Lionel Scaloni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lionel Scaloni
Lionel Scaloni.JPG
Información persoal
Nome completo Lionel Sebastián Scaloni
Nacemento 16 de maio de 1978 (36 anos)
Lugar Rosario, Arxentina
Altura 1,82 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Atalanta
Número 4
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1995–1996 Newell's Old Boys 16 (0)
1996–1998 Estudiantes 37 (7)
1998–2006 Deportivo da Coruña 202 (14)
2006 West Ham (cedido) 13 (0)
2006–2007 Racing de Santander 30 (1)
2007–2013 Lazio 52 (1)
2008–2009 Mallorca (cedido) 28 (0)
2013– Atalanta 12 (0)
Selección nacional
1997 Arxentina sub-20 6 (2)
2003–2006 Arxentina 7 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 15 de decembro de 2013.
† Aparicións (Goles)

Lionel Sebastián Scaloni, nado en Rosario o 16 de maio de 1978, é un futbolista arxentino. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Atalanta. Foi internacional coa selección arxentina, coa que participou no Mundial 2006.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado na cidade de Rosario (Santa Fe) debutou Primeira División Arxentina en 1995, xogando para o club Newell's Old Boys. En 1996 foi contratado por Estudiantes de La Plata, club no que permaneceu ata 1997, cando pasa á disciplina do Deportivo da Coruña. Debutou na Liga española o 4 de xaneiro de 1998, nun partido entre o Deportivo da Coruña e o Sporting de Gijón en Riazor (2–1).[1] Co Deportivo conseguiu un campionato de Liga, unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España.

En 2006, ao non ter continuidade no Deportivo, marchou cedido ao West Ham United inglés, club o que xogou o resto da tempada de titular. Ao regresar á Coruña, o club non lle fixo ficha e lle rescindiu o contrato unha vez acabado o mercado de contratacións. Así, o 13 de setembro de 2006 incorporouse ao Racing de Santander por unha tempada. O 30 de xuño de 2007 foi contratado por cinco tempadas polo Lazio. Ante a falta de oportunidades no club italiano, o 25 de xaneiro de 2008 foi cedido ao Real Mallorca por tempada e media.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

En 7 ocasións vestiu a casaca da selección arxentina, debutou o 30 de abril de 2003 nun Arxentina vs. Libia. Integrou o plantel que disputou a Copa do Mundo en Alemaña xogando 1 partido.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Deportivo

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]