Club Atlético Osasuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Osasuna
Nome Club Atlético Osasuna
Alcume(s) Rojillos;
Gorritxoak
Fundación 1920
Estadio El Sadar, Pamplona
Inauguración 2 de setembro de 1967
Capacidade 19.800
Presidente España Francisco José Izco
Adestrador España Javi Gracia
Liga Segunda División
2013–14 18º (Primeira División)
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Club Atlético Osasuna, coñecido como Osasuna, é un club deportivo de España con sede en Pamplona (Navarra). Ten seccións de natación e pelota vasca, pero a máis coñecida é a de fútbol, onde actualmente xoga na Segunda división española. O seu nome en éuscaro significa saúde, vigor.

É o club de fútbol máis importante de Navarra por palmarés e historia, cun total de 30 tempadas en Primeira División, 33 en Segunda e 12 en Terceira[1]. Historicamente, é o decimoséptimo mellor equipo de España[1][2]. Foi subcampión da Copa do Rei nunha ocasión, e participou nunha fase previa da Liga de Campións e en catro edicións da Copa da UEFA. Actualmente compite na Segunda División.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul mariño, medias azuis con volta vermella.
  • Segunda equipación: Camiseta branca cunha franxa negra e vermella, pantalón branco e medias brancas con volta negra.

Estadio[editar | editar a fonte]

Estadio El Sadar
Artigo principal: Estadio El Sadar.

O Osasuna xoga os seus partidos como local no Estadio El Sadar, coñecido como Reyno de Navarra entre 2005 e 2011 por motivos publicitarios, que ten unha capacidade de 19.800 espectadores sentados. Foi inaugurado o 2 de setembro de 1967 e as súas dimensións son 105 m de longo e 67,5 m de ancho.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Actualizado a 11 de xaneiro de 2013.

Posto País Xogador
1 POR España Asier Riesgo
2 DEF España Marc Bertrán
3 DEF España Rubén
4 DEF España Miguel Flaño Capitán
5 DEF España Lolo
6 MED España Miguel de las Cuevas
7 DIA España Kike Sola
8 MED Irán Masoud Shojaei
9 DIA Flag of Argentina.svg Emiliano Armenteros
10 MED España Patxi Puñal Capitán
11 MED Flag of Ghana.svg Anthony Annan
12 DIA España Joseba Llorente
13 POR España Andrés Fernández
14 DEF España Alejandro Arribas
Posto País Xogador
15 DEF España Oier Sanjurjo
16 MED España Álvaro Cejudo
17 DIA España Nino
18 DIA España Manuel Onwu
19 MED España Nano
20 MED Flag of Chile.svg Francisco Silva
21 MED España Roberto Torres
22 MED España David Timor
23 MED Francia Raoul Loé
24 DEF España Damiá
25 POR España Ricardo López
MED España Sisi
DEF España Jon Echaide
  • Capitán = Capitán.
  • Os xogadores con dorsais a partir do 25 poden alternar o primeiro equipo co filial.
  • Os equipos españois están limitados a ter no plantel un máximo de tres xogadores sen pasaporte da Unión Europea. A lista inclúe só a principal nacionalidade de cada xogador; algúns dos xogadores non europeos teñen dobre nacionalidade dalgún país da UE.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Outros torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amistosos[editar | editar a fonte]

Osasuna B[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Club Atlético Osasuna B.

O Club Atlético Osasuna B é o equipo filial do club. Foi fundado en 1962 e xoga na Segunda división B española (Grupo III). Tamén se lle coñece como "Osasuna Promesas".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Guía Marca da Liga 09 Datos do CA Osasuna. Diario Marca.
  2. Spanish Premier Division All-Time Table 1928-2008 (77 Leagues)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]