Estadio Municipal de Riazor
Coordenadas: 43°22′7″N 8°25′3″W / 43.36861°N 8.4175°W
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Avda. de Manuel Murguía, s/n 15011 A Coruña, Galicia |
| Arquitecto | Santiago Rey Pedreira |
| Inauguración | 28 de outubro de 1944 |
| Renovación | 1982, 1995–1998 |
| Superficie | Herba |
| Capacidade | 34.600 |
| Dimensións | 105 x 68 m. |
| Propietario | Concello da Coruña |
| Localía | Deportivo da Coruña |
| Eventos | |
O Estadio Municipal de Riazor é un estadio de fútbol, situado na cidade da Coruña. Serve de sede habitual ao Real Club Deportivo da Coruña.
Cunha capacidade para 34.600 espectadores sentados[1] e un terreo de xogo cunhas medidas de 105x68 metros tras ser remodelado en 1982 e de 1995 a 1998, é o estadio máis grande de Galicia. A dirección do estadio é Avda. de Manuel Murguía, s/n 15.011 - A Coruña.
Índice |
Historia [editar]
Pese a que nas proximidades do actual Estadio de Riazor xogaba habitualmente o Deportivo desde 1909, ata 1944 o equipo herculino non contou cun estadio en condicións, con gradas, vestiarios e demais instalacións. A inauguración do novo terreo de xogo produciuse o 28 de outubro de dito ano, nun Deportivo-Valencia no que caerían derrotados os coruñeses por 2-3.
O enorme tamaño do novo estadio, con capacidade para máis de 60.000 espectadores de pé, permitiu a celebración nas súas instalacións de partidos internacionais, sendo o primeiro deles un España-Portugal celebrado o 6 de maio de 1945, e no que venceu a selección española por 4-2. Do mesmo xeito permitía a celebración de finais de torneos oficiais, sendo a primeira a final da Copa do Rei da temporada 1946-47, que enfrontou ao Real Madrid e ao Espanyol, e que gañaron os merengues por 2-0.
Non obstante, a gran capacidade do campo e as pistas de atletismo que o rodeaban facían de Riazor un campo frío, que nunca se enchía. Con motivo da disputa en España do Mundial de fútbol de 1982 estes problemas paliáronse en parte, debido ás remodelacións necesarias para que o campo puidese aloxar partidos de tan alta competición. Así, a capacidade do estadio viuse reducida a 29.000 localidades, aforo co que albergaría tres partidos do Mundial, todos de primeira rolda.
Na temporada 1995-96, coincidindo cos inicios do periplo europeo do Deportivo, Riazor sofre unha nova remodelación coa finalidade de pechar o recinto polos seus catro costados, pois ata entón tiña forma de ferradura. Tras dita obra, o estadio perdería as pistas de atletismo, e alcanzaría as súas actuais 34.600 localidades.
Co renacer da Selección galega de fútbol a comezos do século XXI, o estadio de Riazor converteuse tamén en escenario dalgún dos enfrontamentos da Irmandiña, acollendo os partidos de 2006 e 2008 contra Ecuador e Irán respectivamente.
Eventos deportivos [editar]
Final da Copa do Rei de 1947 [editar]
En 1947 xogouse a única final da Copa do Rei disputada ata o momento en Riazor. Os finalistas foron o Real Madrid e o Espanyol, sendo o resultado favorable ao conxunto branco (2-0), que gañou na prórroga.
| Real Madrid | 2–0 | Espanyol | 22 de xuño de 1947, 18:00 (CET) – Estadio de Riazor, A Coruña Asistencia: 30.000 espectadores Árbitro: Francisco Echave |
| Vidal 107' Pruden 119' |
Informe | ||
Mundial de Fútbol de 1982 [editar]
Con motivo do Mundial de Fútbol de 1982 organizado en España, Riazor acolleu tres partidos de primeira rolda, especificamente do Grupo A do mundial, a saber: Polonia-Perú, Polonia-Camerún e Perú-Camerún.
| Perú | 0–0 | Camerún | 15 de xuño de 1982, 17:15 (CEST) - Estadio de Riazor, A Coruña Asistencia: 11.000 espectadores Árbitro: Franz Wöhrer (Austria) |
||
| Informe | |||||
| Polonia | 0–0 | Camerún | 19 de xuño de 1982, 19:15 (CEST) - Estadio de Riazor, A Coruña Asistencia: 19.000 espectadores Árbitro: Alexis Ponnet (Bélxica) |
||
| Informe | |||||
| Polonia | 5–1 | Perú | 22 de xuño de 1982, 17:15 (CEST) - Estadio de Riazor, A Coruña Asistencia: 25.000 espectadores Árbitro: Mario Rubio Vázquez (México) |
||
| Smolarek Lato Boniek Buncol Ciolek |
Informe | La Rosa |
|||
Partidos da selección galega [editar]
| Galicia | 1–1 | Ecuador | 28 de decembro de 2006 - Estadio de Riazor, A Coruña Asistencia: 20.000 espectadores Árbitro: Bernardino González Vázquez |
||
| Pereira |
Informe | Calle |
|||
| Galicia | 3–2 | Irán | 27 de decembro de 2008, 20:45 (CET) - Estadio de Riazor, A Coruña Asistencia: 12.000 espectadores Árbitro: Ignacio Iglesias Villanueva |
||
| Novo Losada |
Informe | Borhani Khalatbari |
|||
Afluencia [editar]
O Deportivo tivo dúas épocas na súa historia recente de gran afluencia ao estadio de Riazor. A primeira delas, entre os anos 1992–93 e 1996–97, onde a media de entrada situábase en 25.000 espectadores,[2] para un estadio con capacidade para 29.000. Na segunda etapa, xa cunha capacidade para 35.000 espectadores, o número de socios e de afluencia situábase en torno os 30.000 espectadores,[3] entre as tempadas 2000–01 e 2003–04. Na actualidade, o número de socios e a asistencia supera lixeiramente a media entrada.[4] Na tempada 2009–10, a asistencia media foi de 21.240 espectadores.[5]
Proxecto do novo estadio [editar]
En 2003 o presidente Augusto César Lendoiro presentou unha maqueta dun novo estadio de Riazor[6] deseñado polo prestixioso arquitecto norteamericano Peter Eisenman. O presidente declarou que sería o estadio máis bonito do mundo, de cinco estrelas e que tería unha capacidade de 36.000 espectadores. O proxecto prevía a súa construción enriba do actual estadio, porén as non demasiado boas relacións entre o club e o Concello, así como o alto custo económico fixeron que o proxecto fose deixado de lado.
Anos máis tarde, en 2008, a raíz da candidatura conxunta das federacións española e portuguesa de fútbol para se converteren en sede oficial do mundial de fútbol de 2018, as reivindicacións para a construción dun novo estadio na Coruña víronse avivadas. O Deportivo e o Concello presentaron toda a documentación necesaria para postularen á Coruña como unha das sedes do campionato (de feito foi a primeira cidade en facelo) e amosaron o apoio non só do propio Concello senón tamén doutras institucións como a Deputación provincial e a Xunta de Galicia. Esta candidatura levaba consigo o problema de que Riazor non cumpre os requisitos (p.ex: ter unha capacidade superior aos 40.000 espectadores), o que compromete ás institucións a realizaren ben unha remodelación do estadio actual, ou ben a construír un novo estadio[7][8] tal e como levaba reivindicando Lendoiro nos últimos anos.
O 18 de marzo de 2010, desde o Concello da Coruña presentábase o proxecto de reforma, no suposto de que a cidade fose elixida como sede para o Mundial de fútbol de 2018 ou 2022. O novo estadio tería unha capacidade de 45.000 espectadores e remodelaríase a zona próxima, incluíndo o soterramento das rúas próximas, para crear así unha nova área de lecer na cidade. O custo do proxecto estímase en 170 millóns de euros e o prazo de execución sería dun ano.[9]
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes do Estadio Municipal de Riazor.
Notas [editar]
- ↑ [1] Datos do estadio en canaldeportivo.com
- ↑ O deportivismo, unha afición cos pés no chán
- ↑ A polos 32.000 socios
- ↑ O Dépor supera os 19.000 abonados e as 1.500 novas altas de socios
- ↑ Spanish Primera División - Attendance - 2009/2010
- ↑ http://www.canaldeportivo.com/imagenes/look:18530,zoom:400x260,crop:400x259
- ↑ http://www.xornal.com/artigo/2009/09/10/deportes/xoan-cajigal-non-descarta-facer-novo-riazor/2009091022171412403.html
- ↑ http://www.xornal.com/artigo/2009/09/14/deportes/riazor-bajar-terreno-juego-llegar-000-espectadores/2009091423111390776.html
- ↑ "Un novo Riazor para recibir o Mundial"
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||