007, a través da páxina web de Alberto Cereijo, anunciouse que a dese ano sería a última xira coa actual formación da banda, malia o cal a banda non planea abandonar a escena do rock & roll estatal. Con todo, en outubro de 2007, Alberto Cereijo anunciou que daba marcha atrás nos seus plans de saír do grupo e decidiu xunto a Tino Mojón (batería) compaxinar Los Suaves coa súa nova banda chamada ECO. De feito os primeiros concertos de ECO tiveron lugar durante os meses de novembro e decembro de 2007 teloneando aos Suaves.

En xaneiro do 2010 publican o que ata agora é o seu último disco Adiós, adiós baixo o selo Legacy.

Membros[editar | editar a fonte]

* Yosi Domínguez Voz, guitarra
* Alberto Cereijo Guitarra
* Fernando Calvo Guitarra rítmica
* Charly Domínguez Baixo
* Tino Mojón Batería

Membros anteriores[editar | editar a fonte]

* Hermes Alogo Mebuy Guitarra solista
* Ramón "Moncho" Costoya Guitarra rítmica
* Javier Domínguez Batería
* Ángel "Gelo" Barrio Batería

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbums en directo[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Como grupo emblemático local, unha céntrica praza da zona antiga de Ourense, no lateral da catedral, mudou en 2003 o seu nome de Praza das Flores por Praza dos Suaves.
  • O grupo foi premiado pola prensa especializada como mellor banda en directo do país, en varias ocasións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]