Joaquín Caparrós
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Joaquín Jesús Caparrós Camino | ||
| Nacemento | 13 de outubro de 1955 (57 anos) | ||
| Lugar | Utrera, España | ||
| Altura | 1,76 m. | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| Plus Ultra | |||
| Leganés | |||
| Conquense | |||
| Tarancón | |||
| Adestrador | |||
| 1981–1984 | San José Obrero | ||
| 1984 1986 | Campillo | ||
| 1986–1989 | Montilla | ||
| 1989–1990 | Castela-A Mancha | ||
| 1990–1992 | Gimnástico de Alcázar | ||
| 1992–1993 | Conquense | ||
| 1994–1995 | Manzanares | ||
| 1995–1996 | Moralo | ||
| 1996–1999 | Recreativo | ||
| 1998–2000 | Andalucía | ||
| 1999–2000 | Villarreal | ||
| 2000–2005 | Sevilla | ||
| 2005–2007 | Deportivo da Coruña | ||
| 2007–2011 | Athletic Club | ||
| 2011 | Neuchâtel Xamax | ||
| 2011–2013 | Mallorca | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles) | |||
Joaquín Jesús Caparrós Camino, nado o 13 de outubro de 1955 en Utrera (Sevilla), é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español.
Índice |
Traxectoria [editar]
Como adestrador [editar]
Tras colgar as botas aos 26 anos, Caparrós decidiuse por iniciar a súa carreira como adestrador, dirixindo a equipos como o San José Obrero CF (1981 a 1984), Campillo CF (1984 a 1986), Montilla CF (1986 a 1989), a selección de Castela-A Mancha (1989 a 1990), CF Gimnástico de Alcázar (1990 a 1992), UB Conquense (1992 a 1993), Manzanares CF (1994 a 1995) ou Moralo CP (1995 a 1996).
O gran paso adiante como adestrador logrouno en 1996, cando foi contratado polo Recreativo de Huelva, equipo no que recalou tres anos e logrou ascender a Segunda División. En 1999 foi contratado polo Villarreal CF, pero só estivo sete xornadas no cadro amarelo xa que os seus plantexamentos non chegaron a convencer, sendo substituído por Paquito García Gómez.[1] Ademais das súas actividades no día a día como adestrador de club, entre 1998 e 2000 fíxose cargo da selección andaluza.
En 2000 chegou ao Sevilla FC e foi neste club no que obtivo os seus maiores éxitos como adestrador, clasificándoo en dúas ocasións para a Copa da UEFA. Soubo dirixir ben nunha situación económica caracterizada por uns recursos financeiros escasos, baseando o seu plantexamento no traballo das categorías inferiores do club. Cando Caparrós chegou o Sevilla estaba en Segunda División e cando o abandonou en 2005 estaba na elite do fútbol español.
En 2005 rexeitou a renovación co Sevilla e quixo comezar un novo proxecto,[2] sendo así contratado polo Deportivo da Coruña coa intención de darlle potencialidade á canteira. Na súa primeira tempada na Coruña o equipo rematou 8º e na segunda, a 2006–07, o Dépor foi 13º. Ante este panorama Caparrós decide deixar o equipo ao rematar a tempada e cederlle o testigo ao seu sucesor, Miguel Ángel Lotina. Durante a súa etapa deportivista lográronse os obxectivos; non descender, aínda que o bo xogo brillou pola súa ausencia.[3] Ese mesmo verán de 2007 foi contratado polo Athletic Club.[4]
Durante a súa primeira tempada en Bilbao, o Athletic rematou 11º na Liga tras dúas tempadas rozando o descenso e no seu segundo ano o equipo clasificouse para a final da Copa do Rei, torneo que perdeu fronte ao FC Barcelona (1–4).
En outubro de 2011 foi contratado polo RCD Mallorca, tras a dimisión de Michael Laudrup.[5]
En febreiro de 2013 foi cesado como adestrador do RCD Mallorca, sendo substituído por Gregorio Manzano.
Notas [editar]
- ↑ [http://www.elperiodicomediterraneo.com/noticias/noticia.asp?pkid=74547 Caparrós: "No me arrepiento de haber estado en el Villarreal"
- ↑ "Caparrós deja el Sevilla"
- ↑ "Joaquín Caparrós deja paso al próximo técnico del Deportivo"
- ↑ "Caparrós es presentado como nuevo entrenador del Athletic"
- ↑ "Serra Ferrer anuncia un acuerdo con Caparrós"