Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Club Rápido de Bouzas é un club de fútbol español da parroquia de Bouzas na cidade de Vigo. Foi fundado en 1914 e xoga no grupo I da Terceira División española, onde leva catorce tempadas consecutivas.
[editar] Presidentes
Na actualidade o presidente da entidade gualdinegra é Manuel Pedro Seoane Cordal. Así mesmo, o presidente honorífico é Baltasar Pujales Estévez.
[editar] Cronoloxía dos presidentes
- Uniforme titular: Camiseta amarela e negra a raias verticais, pantalón negro e medias negras.
- Uniforme alternativo: Non dispoñible.
O Municipal Baltasar Pujales é a sede onde o Club Rápido de Bouzas disputa os seus encontros. Este campo de fútbol municipal foi inaugurado oficialmente en marzo de 2001 e xestiónao o Rápido de Bouzas. O seu terreo de xogo é de céspede artificial, de dimensións de 106 por 64 metros. A súa capacidade total rolda os 1.500 espectadores, aínda que só posúe unha bancada con capacidade para 600 persoas. O complexo deportivo conta con catro vestiarios, un local para oficinas, dous aseos para uso público e un equipo de calefacción que garante unha permanente subministración de auga quente, ademais dun peche perimetral de todo o campo. Tamén incorpora un local para servizo de cafetaría.
[editar] Datos do club
[editar] Historial na liga
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| de 17-18 |
Rexional |
— |
| a 64-65 |
Rexional |
—  |
| 1965/66 |
3ª |
8º |
| 1966/67 |
3ª |
10º |
| 1967/68 |
3ª |
13º  |
| de 67-68 |
Rexional |
— |
| a 98-99 |
Rexional |
—  |
| 1999/00 |
3ª |
12º |
| 2000/01 |
3ª |
14º |
| 2001/02 |
3ª |
5º |
| 2002/03 |
3ª |
4º |
| Tempada |
Categoría |
Posto |
Copa do Rei |
| 2003/04 |
3ª |
14º |
|
| 2004/05 |
3ª |
1º |
|
| 2005/06 |
3ª |
15º |
Rolda previa |
| 2006/07 |
3ª |
12º |
|
| 2007/08 |
3ª |
9º |
|
| 2008/09 |
3ª |
15º |
|
| 2009/10 |
3ª |
10º |
|
| 2010/11 |
3ª |
10º |
|
| 2011/12 |
3ª |
7º |
|
| 2012/13 |
3ª |
- |
|
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas