Segunda División Española
| Fundación | 1929 |
|---|---|
| Rexión | |
| Confederación | |
| Equipos | 22 |
| Copa | Copa do Rei |
| Ascenso | Liga BBVA |
| Descenso | Segunda División B |
| Actual campión | Deportivo da Coruña (5º título) |
| Máis laureado | Real Murcia (8 títulos) |
| Emisión en TV | Canal+ GolT Marca TV FORTA (incl. tvG2) |
| Organizador | Liga de Fútbol Profesional (LFP) |
| Sitio web | www.lfp.es |
A Segunda División Española (oficialmente e por motivos de patrocinio, Liga Adelante[1]), tamén coñecida como Segunda A, é a segunda categoría da Liga española de fútbol. É a división inmediatamente inferior á Primeira división. A Segunda división dispútase desde 1929 e está organizada pola LFP.
Nas tempadas 2006–07 e 2007–08 recibiu o nome de Liga BBVA debido ao acordo de patrocinio entre a LFP e o banco BBVA.[2] A partir da tempada 2008–09 esta denominación será a da Primeira División, pasando a chamarse, a Segunda División Liga Adelante[1].
Índice |
Historia [editar]
A liga de Segunda División comezou na tempada 1928–29, ao tempo que a Primeira División. Na súa primeira edición participaron os seguintes clubs:
| Grupo A | Grupo B (Categoría inferior) |
|---|---|
Ao longo dos anos cambiou o número de equipos participantes, así como o formato da competición. En 1934 a categoría dividiuse en varios grupos, unha estrutura que se mantería durante varios anos, ata 1968, cando se recuperou o grupo único que se mantén na actualidade.
En 1977 pasou a chamarse oficialmente Segunda División A, pola creación da Segunda División B. Desde 1984 está organizada pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP). En 2006 pasou a chamarse Liga BBVA tras un acordo de patrocinio sen precedentes na Liga española de fútbol.
En 2007 o Granada 74 compróu a súa praza na categoría ao Ciudad de Murcia, un caso inédito no fútbol español, polo que xogou a tempada 2007-2008 en Segunda División, mentras que o Ciudad de Murcia, tras quedar en 4ª posición na liga, fíxoo en Terceira, categoría na que ocupaba unha praza o seu filial.
Desde a tempada 2008–09 o nome da categoría é Liga Adelante, debido ao patrocinio do BBVA. "Adelante!" é o slogan do BBVA.
O equipo que máis tempadas militou en Segunda División A é o Real Murcia con 53, sendo ademais o equipo con máis títulos de campión, 9. A Sociedad Deportiva Eibar ten o record do número de tempadas consecutivas nesta categoría (18 anos), dende 1988 ata 2006.
Sistema de competición [editar]
| Posto | Clasificación |
| 1º | Ascenso a Primeira División |
| 2º | |
| 3º | Promoción de ascenso a Primeira |
| 4º | |
| 5º | |
| 6º | |
| 7º-18º | |
| 19º | Descenso a Segunda División B |
| 20º | |
| 21º | |
| 22º |
É similar ao sistema da Primeira División. A competición dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.
Os 22 equipos participantes enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións, unha vez en cada campo, ao longo da tempada. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate entre dous equipos nun mesmo partido, hai un punto para ambos.
Ascenso [editar]
Ao termo da tempada (42 xornadas), o equipo que máis puntos obteña proclámase campión de Segunda División e é ascendido directamente a Primeira División para a próxima tempada, xunto co subcampión.
Tamén ascende o gañador dunha promoción entre o 3º, 4º, 5º e 6º clasificados. O sistema desta promocion é a partidos de ida e volta entre o 3º e o 6º e entre o 4º e 5º, os gañadores desta eliminatoria pasarán a disputar outra eliminatoria a ida e volta de onde saldrá o terceiro equipo que ascenderá. O partido de volta xógase sempre no campo do equipo mellor clasificado durante a liga regular. Tamén en caso de empate nos 90 minutos regulamentarios e na prórroga, clasificarase ou ascenderá o equipo que mellor quede clasificado durante as 42 xornadas da liga regular, sen disputar unha quenda de penaltis.
As vacantes dos tres ascendidos cóbrenas os equipos que terminan nos tres últimos postos de Primeira División.
Descenso [editar]
Pola súa banda, os catro últimos clasificados de Segunda División A o termo da tempada son relegados a Segunda División B a seguinte tempada, sendo substituídos polos catro gañadores das promocións de ascenso de devandita categoría.
Equipos filiais [editar]
Un club pode ter un equipo filial en Segunda División se o seu primeiro equipos compite Primeira División. Dado que os segundos equipos non poden xogar en Primeira División, se un filial termina a tempada entre os tres primeiros clasificados, é o cuarto clasificado o que ascende. Así mesmo, se un equipo descende de Primeira a Segunda A e a súa filial milita en devandita categoría, este é automaticamente descendido a Segunda B, aínda que deportivamente logre a permanencia.
Participantes [editar]
Equipos da tempada 2012-13 [editar]
Historial de tempadas [editar]
Estatísticas [editar]
Récords da categoría [editar]
- Máis tempadas na categoría: Real Murcia, 51.
- Maior número de ascensos a Primeira División: Málaga CF, 12.
- Maior puntuación nunha mesma tempada: Deportivo da Coruña, 91 (2011-12).
- Maior número de vitorias: Deportivo da Coruña, 29 (2011-12).
- Como local: Deportivo da Coruña, 18 (2011-12).
- Como visitante:
- Consecutivas: Mérida (1996-97) e Deportivo da Coruña (2011-12) con 9.
- Menor número de derrotas:
- Maior goleada (diferenza de goles nun partido): Real Sociedad 14-2 Real Valladolid (1940).
- Partido con máis goles: Real Sociedad 14-2 Real Valladolid (1940).
- Clasificación matemática a Primeira División máis temperá: Real Valladolid, a 8 xornadas do final (2006-07).
- Equipo máis novo en subir a esta categoría: UD Las Palmas, 1 ano logo da súa fundación.
Equipos galegos [editar]
Un total de 11 equipos galegos pasaron pola Segunda División na súa historia. Con sombreado dourado equipos que participan na competición durante a tempada 2012-13.
| Posto | Equipo | Tempadas | Puntos | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 14º | Deportivo da Coruña | 37 | 1222 | 1118 | 487 | 248 | 383 | 1718 | 1429 |
| 20º | Celta de Vigo | 30 | 1141 | 948 | 423 | 237 | 288 | 1484 | 1062 |
| 27º | Racing de Ferrol | 34 | 1031 | 1054 | 366 | 229 | 459 | 1474 | 1745 |
| 47º | CD Ourense | 13 | 437 | 454 | 143 | 121 | 190 | 492 | 623 |
| 68º | SD Compostela | 7 | 335 | 282 | 97 | 90 | 95 | 332 | 334 |
| 69º | Pontevedra CF | 9 | 328 | 314 | 117 | 84 | 113 | 379 | 372 |
| 113º | UD Orensana | 3 | 82 | 92 | 33 | 16 | 43 | 141 | 177 |
| 116º | SX Lucense | 3 | 74 | 92 | 28 | 18 | 46 | 135 | 197 |
| 140º | CD Lugo | 1 | 25 | 38 | 7 | 11 | 20 | 23 | 41 |
| 147º | Arosa SC | 1 | 17 | 30 | 7 | 3 | 20 | 44 | 84 |
| 156º | Unión Sporting Club | 1 | 7 | 14 | 3 | 1 | 10 | 27 | 52 |
Palmarés [editar]
| Pos. | Equipo | Campión | Subcampión |
|---|---|---|---|
| 1 | Murcia | 8 | 4 |
| 2 | Betis | 6 | 5 |
| 3 | Deportivo | 5 | 4 |
| 4 | Sporting | 5 | 3 |
| Oviedo | 5 | 3 | |
| 6 | Sevilla | 4 | 1 |
| 7 | Las Palmas | 4 | 0 |
| 8 | Hércules | 3 | 7 |
| 9 | Celta | 3 | 6 |
| 10 | CD Málaga | 3 | 5 |
| 11 | Valladolid | 3 | 4 |
| 12 | Osasuna | 3 | 3 |
| 13 | Granada | 3 | 2 |
| Real Sociedad | 3 | 2 | |
| 15 | Alavés | 3 | 1 |
| 16 | Alcoyano | 3 | 0 |
| 17 | Sabadell | 2 | 6 |
| 18 | Racing de Santander | 2 | 2 |
| 19 | Castellón | 2 | 1 |
| 20 | Mallorca | 2 | 0 |
| Pos. | Equipo | Campión | Subcampión |
|---|---|---|---|
| 21 | Valencia | 2 | 0 |
| Jaén | 2 | 0 | |
| Pontevedra | 2 | 0 | |
| Mérida | 2 | 0 | |
| 25 | Zaragoza | 1 | 5 |
| 26 | Cádiz | 1 | 4 |
| 27 | Elche | 1 | 2 |
| Atlético de Madrid | 1 | 2 | |
| Levante | 1 | 2 | |
| 30 | Atlético Tetuán | 1 | 1 |
| Tenerife | 1 | 1 | |
| Córdoba | 1 | 1 | |
| Burgos | 1 | 1 | |
| Lleida | 1 | 1 | |
| Espanyol | 1 | 1 | |
| Málaga CF | 1 | 1 | |
| Recreativo | 1 | 1 | |
| 38 | Cultural Leonesa | 1 | 0 |
| AD Almería | 1 | 0 | |
| Castilla | 1 | 0 |
| Pos. | Equipo | Campión | Subcampión |
|---|---|---|---|
| 41 | Real Burgos | 1 | 0 |
| Albacete | 1 | 0 | |
| Numancia | 1 | 0 | |
| Xerez | 1 | 0 | |
| 45 | Rayo Vallecano | 0 | 4 |
| 46 | CD Logroñés | 0 | 3 |
| 47 | Gimnàstic de Tarragona | 0 | 2 |
| Salamanca | 0 | 2 | |
| 49 | Iberia | 0 | 1 |
| Valencia Mestalla | 0 | 1 | |
| España Industrial | 0 | 1 | |
| Barakaldo | 0 | 1 | |
| Calvo Sotelo | 0 | 1 | |
| Sestao SC | 0 | 1 | |
| Bilbao Athletic | 0 | 1 | |
| Extremadura | 0 | 1 | |
| Atlético B | 0 | 1 | |
| Getafe | 0 | 1 | |
| 59 | UD Almería | 0 | 1 |
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||
|
|||||