Fernando Martínez Perales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nando
Información persoal
Nome completo Fernando Martínez Perales
Nacemento 21 de maio de 1967 (47 anos)
Lugar Valencia, España
Altura 1,72 m
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984–1985 Levante
1985–1986 Valencia B
1986–1987 Levante
1987–1992 Valencia 139 (7)
1992–1997 Deportivo da Coruña 173 (8)
1998–2000 Sevilla 68 (0)
2000–2001 Compostela 32 (1)
2001–2002 Atlético Arteixo
Selección nacional
1988 España sub-21 2 (0)
1988–1993 España 2 (0)
Adestrador
2009–2011 Somozas
2011–2012 Cerceda
2013 Pontevedra
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Fernando Martínez Perales, máis coñecido como Nando, nado en Valencia o 21 de maio de 1967, é un un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Formouse como xogador nas categorías inferiores do Valencia CF, xogando posteriormente no Levante UD e Valencia B. En 1987 debutou co Valencia CF en Primeira División, e permaneceu no club ché até 1992, ano no que Guus Hiddink non contou con el ao darlle minutos a Leonardo. Na tempada 1992–93 foi contratado polo Deportivo da Coruña, variando a súa posición de extremo en lateral esquerdo, conseguindo co club galego unha Copa do Rei (1994–95) e unha Supercopa (1995). A mediados da tempada 1997–98 foi traspasado ao Sevilla FC, daquela en Segunda División, co que lograría o ascenso un ano despois. Na tempada 2000–01 xogou coa SD Compostela e posteriormente xogou co Atlético Arteixo.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Nando foi internacional coa selección española en dúas ocasións. Debutou con derrota o 14 de setembro de 1988, nun encontro amigable contra Iugoslavia en Oviedo (1–2). O seu segundo e derradeiro partido internacional foi outro amigable contra México, nas Palmas de Gran Canaria, que rematou con empate (1–1).

Como adestrador[editar | editar a fonte]

O 29 de decembro de 2009 anunciouse a súa contratación como adestrador polo UD Somozas.[1]

O 14 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación polo CCD Cerceda, sendo substituído o 2 de abril de 2012 por Luis Santiago.[2]

En xuño de 2013 anunciouse a súa contratación polo Pontevedra CF, en substitución de Milo Abelleira.[3] En outubro de 2013 presentou a súa dimisión debido a diferenzas co cadro de xogadores.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]