Aldo Duscher
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Álvaro Pedro Duscher | ||
| Nacemento | 22 de marzo de 1979 (33 anos) | ||
| Lugar | Esquel, Arxentina | ||
| Altura | 1,74 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Barcelona SC | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1995–1997 | Newell's Old Boys | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 1997–1998 | Newell's Old Boys | 31 | (1) |
| 1998–2000 | Sporting de Lisboa | 55 | (6) |
| 2000–2007 | Deportivo da Coruña | 157 | (0) |
| 2007–2008 | Racing de Santander | 34 | (5) |
| 2008–2010 | Sevilla | 37 | (0) |
| 2010–2011 | Espanyol | 19 | (0) |
| 2011– | Barcelona SC | ||
| Selección nacional | |||
| 2000 | Arxentina sub-23 | 7 | (0) |
| 2005 | Arxentina | 3 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Álvaro "Aldo" Pedro Duscher, nado en Esquel o 22 de marzo de 1979, é un futbolista arxentino nacionalizado austríaco. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Barcelona Sporting Club.
Índice |
[editar] Traxectoria
Empezou xogando en Arxentina, en Newell's Old Boys de Rosario entre 1995 e 1998. Durante eses anos tamén conseguiu 2 Suramericanos Sub-20 coa selección do seu país.
En 1998 foi contratado por dúas tempadas polo Sporting de Lisboa, onde conseguiu unha Superliga.
De cara a tempada 2000–01 foi contratado polo Deportivo da Coruña, club no que xogou 142 partidos de Liga e 34 partidos de Liga de Campións até a tempada 2006–07, gañando unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España. Neste tempo foi recordado polos seguidores do Manchester United pola súa patada e posterior lesión de David Beckham que case impide ao capitán inglés xogar o Mundial 2002.
Ao comezos da tempada 2007–08 quedou libre e foi contratado polo Racing de Santander por dúas tempadas, depois de numerosas ofertas no inverno, de entre outros o Manchester United e Olympique de Lyon, todas refugadas para acabar xogando no conxunto de El Sardinero.
Marca o seu primeiro gol en Primeira División na súa oitava tempada na mesma, o 9 de decembro de 2007, cunha vitoria do Racing sobre o RCD Mallorca (3–1).[1] Tras arduas negociacións, na tempada 2008–09 Duscher foi contratado, por tres tempadas, polo Sevilla FC.[2] Desde a tempada 2010–11 xoga no RCD Espanyol, tras rescindir o seu contrato co Sevilla.
O 27 de xullo de 2011 anunciouse a súa incorporación ao Barcelona Sporting Club de Guayaquil, en Ecuador.
[editar] Selección nacional
Duscher fixo o seu debut internacional coa selección arxentina en 2005, chegando a xogar tres partidos.
[editar] Palmarés
- Liga de Portugal (1): 1999–00.
- Copa do Rei (1): 2001–02.
- Supercopa de España (2): 2000, 2002.