Juan Acuña
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Juan Acuña Naya | ||
| Nacemento | 4 de febreiro de 1923 | ||
| Lugar | A Coruña, Galicia | ||
| Falecemento | 30 de agosto de 2001 (78 anos) | ||
| Lugar | A Coruña, Galicia | ||
| Posición | Porteiro | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| Sporting Coruñés | |||
| Eureka | |||
| 1938–1955 | Deportivo da Coruña | 231 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 1941 | España | 1 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles) | |||
Juan Acuña Naya, tamén coñecido como Xanetas, nado na Coruña o 14 de febreiro de 1923 e finado na mesma cidade o 30 de agosto de 2001, foi futbolista galego. Xogaba de porteiro e permaneceu toda a súa carreira deportiva no Deportivo da Coruña. Foi internacional coa selección española.
Índice |
Traxectoria [editar]
O seu primeiro equipo foi o Sporting Coruñés, pasando logo ao Eureka. O primeiro partido co Deportivo xogarao en Ferrol en 1938. Ao ano seguinte firma contrato co equipo coruñés con 300 pesetas de soldo.
Aos 16 anos xa se gañou a titularidade na portería deportivista e ao pouco tempo xa se converteu para os mellores dianteiros da liga de fútbol no porteiro máis difícil de bater.
Unha das súas características máis destacadas, as saídas, comeza a causarlle desgustos desde os seus primeiros anos como deportivista. En 1940 sofre unha luxación de ombreiro. Aínda así convértese nunha peza crave no ascenso do Deportivo da Coruña a Primeira en 1941 nun partido contra o Real Murcia. Ese mesmo ano, en decembro, é internacional contra Suíza en Valencia, ao substituír a metade do segundo tempo ao porteiro titular.
A partir de 1945, Acuña comezou a ter problemas de peso. Na tempada 1949–50 foi un dos destacados no Deportivo que conseguiu o subcampionato de Liga. Esa mesma tempada en Valladolid, ao arroxarse aos pés dun dianteiro, produciulle unha fortuita fractura de perna, o que deu lugar a unha forte campaña contra Acuña, que permaneceu sancionado sen xogar varias xornadas.
Foi preseleccionado para o Mundial de Río de Janeiro como suplente de Eizaguirre, pero o seleccionador decidiuse finalmente por Antoni Ramallets para este posto.
Acuña converteuse no mellor porteiro da súa época e deulle ao Deportivo catro trofeos Zamora. Acuña foi o porteiro menos batido entre as tempadas 1941–1943 e as 1949–1951, e o terceiro arqueiro con máis trofeos Zamora ás súas costas logo de Ramallets e Víctor Valdés.
No verán de 1961 ofrecéuselle na Coruña un partido de homenaxe entre dous equipos de vellas glorias vascas e galegas seguido dun encontro entre o Dépor e o CD Ourense. En 1990 o Dépor creou o trofeo que leva o seu nome, e que se disputaba cada ano na pretemporada en Riazor.
Acuña pasou os seus case vinte anos de vida deportiva de forma íntegra no club coruñés.
Selección nacional [editar]
Acuña xogou un único partido coa selección española, o 28 de decembro de 1941, nun amigable contra Suíza. Entrou no minuto 74 en substitución de Alberto Martorell, nun partido que acabou con victoria (3–2). Foi chamado para o Mundial de Brasil en 1950, pero non xogou ningún encontro.
Palmarés [editar]
Individual [editar]
- Trofeo Zamora (4): 1941–42, 1942–43, 1949–50, 1950–51
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||