Real Orden del Mérito Deportivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Badge of the Royal Order of Sports Merit (Spain).svg

O Real Orden del Mérito Deportivo (en galego: Real Orde do Mérito Deportivo) é un dos máximos galardóns que se pode outorgar dentro do deporte español.

Características[editar | editar a fonte]

Poden ser recoñecidos os españois que se distinguiron notoriamente na práctica do deporte, no fomento e ensinos da educación física, ou que presten eminentes servizos na investigación, difusión, organización e desenvolvemento da cultura física e do deporte. Tamén os estranxeiros que presten servizos extraordinarios e desinteresados en favor da cultura física ou o deporte españois ou as corporacións, federacións, clubs ou agrupacións deportivas, e aqueloutros organismos ou entidades públicas ou privadas acredoras a tal distinción por algún dos motivos expresados nos apartados precedentes.

O ingreso poderase realizar a proposta do Ministro de Cultura ou do presidente do Consello Superior de Deportes, en virtude de moción razoada das federacións españolas, clubs ou agrupacións deportivas ou de corporacións, entidades ou organismos públicos. Consta das seguintes categorías, cando se concede a título individual: Gran Cruz, medalla de ouro, medalla de prata e medalla bronce. Cando a distinción concédese a persoas xurídicas, organismos ou entidades, adoptará a denominación seguinte: placa de ouro, placa de prata e placa de bronce.

Real Orden del Mérito Deportivo Sash.gif

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]