Deportivo Alavés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deportivo Alavés
Nome Deportivo Alavés, S.A.D.
Alcume(s) Babazorros
El glorioso
Fundación 1921 (91 anos)
Estadio Mendizorroza,
Vitoria-Gasteiz, España
Inauguración 1924
Capacidade 19.200
Propietario
Presidente España Avelino Fernández
Adestrador España José Carlos Granero
Liga 2ªB – Grupo 2
2010–11
Vestimenta
Patrocinador
Web oficial
Na casa


Fóra


O Deportivo Alavés é un club de fútbol español, da cidade de Vitoria-Gasteiz en Álava (País Vasco). Foi fundado no ano 1921 e actualmente xoga na Segunda División B de España.

Índice

[editar] Historia

O Deportivo Alavés naceu co nome de Sport Friends en 1920 e o 28 de xaneiro de 1921 adoptou a denominación actual. Na tempada 1929–30 conseguiu o primeiro ascenso á Primeira División, onde permaneceu tres tempadas. O segundo ascenso a Primeira non chegaría ata a tempada 1953–54 e o terceiro ata a 1997–98.

Na tempada 2000–01, o club chegou á final da Copa da UEFA, perdéndoa no Westfalenstadion de Dortmund co Liverpool FC por 5-4 na prórroga. Tras o éxito en Europa, en 2005 logrou o seu último ascenso a Primeira. Actualmente pasa por unha grave crise económica.

[editar] Uniforme

A mediados de tempada 2008-2009, no mes de xaneiro, o Deportivo Alavés recibe o novo equipamento da marca Legea.

  • Uniforme titular: Camiseta de tres raias verticais azuis e brancas, pantalón azul, medias brancas cun ribete azul.
  • Uniforme alternativo: Equipamento enteiro de cor negra con detalles azuis.
  • Terceiro uniforme: Camiseta vermella e pantalon rosa.

[editar] Himno

O seu himno foi escrito por Alfredo Donnay, músico vitoriano nos 50, aínda que parece ser que en Mendizorroza naceu xa nos anos 20, o famoso cántico de "alabin, alaban...". Piterman iniciou un concurso para crear un himno en eúscaro, pero a mala imaxe que tiña Piterman entre os afeccionados e a marcha deste, provocaron que o proxecto quedase no esquecemento.

Podes ver a letra do himno actual aquí.

[editar] Instalacións

O estadio de Mendizorroza

[editar] Estadio de Mendizorroza

Artigo principal: Estadio de Mendizorroza.

O Estadio de Mendizorroza foi inaugurado o 27 de abril de 1924 e ten unhas dimensións de 105 x 67 metros. Está situado no Paseo Cervantes, á beira das piscinas municipais e da Fundación Estadio. O estadio sufriu varias remodelacións, sendo a última e máis importante na tempada 1998-99 tras o terceiro ascenso do Alavés a Primeira División.

[editar] Museo

O Deportivo Alavés conta cun museo nos baixos de Mendizorroza que foi inaugurado a principios do ano 2005. No seu interior atópanse trofeos como o do Subcampionato da Copa da UEFA e unha placa na que se cataloga á afección do Alavés como a mellor do ano 2001 segundo a UEFA.

[editar] Outras instalacións

O Deportivo Alavés conta con outras dúas instalacións deportivas:

  • Cidade Deportiva "El Glorioso", formada por varios campos de adestramento dos equipos inferiores: 1 de herba natural, 3 de herba artificial e 3 de fútbol sala, cunha superficie total de 40.000 m².
  • Cidade Deportiva "Jose Luís Compañón", foi cedida polo defunto Don Juan Arregui Garay. É o lugar de adestramento do primeiro equipo e os equipos inferiores. Está formada por 1 campo de herba artificial e 3 campos de herba natural.

[editar] Datos do club

[editar] Xogadores

Categoría principal: Xogadores do Deportivo Alavés.

[editar] Cadro actual

Actualizado a 19 de xullo de 2011.
Posto País Xogador
1 POR España David Rangel
POR España Álex Sánchez
17 DEF España Óscar Rubio
2 DEF Francia Marc Fachan
4 DEF España Pablo Gallardo
5 DEF España Luis Prieto
3 DEF España Aridane Hernández
14 DEF España Moya
15 DEF España Dani López
16 MED España Álex Quintanilla
6 MED España David Lázaro
Posto País Xogador
21 MED España Indiano
20 MED España Salcedo
MED España Luisma
7 MED España Denis Nájera
22 MED España Sendoa Agirre
11 MED España Casares
18 MED España Javi Rubio
8 DIA España Geni
10 DIA España Jito
9 DIA España Gorka Azkorra
26 MED España Alex Vallejo

[editar] Distincións individuais de futbolistas

[editar] Palmarés

Aliniacións iniciais da Final da UEFA 2001.

[editar] Torneos nacionales

[editar] Torneos internacionais

[editar] Filial

Artigo principal: Deportivo Alavés B.

O Deportivo Alavés B é o equipo filial do club. Fundouse en 1921 e xoga na Rexional Preferente Alavesa. Actualmente está dirixido por Kepa Arrieta.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas