Segunda división española 1990/91

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 1990–91 da Segunda División de España de fútbol corresponde á 60º edición do campionato. Disputouse do 1 de setembro de 1990 ao 9 de xuño de 1991. O Albacete Balompié proclamouse campión por primeira vez na súa historia, logrando así debutar en Primeira División.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

A Segunda División de España 1990/91 foi organizada pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP).

Como en tempadas precedentes, constaba dun grupo único integrado por vinte clubs de toda a xeografía española. Seguindo un sistema de liga, os vinte equipos enfrontáronse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decidiuse por sorteo antes de empezar a competición.

A clasificación final estableceuse con arranxo aos puntos obtidos en cada enfrontamento, a razón de dous por partido gañado, un por empatado e ningún en caso de derrota. Os mecanismos para desempatar a clasificación, se ao finalizar o campionato dous equipos igualaban a puntos, foron os seguintes:

  1. O que tivese unha maior diferencia entre goles a favor e en contra nos enfrontamentos entre ambos.
  2. Se persiste o empate, o que tivera maior a diferencia de goles a favor e en contra en tódolos encontros do campionato.

En caso de empate a puntos entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate previstos polo regramento foron os seguintes:

  1. A mellor puntuación da que a cada un corresponda a tenor dos resultados dos partidos xogados entre si polos clubs implicados.
  2. A maior diferencia de goles a favor e en contra, considerando unicamente os partidos xogados entre si polos clubs implicados.
  3. A maior diferencia de goles a favor e en contra tendo en conta tódolos encontros do campionato.
  4. O maior número de goles a favor tendo en conta tódolos encontros do campionato.

Efectos da clasificación[editar | editar a fonte]

O equipo que máis puntos sumou ao final do campionato foi proclamado campión de Segunda División e obtivo, xunto ao segundo clasificado, o ascenso directo a Primeira División para a próxima tempada. O terceiro e cuarto clasificado desputaron unha promoción de ascenso contra os clasificados nos postos 17º e 18º de Primeira División.

Pola súa parte, os catro últimos equipos de Segunda descenderon a Segunda B, sendo reemprazados a próxima tempada polos gañadores da fase de ascenso de dita categoría.

Equipos[editar | editar a fonte]

Clubs participantes e estadios[editar | editar a fonte]

Tomaron parte na competición vinte equipos. Esta tempada debutaron dous equipos na categoría: o Orihuela Deportiva e o Real Avilés Industrial, aínda que este último xa xogara en Segunda, como Avilés CF, antes de fusionarse en 1983 co CD Ensidesa.

Los Arcos foron o escenario do histórico e fugaz paso do Orihuela Deportiva pola Segunda División.
Equipo Cidade Estadio
Albacete Balompié Albacete Carlos Belmonte
Real Avilés Industrial Avilés Juan Muro de Zaro
Bilbao Athletic Bilbao San Mamés
Celta de Vigo Vigo Balaídos
Deportivo da Coruña A Coruña Riazor
Unió Esportiva Figueres Figueres Vilatenim
Sociedad Deportiva Eibar Eibar Ipurua
Elche Club de Fútbol Elx Martínez Valero
Unión Deportiva Las Palmas Las Palmas de Gran Canaria Insular
Levante Unión Deportiva Valencia Nou Estadi
Unió Esportiva Lleida Lleida Camp d'Esports
Club Deportivo Málaga Málaga La Rosaleda
Real Murcia Club de Fútbol Murcia La Condomina
Palamós Club de Futbol Palamós Nou Estadi Municipal
Orihuela Deportiva Orihuela Los Arcos
Agrupación Deportiva Rayo Vallecano Madrid Vallecas
Unión Deportiva Salamanca Salamanca Helmántico
Sestao Sport Club Sestao Las Llanas
Centre d'Esports Sabadell Futbol Club Sabadell Nova Creu Alta
Xerez Club Deportivo Jerez de la Frontera Chapín


Adestradores[editar | editar a fonte]

Equipo Adestrador
Albacete España Benito Floro
Avilés España Vicente González-Villamil
Bilbao Athletic España Fidel Uriarte
Celta de Vigo España Txetxu Rojo
Deportivo da Coruña Galicia Arsenio Iglesias
Eibar España Miguel Etxarri
Elche Flag of Argentina.svg Gustavo Silva
Figueres Flag of Argentina.svg Jorge D'Alessandro
Las Palmas Flag of Argentina.svg Roque Olsen
Levante España Pepe Martínez
Lleida España Mané
Málaga Flag of Morocco.svg Abdel-Lai Ben Barek
Murcia Flag of Argentina.svg Felipe Mesones
Orihuela Deportiva España Bartomeu Llompart
Palamós España Alfonso Barasoain
Rayo Vallecano España Eusebio Ríos
Sabadell España Julià Garcia
Salamanca España Fernando Redondo
Sestao España Blas Ziarreta
Xerez España Óscar Tosato

Cambios de adestradores[editar | editar a fonte]

Equipo Adestrador (xornadas)
Orihuela Deportiva España Nando Yosu (1−8)
España Bartomeu Llompart (9−38)
Sabadell España Lluís Pujol (1−10)
Galicia José Antonio Naya (11−26)
España Julià Garcia (27−38)
Levante Hungría Antal Dunai (1−11)
España José Antonio Irulegui (12−20)
España Pepe Martínez (21−38)
Málaga España Waldo Ramos (1−11)
Flag of Morocco.svg Abdel-Lai Ben Barek (12−38)
Xerez España Juan Corbacho (1−13)
Flag of Uruguay.svg Gustavo De Simone (14−28)
España Óscar Tosato (29−38)
Celta de Vigo España José María Maguregui (1−18)
España Txetxu Rojo (19−38)
Las Palmas España Manuel Cardo (1−20)
Flag of Argentina.svg Roque Olsen (21−38)
Elche España Lico (1−23)
Flag of Argentina.svg Gustavo Silva (13−38)
Bilbao Athletic España Iñaki Sáez (1−26)
España Fidel Uriarte (27−38)
Salamanca España Benito Joanet (1−28)
España Fernando Redondo (29−38)

Clasificación final[editar | editar a fonte]

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Albacete 38 18 13 7 56 31 +25 49 Ascenso á Primeira División 1991−92
2. Deportivo da Coruña 38 20 8 10 60 32 +28 48
3. Murcia 38 18 12 8 56 36 +20 48 Eliminatoria de promoción
4. Málaga 38 16 14 8 52 35 +17 46
5. Orihuela Deportiva 1 38 12 19 7 46 39 +7 43 Descenso á Segunda División B 1991−92
6. Lleida 38 16 11 11 41 36 +5 43
7. Figueres 38 14 11 13 44 42 +2 39
8. Sestao 38 9 20 9 29 27 +2 38
9. Avilés 38 10 18 10 35 37 –2 38
10. Eibar 38 9 19 10 35 34 +1 37
11. Rayo Vallecano 38 8 20 10 44 50 –6 36
12. Sabadell 38 11 14 13 32 45 –13 36
13. Bilbao Athletic 38 11 14 13 35 43 –8 36
14. Celta de Vigo 38 8 20 10 31 38 –7 36
15. Las Palmas 38 10 16 12 38 43 –5 36
16. Palamós 38 9 17 12 33 46 –13 35
17. Elche 38 12 10 16 39 45 –9 34 Descenso á Segunda División B 1991−92
18. Salamanca 38 9 13 16 41 40 +1 31
19. Levante 38 6 15 17 27 51 –24 27
20. Xerez 38 6 12 20 37 61 –24 24

X = Partidos Xogados; G = Partidos Gañados; E = Partidos Empatados; P = Partidos Perdidos; GF = Goles Anotados; GC = Goles Recibidos; DG = Diferencia de Goles; Pts = Puntos

1 O Orihuela Deportiva foi descendido á Segunda División B por impagos, sendo reemprazado de cara a seguinte campaña polo Barcelona B por ser o mellor clasificado da promoción de ascenso de Segunda B a Segunda.

Posicións por xornada[editar | editar a fonte]

Equipo / Xornada
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38
Albacete 1 7 4 11 6 6 4 6 4 3 2 2 2 2 3 3 2 2 2 2 2 2 2 2 2 2 2 2 2 3 3 2 2 3 2 2 2 1
Deportivo 2 1 1 4 5 4 5 4 5 5 4 3 3 3 4 2 4 3 3 3 3 3 3 3 3 3 3 3 3 2 2 3 3 2 3 3 3 2
Murcia 14 3 2 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 3
Málaga 6 9 3 10 4 5 3 3 3 2 5 5 5 5 5 5 6 5 6 7 4 5 8 6 7 5 4 5 4 4 4 4 4 4 4 4 4 4
Orihuela 3 12 9 9 12 9 13 12 8 11 6 6 6 6 6 6 10 9 8 8 7 7 5 8 6 6 6 6 6 5 5 5 7 5 5 5 5 5
Lleida 4 2 5 2 2 2 2 2 2 4 3 4 4 4 2 4 3 4 4 4 5 6 4 4 5 4 5 4 5 7 7 6 5 7 6 7 6 6
Figueres 5 13 16 16 14 17 16 15 16 12 14 14 14 10 10 9 12 10 10 9 8 8 7 5 4 7 8 7 7 6 6 7 6 6 7 6 7 7
Sestao 7 5 6 7 10 11 7 7 7 6 7 10 9 13 14 13 9 7 7 6 6 4 6 7 8 8 7 8 8 8 8 8 8 9 8 9 10 8
Avilés 12 19 15 19 18 19 19 19 19 20 20 20 20 20 19 18 17 17 18 18 14 12 10 13 12 12 10 9 9 9 10 9 9 8 9 8 8 9
Eibar 13 17 13 13 11 15 10 14 15 15 13 13 13 15 15 12 14 16 13 13 13 16 14 14 9 10 9 10 10 11 13 12 10 11 10 10 9 10
Rayo Vallecano 8 20 17 15 13 16 11 10 10 10 10 7 7 7 7 7 5 8 5 5 9 9 11 12 10 11 14 12 11 10 9 10 11 12 13 15 12 11
Sabadell 16 14 19 20 19 18 18 18 18 18 18 18 18 17 16 16 16 15 16 12 12 13 15 15 16 17 16 16 16 16 16 15 17 15 18 16 14 12
Bilbao Athletic 9 8 10 5 7 3 6 5 6 9 11 12 12 12 13 10 8 6 9 10 10 11 12 10 13 9 11 11 13 12 11 11 13 10 12 13 16 13
Celta 10 4 8 8 3 8 8 8 11 8 9 9 8 9 9 14 13 13 11 11 11 10 9 9 11 13 12 13 12 14 12 13 12 13 11 11 13 14
Las Palmas 11 10 11 6 9 7 12 11 12 7 8 8 10 8 8 8 11 12 14 17 18 17 17 18 18 19 18 17 17 17 18 17 18 17 14 12 11 15
Palamós 19 6 18 12 15 12 17 16 13 13 15 11 11 11 11 15 15 14 15 14 15 18 18 17 15 16 17 18 18 18 17 18 15 18 17 17 17 16
Elche 20 11 7 3 8 10 15 9 9 14 12 15 16 16 17 17 19 18 17 16 17 15 13 11 14 15 13 14 14 13 15 14 16 14 16 14 15 17
Salamanca 18 18 14 14 17 14 9 13 14 16 16 16 15 14 12 11 7 11 12 15 16 14 16 16 17 14 15 15 15 15 14 16 14 16 15 18 18 18
Levante 17 15 20 18 20 20 20 20 20 19 19 19 19 19 18 20 20 20 20 20 20 20 20 20 20 20 20 20 20 20 20 20 20 20 20 19 19 19
Xerez 15 16 12 17 16 13 14 17 17 17 17 17 17 18 20 19 18 19 19 19 19 19 19 19 19 18 19 19 19 19 19 19 19 19 19 20 20 20

Eliminatoria de promoción[editar | editar a fonte]

Partidos de ida:
Murcia 0–0 Zaragoza
Málaga 1–0 Cádiz
Partidos de volta:
Zaragoza 5–2 Murcia Total: 5–2
Cádiz 1–0 Málaga Total: 1–1 // Penaltis: 5–4

Trofeo Pichichi[editar | editar a fonte]

Trofeo que otorga o Diario Marca ao máximo goleador da Segunda División.

Posto Xogador Club Goles
1 Flag of Argentina.svg Juan Ramón Comas Murcia
23
2 España Jesús García Pitarch Orihuela Deportiva
22
3 España Andrés González Xerez
17
Flag of Uruguay.svg James Cantero Lleida
17
5 España Pedro Corbalán Albacete
16
6 España Pedro Uralde Deportivo da Coruña
15
Flag of Uruguay.svg José Luis Zalazar Albacete
15
8 España Aureli Altimira Figueres
13
9 Flag of Argentina.svg Daniel Aquino Murcia
12
10 España Bartolomé Márquez Figueres
11
11 Flag of Uruguay.svg Daniel Vidal Las Palmas
11

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Historia y estadística del fúbol español. Del Mundial'82 a la final española de París (1982-2000). ISBN 978-84-607-5767-6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]