Estadio Municipal de Pasarón
Coordenadas: 42°26′16″N 8°38′27″W / 42.43778°N 8.64083°W
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Pontevedra |
| Inauguración | 1965 (estadio actual en 2010) |
| Superficie | herba |
| Capacidade | 12.000 |
| Dimensións | 105 x 66 m. |
| Propietario | Concello de Pontevedra |
| Localía | Pontevedra CF |
| Eventos | |
| Trofeo Luis Otero | |
O Estadio Municipal de Pasarón é o campo de fútbol principal da cidade de Pontevedra, servindo de feudo local ó Pontevedra CF. Ten unha medida de 105 x 66 metros, e unha capacidade de 12.000 persoas (todas sentadas).
Historia [editar]
Nos terreos de Pasarón xogáronse partidos desde a década de 1920, cando xogaba alá a Sociedad Deportiva Atletic Club de Pontevedra. En 1931 era feudo do Eiriña CF, e foi sede do Pontevedra CF desde a súa fundación en 1941.
Tralo ascenso do equipo granate a segunda división en 1960, o concello, presidido polo alcalde José Filgueira Valverde, mercoulle os terreos á familia de Valentín Paz Andrade. O campo foi deseñado polos arquitectos municipais, Emilio Quiroga Losada e Alfonso Barreiro Buján. Foi inaugurado en 1965.
O 7 de xaneiro de 1973, nun partido entre o Pontevedra e o Sevilla FC, faleceu o xogador hispalense Pedro Berruezo, ao sufrir un paro cardíaco.
Malia as reformas do ano 1982 co gallo da Copa do Mundo, o estadio estaba demasiado vello despois de 50 anos, polo que tralo ascenso do Pontevedra CF á segunda división en 2004, acometeuse unha reforma integral, derruíndo e construíndo o novo estadio por sectores (fondo norte, fondo sur, tribuna e preferencia).
Tralas reformas acometidas entre 2004 e 2010, reduciuse a capacidade de 16.500 persoas a 12.500, dado que antes os fondos estaban deseñados para estar de pé. A reforma do estadio, financiada polo concello, a deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, viu como o orzamento inicial ascendía mesmo até o dobre, e como o tempo previsto de execución se atrasaba.
O 28 de decembro de 2008 acolleu un encontro da selección galega de fútbol feminino contra a selección das Illes Balears.
Outros usos [editar]
Dispón de servizo de gardería, salas VIP e modernas salas de prensa. Foi sede do Corpo Municipal de Bombeiros entre 1968 e 1987, e do Club Ciclista de Pontevedra nos anos 80. Entre maio de 1987 e xullo de 1998 acolleu parte do arquivo municipal mentres se acondicionaba outro baixo. En 1994 pasou a acoller a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
Ao longo da súa historia acolleu diversos concertos e actuación, como por exemplo o do cantante Julio Iglesias en 1995.
Está situado na rúa de Luis Otero s/n. 36005. Pontevedra.
Véxase tamén [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||