Joaquín Villa García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín Villa
Información persoal
Nome Joaquín Villa García
Nacemento 4 de xuño de 1961 (62 anos)
Lugar de nacemento Mieres
Altura 1,73 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1983–1990 Sporting de Gijón 133 (27)
1985–1986Sabadell (cedido) 32 (7)
1990–1993 Deportivo da Coruña 63 (9)
1993–1994 Castellón 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Joaquín Villa García, nado en Mieres o 4 de xuño de 1961, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou na tempada 1983–84 en Primeira División co Sporting de Gijón, no partido correspondente á sétima xornada, o 16 de outubro de 1983, que enfrontou ao Sporting co Atlético de Madrid e que rematou con vitoria local (2–0). No club xixonés permaneceu a maior parte da súa carreira futbolística, xogando até a tempada 1989–90, todas en Primeira División.

Na tempada 1985–86 foi cedido ao CE Sabadell, de Segunda División, co que logrou o ascenso á Primeira.

Na tempada 1990–91 foi contratado polo Deportivo da Coruña, debutando o 2 de setembro de 1990 no primeiro partido da campaña, que se saldou con vitoria branquiazul sobre o Elche CF, en Riazor (2–0). Esa mesma campaña ascendeu co club galego á Primeira División, permanecendo no club coruñés até a tempada 1992–93.

Na tempada 1993–94 fichou polo CD Castellón, club de Segunda División no que non chegou a xogar ningún partido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]