Real Club Deportivo Mallorca
| Nome | Real Club Deportivo Mallorca, S.A.D. | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | Barralets Bermellóns Roxinegros Mallorquinistas |
||
| Fundación | 1916 | ||
| Estadio | Iberostar Estadi, Palma de Mallorca, España |
||
| Inauguración | 1999 | ||
| Capacidade | 23.142 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | Primeira División | ||
| 2011–12 | 8º | ||
| Vestimenta | Macron | ||
| Páxina web | Páxina web oficial | ||
|
|
|||
O Real Club Deportivo Mallorca S.A.D. é un club de fútbol de España, instalado na cidade de Palma de Mallorca nas Illas Baleares. Foi fundado en 1916 e xoga na Primeira división española.
Índice |
Historia [editar]
Primeiros anos [editar]
O Mallorca fundouse no ano 1916 co nome de Alfonso XIII FBC. O primeiro estadio, o campo de Bos Aires, inaugurouse cun atopo fronte ao FC Barcelona resultando nunha vitoria para os visitantes de 0-8. O Alfonso XIII disputou o seu primeiro partido ante o Iluro de Mataró e o resultado foi 1-1. O 28 de xuño dese mesmo ano o Rei Afonso XIII honrou ao equipo co título de Real Sociedade polo que o equipo pasou a denominarse Real Sociedade Alfonso XIII.
En 1917, a Federación catalá admitiu á Real Sociedade Alfonso XIII para que tomase parte no campionato de Segunda Liga en calidade de campión oficioso de Baleares. O equipo mallorquín chegou á final xogada en Barcelona contra o Palafrugell ao que venceu por 3-1 logrando así o seu primeiro título.
En 1931 cámbiase o nome por RCD Mallorca. O 22 de setembro de 1945, inaugúrase É Fortí, novo estadio do RCD Mallorca. Esta mesma tempada a directiva decide cambiar o nome ao estadio impoñéndolle o de Lluís Sitjar, a persoa que tres anos antes impulsara a construción do campo.
En 1960, o RCD Mallorca consegue o seu primeiro ascenso á División de Honor, con Juan Carlos Lorenzo de adestrador e Jaime Rosselló de presidente.
Década de 1990 [editar]
En 1991 disputaron por primeira vez, a final da Copa do Rei ante o Atlético de Madrid con quen caeron na prórroga, por 1-0. Tralo seu paso pola 2ª División, na Tempada 96/97 conseguiu o seu sétimo ascenso a 1ª División, estando como Presidente Bartolomé Beltrán.
Na Tempada 97/98, conseguen realizar a mellor tempada da súa historia, se ficha a Héctor Cúper como adestrador. Ao cabo dun ano o equipo consegue o Subcampionato da Copa do Rei logo de ser derrotado fronte ao FC Barcelona na tanda de penaltis logo de concluír o partido e a prórroga con 1-1. Ademais de conseguir terminar a Liga en 5º lugar, en posición UEFA.
O 22 de agosto de 1999, conseguiron o primeiro título oficial da súa historia (A Supercopa de España) ao impoñerse ao Barça 0-1 no Camp Nou e 2-1 en Palma un día anterior, onde estrearon o novo estadio Son Moix, isto deulle opción a xogar a Recopa de Europa, torneo ao que chegou á final na seguinte Tempada e que caeu fronte ao Lazio por 2-1, conseguindo así o Subcampeonato na súa última edición desta Copa. Na Liga, quedou clasificado en 3ª posición -o mellor lugar da historia-, por detrás do FC Barcelona e o Real Madrid, obtendo así unha praza que lle habilitó para disputar a fase preliminar da Liga de Campións e, posteriormente, a Copa da UEFA.
O día 5 de xaneiro do 2000 a Federación de Historia e Estatísticas do Fútbol designa ao R.C.D. Mallorca o oitavo mellor equipo do mundo no ano 1999. O RCD Mallorca, adestrado por Luís Aragonés, consegue o terceiro posto na Liga, con récord de puntuación na historia do Club, 71 puntos. Desta forma, clasifícase por segunda vez para tomar parte na Champions League. Igualmente, consegue récord de goles (61) e de vitorias (20) e encaixa o menor número de derrotas en Primeira (7).
Novo milenio [editar]
Durante a primeira tempada do novo milenio, entre os anos 2000 e 2001, o equipo consegue a terceira posición dentro da primeira división polo que consegue clasificarse para a tempada 2001/02 da Champions League.
Durante a tempada 2002/2003, o Real Mallorca gaña a Copa do Rei disputada en Elx ante o Recreativo de Huelva por un total de 3-0, cun gol de Walter Pandiani e dous de Samuel Eto'o.
Uniforme [editar]
- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón negro, medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco, medias brancas.
Estadio [editar]
- Artigo principal: Iberostar Estadi.
Actualmente o equipo teñen a súa sede no Iberostar Estadi (antigamente chamado Ono Estadi e Son Moix), que desde 1999 substitúe ao estadio Lluís Sitjar (1945).
O Iberostar Estadi ten capacidade para 23.142 e ten unhas dimensións de 107x69 metros, é propiedade do concello local e debe o seu nome ao acordo de patrocinio entre Iberostar e o Real Club Deportivo Mallorca polo que se converteu no primeiro estadio de España que leva o nome dunha empresa.
Datos do club [editar]
- Tempadas en 1ª: 26
- Tempadas en 2ª: 31
- Tempadas en 2ªB: 2
- Tempadas en 3ª: 12
- Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 19º
- Maior goleada conseguida Mallorca 6-1 Athletic Club de Bilbao (tempada 98-99)
- Mellor posto na liga: Terceiro (tempada 98-99 e tempada 00-01)
- Máximo goleador: Samuel Eto'o con 54 goles.
- Máximo goleador nunha soa tempada: Diego Tristán con 18 goles (tempada 99-00)
- Porteiro menos goleado: Roa con 23 goles encaixados (tempada 98-99, Trofeo Zamora)
- Máis partidos disputados: Miguel Angel Nadal con 249 partidos.
- Xogadores aportados á Selección de España: 10
Xogadores [editar]
Cadro actual [editar]
Actualizado a 15 de outubro de 2012.
|
|
Palmarés [editar]
Torneos nacionais [editar]
- Copa do Rei (1): 2002-03
- Supercopa de España (1): 1998-99
Torneos internacionais [editar]
- Subcampión da Recopa de Europa (1): 1998-99
Torneos amigables [editar]
- Trofeo Ciutat de Palma (7): 1987, 1991, 1992, 1994, 1997, 2007, 2010
- Trofeo Festa d'Elx (2): 1997, 2007
- Trofeo Ramón de Carranza (1): 2003
- Mallorca Summer's Cup (1): 2008
- Trofeo de Palermo (1): 2009
Filial [editar]
- Artigo principal: RCD Mallorca B.
O filial do Mallorca é o Real Club Deportivo Mallorca B, fundado en 1983 e que actualmente milita na Segunda División B Española.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||