Estadio Santiago Bernabéu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago Bernabéu
The Santiago Bernabeu Stadium - U-g-g-B-o-y.jpg
Datos
Localización Avda. Concha Espina, 1, 28036;
Madrid, España
Construción
Inauguración 14 de decembro de 1947
Custo 288.342.653,72 €
Estadio
Superficie céspede
Dimensións 105 x 68 m m
Capacidade 80.354 espectadores
Propietario Real Madrid CF
Localía Real Madrid CF
Eventos

O Estadio Santiago Bernabéu é un recinto deportivo, situado no distrito de Chamartín, ó norte da cidade de Madrid, España. Inaugurouse o 14 de decembro de 1947, sendo propiedade do Real Madrid Club de Fútbol. Ten unha capacidade de 80.354 espectadores[1] e en 2007 o Estadio foi nombrado estadio elite pola UEFA.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O estadio inaugurouse o día 14 de decembro de 1947 nun partido entre o Real Madrid e o CF Os Belenenses de Portugal, baixo o nome de Novo Estadio Chamartín. A capacidade do estadio era de 75.145 espectadores, 27.645 sentados e o resto de pé.

O 19 de xuño de 1954 inaugurouse a súa primeira ampliación, aumentando a súa capacidade ata os 125.000 espectadores, creando o estadio máis grande de Europa.

O 4 de xaneiro de 1955 canviouse o nome polo actual Santiago Bernabéu, en honra ó seu presidente.

Dado que en 1982 acollía a Copa do Mundo de Fútbol, volveuse a remodelar o estadio, mellorando os accesos e a comodidade das localidades, cunha inversión de 704 millóns de pesetas. A capacidade do estadio reduciuse de 125.000 a 90.800 espectadores.

Interior do estadio

A finais da década de 1980, a UEFA aplicou novas normas de seguridade nos estadios, suprimindo as localidades que non tiñan asento, e creando máis accesos. Esto levou a unha nova remodelación cun custo final de máis de 5 millóns de pesetas sen ningunha axuda institucional. As obras finalizaron en 1998, creando unha capacidade final de 75.328 espectadores.

Coa chegada do presidente Florentino Pérez, mellorouse o confort e a calidade do estadio, invertindo 127 millóns de euros durante cinco anos. A capacidade actual é de 80.354 espectadores.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Santiago Bernabéu