Bebeto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bebeto
Bebeto cropped.jpg
Información persoal
Nome completo José Roberto Gama de Oliveira
Nacemento 16 de febreiro de 1964 (50 anos)
Lugar Salvador, Brasil
Altura 1,78 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1981–1983 Vitória
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1983 Vitória 4 (1)
1983–1989 Flamengo 81 (34)
1989–1992 Vasco da Gama 53 (28)
1992–1996 Deportivo da Coruña 131 (86)
1996 Flamengo 15 (7)
1997 Sevilla 5 (0)
1997 Vitória 8 (8)
1997 Cruzeiro 0 (0)
1998–1999 Botafogo 17 (9)
1999 Toros Neza 8 (2)
2000 Kashima Antlers 8 (1)
2000 Vitória 3 (0)
2001–2002 Vasco da Gama 8 (2)
2002 Al-Ittihad 5 (1)
Total 342 (177)
Selección nacional
1985–1998 Brasil 75 (39)
Adestrador
2009–2010 America
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, nado en Salvador o 16 de febreiro de 1964, é un ex futbolista e adestrador de fútbol brasileiro. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección brasileira, coa que foi campión do mundo en 1994.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do Vitória, debutou co primeiro equipo en 1983.

En 1983 fichou polo Flamengo, club no que permaneceu até 1989, todos eles competindo na Série A. Durante a súa estadía no club baiano, conseguiu o campionato en 1983 e o Campeonato Carioca en 1986.

En 1989 foi contratado polo Vasco da Gama, onde permaneceu até 1992. No club de Río de Xaneiro conseguiu o campionato en 1989.

Na tempada 1992–93 fichou polo Deportivo da Coruña, que o ano anterior lograra a permanencia en Primeira División. Debutou na primeira xornada de liga, o 6 de setembro de 1992 nun partido en Riazor contra o Celta de Vigo, que rematou con victoria local (2–0) e gol do propio Bebeto, que logrou o segundo dos coruñeses. Esa campaña o equipo adestrado por Arsenio Iglesias acabou terceiro, detrás de FC Barcelona e Real Madrid e Bebeto logou o Trofeo Pichichi, con 29 goles.

Na tempada 1993–94 o equipo galego quedou subcampión, detrás do FC Barcelona, ano no que Bebeto anotou 16 goles e debutou na Copa da UEFA. Na campaña 1994–95 os números de Bebeto pouco cambiaron, logrando novamente 16 goles en liga, e gañando co Dépor a Copa do Rei 1994–95 fronte ao Valencia CF. Na tempada 1995–96, a súa derradeira como deportivista, debutou na Recopa de Europa, chegando até as semifinais.

En 1996 fichou polo Flamengo, participando en 15 partidos e logrando 7 goles. Mediada a tempada 1996–97 fichou polo Sevilla FC, xogando en 5 partidos sen lograr ningún gol, e descendendo a final da tempada a Segunda División.

En 1997 foi contratado polo seu primeiro equipo, o Vitória. Ese ano participou en 8 partidos e logrou 8 goles. Ese mesmo ano logrou o Campionato Baiano e a Copa do Nordeste.

En 1998 firmou polo Botafogo, logrando ese ano o Torneo Rio-São Paulo. Permaneceu un ano máis no club de Río de Xaneiro, participando en total en 17 partidos e logrando 9 goles.

En 1999 fichou polo Toros Neza de México, onde participou en 9 partidos e logrou 2 goles.

No ano 2000 foi contratado polo Kashima Antlers de Xapón, participando en 8 encontros e logrando un gol. Ese mesmo ano volveu novamente ao Vitória, onde participou en 3 partidos sen lograr ningún gol.

En 2001 regresou ao Vasco da Gama, onde permaneceu un ano máis. Nesta segunda etapa participou en 8 encontros e logrou 2 goles.

En 2002 fichou polo Al-Ittihad de Arabia Saudita, onde xogou 5 partidos e logrou un gol.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Bebeto foi internacional coa selección brasileira, debutando o 28 de abril de 1985 nun partido contra Perú (0–1). O seu primeiro gol internacional marcouno o 10 de maio de 1989, de novo contra Perú, pero esta vez con vitoria (1–4). Xogou tres Mundiais: 1990, 1994 e 1998 e foi o máximo goleador nos Xogos Olímpicos de 1996, xunto con Hernán Crespo, con 6 tantos.

En total, logrou marcar 39 goles nos 75 partidos que xogou coa selección.

Carreira como adestrador[editar | editar a fonte]

Bebeto foi presentado, o 16 de decembro de 2009, como novo adestrador do América Football Club brasileiro.[1] Tras non obter resultados positivos foi deposto do seu cargo o 13 de febreiro de 2010, cun total de tres vitorias, un empate e catro derrotas.[2]

Carreira como político[editar | editar a fonte]

En 2010 presentouse como candidato a deputado polo Partido Democrático Trabalhista brasileiro, para conseguir un escano na Asemblea Lexislativa do Río de Xaneiro[3].

Palmarés[editar | editar a fonte]

Flamengo
Vasco da Gama
Deportivo da Coruña
Vitória
Botafogo
Selección nacional
Individual

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bebeto