Copa de Campións Xuvenil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa de Campións Xuvenil
Fundación 1986
Rexión España España
Equipos 7
Actual campión Sevilla FC
Máis laureado Real Madrid (8 títulos)
Organizador RFEF
Sitio web www.rfef.es

A Copa de Campións é o torneo equivalente á Liga pero para os menores de 19 anos (sub-19). A competición organízaa a Real Federación Española de Fútbol, sendo o Real Madrid o gran dominador da competición con 7 títulos desde que na tempada 1986-1987 se disputase por primeira vez a División de Honra de Xuvenís. Na tempada 1995-96 modifícase o formato da competición instaurándose a actual Copa de Campións.

O vixente campión da competición, na tempada 2012-2013, é o Sevilla FC.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Sistema actual: Copa de Campións[editar | editar a fonte]

Este torneo dispútase en dúas fases. Na primeira de disputa a Liga de División de Honra de Xuvenís, entre 112 equipos que se atopan divididos en 7 grupos de 16 equipos cada un.

Os primeiros clasificados de cada grupo disputan a fase final nun terreo neutral. Ao ser un número impar de equipos na fase final (sete), divídense os clubs en dous grupos, un de 4 equipos e outro de 3 dos cales saen os dous clubs finalistas que se disputarán a Copa de Campións definitivamente. Este sistema instáurase na tempada 1995-96, sendo o Deportivo da Coruña o seu primeiro vencedor.

Sistema antigo: División de Honra[editar | editar a fonte]

Desde a tempada 1986-87 ata a tempada 1994-95 dispútase este torneo mediante un sistema de Liga, similar ao actual da Liga. O primeiro clasificado era condecorado como Campión de Liga de División de Honra de Xuvenís, sendo o Real Madrid o seu primeiro vencedor e o Sevilla FC o último mediante este sistema.

Trofeo[editar | editar a fonte]

O trofeo que se entrega ao club campión deste torneo é o mesmo que o que se entrega na Liga a nivel profesional, pero de menor tamaño. O trofeo queda en propiedade dun club se o gaña tres veces de forma consecutiva ou cinco de forma alterna.

Historial[editar | editar a fonte]

Copa de Campións[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión Resultado Incidencias
2012-2013 Sevilla FC Celta de Vigo 3-2
2011-2012 Sevilla FC RCD Espanyol 1-0
2010-2011 FC Barcelona Real Madrid 3-1
2009-2010 Real Madrid Valencia CF 3-1
2008-2009 FC Barcelona Celta de Vigo 2-0
2007-2008 RCD Espanyol Villarreal CF 2-1
2006-2007 Valencia CF Real Madrid 3-1
2005-2006 Real Madrid Real Valladolid 1-0
2004-2005 FC Barcelona Sporting de Gijón 3-1
2003-2004 Sporting de Gijón RCD Espanyol 0-0 Penaltis (4-1)
2002-2003 Málaga CF RCD Espanyol 2-0
2001-2002 Atlético de Madrid Real Zaragoza 3-0
2000-2001 CA Osasuna Atlético de Madrid 1-0
1999-2000 Real Madrid FC Barcelona 4-2
1998-1999 Real Sociedad Sevilla FC 0-0 Penaltis
1997-1998 Real Sociedad Valencia CF 2-1
1996-1997 Real Madrid Sevilla FC 2-0
1995-1996 Deportivo da Coruña Real Madrid 2-1


División de Honra[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión
1994-1995 Sevilla FC FC Barcelona
1993-1994 FC Barcelona Valencia CF
1992-1993 Real Madrid Real Valladolid
1991-1992 Athletic de Bilbao Real Madrid
1990-1991 Sevilla FC FC Barcelona
1989-1990 Real Madrid Real Betis
1988-1989 Athletic de Bilbao CA Osasuna
1987-1988 Real Madrid FC Barcelona
1986-1987 Real Madrid FC Barcelona


Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos por clubs[editar | editar a fonte]

Pos. Equipo Campión Subcampión Títulos (anos)
1 Real Madrid 8 4 1986/87, 1987/88, 1989/90, 1992/93, 1996/97, 1999/00, 2005/06 e 2009/10
2 Barcelona 4 5 1993/94, 2003/04, 2008/09 e 2010/11
3 Sevilla 4 2 1990/91, 1994/95, 2011/12 e 2012/13
4 Real Sociedad 2 0 1997/98 e 1998/99
Athletic Club 2 0 1988/89 e 1991/92
6 Valencia 1 3 2006/07
7 Espanyol 1 2 2007/08
8 Sporting de Gijón 1 1 2003/04
Atlético de Madrid 1 1 2001/02
Osasuna 1 1 2000/01
11 Málaga 1 0 2002/03
Deportivo da Coruña 1 0 1995/96
13 Celta de Vigo 0 2
Valladolid 0 2 -
15 Villarreal 0 1 -
Zaragoza 0 1 -
Betis 0 1 -


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guía Marca da Liga, 2005, 2006, 2007 e 2008.