Real Vigo Sporting Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Real Vigo Sporting Club foi un equipo galego de fútbol da cidade de Vigo. Fundado en 1905, en 1923 fusionouse co Fortuna, dando lugar ó Celta de Vigo. Gañou seis veces o campionato galego (1908, 1909, 1914, 1919, 1920 e 1923).

O último derbi entre os dous clubs vigueses antes da fusión foi o 11 de marzo de 1923, gañando o Vigo Sporting o campionato de Galicia cun gol de Ramón. O equipo titular formárono Isidro na portería, Otero e Pérez de defensas, Queralt, Hermida, Cosme no centro, e Gerardo, Ramón, Chiarroni, Tito e Pinilla de dianteiros.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas