Dani Mallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dani Mallo
Información persoal
Nome completo Daniel Mallo Castro
Nacemento 25 de xaneiro de 1979 (33 anos)
Lugar Cambre, Galicia Galicia
Altura 1,85 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Girona
Número 1
Carreira xuvenil
1994–1995 Sporting Cambre
1995–1997 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Apps (Gls)
1997–2001 Deportivo B
2001–2006 Deportivo da Coruña 3 (0)
2003–2004 Elche (cedido) 38 (0)
2006–2008 Braga 8 (0)
2009 Falkirk 15 (0)
2009– Girona 20 (0)
Selección nacional
1996–1998 España sub-18 12 (0)
2000 España sub-21 1 (0)
2005 Galicia 1 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Daniel Mallo Castro, coñecido como Dani Mallo, nado en Cambre o 25 de xaneiro de 1979, é un futbolista galego. Xoga de porteiro e o seu quipo actual é o Girona FC da Segunda División de España.

Índice

[editar] Traxectoria

Natural de Cambre e formado na canteira do Deportivo da Coruña, xogou como xuvenil no Sporting Cambre e a partir de 1995 xa no Fabril, o filial do Deportivo, tanto en Segunda división B como en Terceira división. Pasa ao cadro do primeiro equipo en Primeira división en 2001, pero non debuta oficialmente ata o 5 de maio de 2003, cando xogou vinte minutos na vitoria deportivista fronte ao Recreativo de Huelva.

Ao non xogar apenas partidos e figurar como terceiro porteiro do equipo, vai cedido na tempada 2003-04 ao Elx CF, daquela na Segunda división. Con este conxunto, desputa todos os partidos do ano, e a escadra queda na posición 14ª. Ao ano seguinte volta ao Deportivo, pero segue sen xogar, e o 10 de xullo de 2006 anunciou que fichaba polo equipo portugués do Sporting Braga ao que marcha para desputar a tempada 2006-07 na posición de porteiro suplente. Xoga un partido naquel ano, e á tempada seguinte, por culpa da lesión do titular Paulo Santos, desputa sete partidos da Liga portuguesa, e tamén varios encontros da Copa de Portugal e da Copa da UEFA. Ao final da tempada a súa ficha pasa a ter unha situación pouco definida: adestra por separado, non xoga ningún encontro e no mercado de inverno de xaneiro de 2009 ficha polo Falkirk FC da Primeira división escocesa[1].

En xullo de 2009, Mallo resultou relegado debido á marcha do adestrador John Hughes ao Hibernian FC, optando o xogador galego voltar a España para xogar co Girona FC.[2]

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas